miércoles, 30 de noviembre de 2016

James Rhodes "Instrumental"

Este libro non vo-lo recomendamos no seu momento por que tardamos en rematalo, e logo xa se pasou... pero Rhodes está de novo de actualidade.
James Rhodes é un compositor, concertista de piano, e comentarista de música clásica. Está considerado coma un dos renovadores da clásica, e un dos maiores talentos da súa xeración. A comezos do 2015, con só 40 anos, publica un libro de memorias "Instrumental", relatando os abusos sexuais que sufríu na súa infancia e tódo-los problemas que na súa vida derivan deses terribles feitos: trastornos físicos e mentais, adiccións, problemas para relacionarse, internamento en psiquiátricos... e finalmente, cómo a música foi a súa vía de curación.
Nun primeiro momento un xuiz prohibe a distribución, o cal non fixo máis que aumentala expectación pola obra. Finalmente, en novembro o supremo británico fallou ao seu favor e "Instrumental" veu a luz, e directamente convertíuse en superventas en todo o mundo.
Ao final de entrada tedes unha interesante entrevista para 'Página Dos' de TVE, e esta semana, estará con Jorde Évole en Salvados.

JAMES RHODES "Instrumental. Memorias de música, medicina y locura".
(Blackie Books, 2015)


Así o presentan na web de Blackie Books:
James Rhodes es uno de los más eminentes concertistas de piano de la actualidad y un gran renovador de la música clásica. Ha protagonizado documentales para la BBC y Channel 4, escribe en The Guardian y ofrece recitales en todo el mundo. «Instrumental» son sus memorias, que vieron la luz en Reino Unido después de que el Tribunal Supremo levantara el veto que pesaba sobre la obra. Todo un tributo apasionado al poder terapéutico de la música y que aborda cuestiones fascinantes sobre cómo funciona la música clásica y sobre cómo y por qué puede cambiar nuestras vidas.  
«El fenómeo editorial del año.» Mail On Sunday
«Este libro es un milagro.» The Guardian
«Alguien que ha sufrido lo que él ha sufrido, y que ha luchado tanto contra las consecuencias de su sufrimiento, tiene derecho a contárselo al mundo. Por eso permitimos la publicación de este libro.» Veredicto del juez del Supremo, Lord Toulson.


'Unestable Killer' por Emérita Méndez (Isi Vaamonde)

Aqui tedes a fantástica peza coa que participou Emérita Méndez na pasada edición do Artefacto Salnés, que este ano levaba por título Cancioneiro
A obra de Emérita está adicada o tema 'Unestable Killer' de Isi Vaamonde, unha marvilla de tema, e por suposto de cadro. O que máis me gustou de toda a expo.


sábado, 26 de noviembre de 2016

Black Grooves Vol.46

Aquí tedes unha hora e quarto da sesión de onte mesmo da entrega núm#46 da serie Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! Metédelle volume!.

Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
(sesión Rif-Rock 25 nov.2016)



jueves, 24 de noviembre de 2016

Michael Kiwanuka "Love and Hate"

Un dos álbumes de música negra da tempada é o novo traballo do británico Michael Kiwanuka. Catro anos depois do seu exitoso "Home Again" volve con moitos cambios. O seu debut era un álbum fondamente espiritual, no que realmente a expresión relixiosa estaba por encima da musica. Nesta ocasión evoluciona moito a súa mensaxe, por momentos incluso positiva e alegre, con máis peso na temática social, e a parte músical experimenta tamén un cambio sustancial. 
"Love and Hate" son dez temas entre os que atoparedes referencias a moitos xéneros, nesta ocasión moito máis centrado no funk, no soul e no jazz vocal, pero tamén con curiosas evolucións do rock, un traballo moito máis rico que a pastelada do álbum anterior. Comeza dun xeito brillante, coa enorme 'Cold Little Heart' e os seus dez minutos de increscendo, e segue 'Black Man in a White' o single de presentación que xa adiantara a comezos de ano. 'Falling', 'Rule the World' ou 'The Final Frame' son outros dos temas que non vos podedes perder, pero sobre todo 'Love and Hate' e 'One more Night' nos que atoparedes moitas referencias a Curtis Mayfield ou Stevie Wonder.
Esto vai para discazo!!

MICHAEL KIWANUKA "Love and Hate"
(Polydor, 2016)



The Olympians "The Olympians"

Nova banda que nos presentan dende Daptone Records.
The Olympians son unha selección de músicos da escudería, con membros dos Dap-Kings que acompañaban a Sharon Jones, dos Expresions ou dos Menahan Street Band, ademáis de outros músicos fora da compañia coma o trompetista Michael Leonhart, e todos comandados por Toby Pazner. 
The Olympians practican un soft-funk instrumental, con tóda-las seccións de instrumentos que son puro delirio, todas teñen o seu momento de protagonismo, e uns arranxos que pensarás que estás oíndo música doutros tempos. 
Unha delicia de álbum.

THE OLYMPIANS "The Olympians"
(Daptone Records, 2016)



Thee Oh Sees "An Odd Entrances"

Novo traballo dos Thee Oh Sees, terceiro xa este ano. "An Odd Entrances" é unha continuación do anterior "A Weird Exits". Os seus temas foron gravados nas mesmas sesións, pero para esta entrega reservaron as pezas máis calmadas, máis influenciadas polo kraut que polo garage e o pop psychodélico habitual. 
Son seis temas, a metade instrumentais, e o resto prácticamente susurrados, sobre todo en 'You will find it here' coa voz moi apagada sobre os seus bestias desenrolos, a dozura pouco habitual de 'The Poem' ou no sinxelo exercicio de 'At the End on the Stars'. Segue co kraut de 'Jammed Exit', unha continuación do 'Jammed Entrance' do álbum anterior, 'Unwrap the Fiend pt.1' devólvennos á rítmica máis habitual da banda (a parte parte 2 aparecía no anterior tamén), pero moito máis relaxada e limpa, e para rematar a experimentación máis ruidista de 'Nervous Tech'.
A propia banda o presentou coma unha espcie de apéndice de "A Weird Exits", así que así debedemos escoitalo. E mentres, xa con gañas do seguinte.

THEE OH SEES "An Odd Entrances"
(Castle Face Records, 2016)



miércoles, 23 de noviembre de 2016

Guerrera "Guerrera"

A semana pasada lanzouse o novo traballo de Guerrera, outra entrega de stoner, psychodelia e desta vez con moitos máis matices que nunca. 
O seu terceiro álbum leva título homónimo e son 4 temas, un en cada cara do lp dobre: 'Arden Cruces Muertas', as dúas partes de 'Mecánica Certeza' (Verdad invertida e Caravaca), 'Calixe' dividido en tres cortes Area-Sangue-Néboa, e a experimentación de 'Abacuá' para rematar. Un álbum moi ambiocioso e cun resultado excelente, longas progresións, ambientacións densas, e moita tormenta, cunha sección rítmica de escándalo. Para escoitar de tirón e deixarse levar coa súa película.
Podedes escoitalo, mercalo e descargalo no bandcamp de Matapadre.

GUERRERA "Guerrera"
(Matapadre, 2016)




martes, 22 de noviembre de 2016

Oh! Ayatollah 'Mi Re La'

Os composteláns Oh! Ayatollah publicaron o seu primeiro ep en abril deste ano. "Cancións por se non te quere xa" son cinco temas de power pop punkarra, que podedes escoitar e descargar no seu bandcamp.
Agora lanzan o seu primeiro clip, co tema 'Mi Re La', aquí tedes o resultado:


Cassettes do Trash#17

Asi comezaba a sesión Trash!#17 do venres pasado. 
Logo xa foi imposible seguir, outro día continuaremos... Trash!!


lunes, 21 de noviembre de 2016

[Revival 2011]: JAZZ STANDARDS WORKSHOP!

Comezamos a semana cunha de Revival:
En novembro do 2011 comezamos cun pequeno ciclo de jazz: as Jazzerz Series do Rif-Rock. Nesta entrada tedes a presentación do ciclo na prensa. 

Para inaugura-las xornadas contamos co directo dos JAZZ STANDARDS WORKSHOP!, un trío formado polo compostelán Valentín Caamaño á guitarra, Alberto Ríal ao contrabaixo, e o mestre Paco Charlín á batería, naquela ocasión camuflado como Nilrahc Satrop para aporrear ben a gusto os tambores. Pasóuno mellor que ninguén aquela noite, iso seguro...
Os JSW ofrecéronnos dous pases con moitos temas, na lista de reproducción só recollimos nove pezas. Unha maravilla.
Foi o 18 de novembro do 2011. 
Cinco anos xa...


domingo, 20 de noviembre de 2016

ULO-001

De entre os miles e miles de discos que temos, agora xa podemos presumir do exemplar máis especial de todos: a nosa copia do test pressing da primeira referencia de Ulomanía Coop. ULO-001. Unha xoia!


sábado, 19 de noviembre de 2016

Sharon Jones

Sharon Jones
(1956 - 2016)



aprazamos o concerto dos Breakin' Bones

URXENTE!!! 
Por uns pequenos imprevistos de última hora, vémonos na obriga de aprazar o concerto dos BREAKIN' BONES que tiñamos previsto para o próximo 3 de decembro. Todo culpa nosa, gracias á banda pola comprensión. Xa vos avisaremos da nova data para ver a estes fenómenos a comezos do 2017.
Desculpen as molestias...

viernes, 18 de noviembre de 2016

esta noite Trash!


Family Folks "All the Lost Causes"

No mes de abril presentábamosvos o debut dos Family Folks "All the Lost Causes", con Bosco Hill e Rubén Suárez, un traballo recomendadísimo de blues folk lanzado polo selo Gaztelupeko Hotsak. Os vinilos fixéronse esperar pero xa están aquí. 
Dende esta semana xa podedes facervos co voso exemplar en vinilo no Rif-Rock, veña que boan. Seguro que non duran nada...
Podedes escoitalo e mercalo no seu bandcamp.


jueves, 17 de noviembre de 2016

The Men "Devil Music"

E agora un dos pelotazos da tampada.
Os neoiorquinos The Men levan cinco anos cun ritmo de publicacións envexable. Dende aquela sorprendente mestura de post-punk, garage, hardcore e pop que entregaron nos seus primeiros álbumes para Sacred Bone Records ("Leave Home" no 2011, e "Open Your Heart" no 2012), ata as seguintes entregas, nas que pasaron á autoedición ("New Moon" do 2013 e "Tomorrow's Hits" do 2014) e foron eliminando abrasión na súa música, traballando moito as harmonías e dando peso ás melodías de rock clásico e pop indie máis noventero que funcionaban igual de ben que os primeiros traballos. O evolución natural sería que seguisen o camiño aberto cara uns sons máis limpos e comerciais, pero sen embargo, con este quinto traballo pegan media volta e fan todo o contrario.
"Devil Music" son 10 temas de punk psychodélico, con MC5 e os Stooges como principais referentes, coa velocidade propia do xénero e cun son de directo de estudio que soa coma se os estiveses escoitando nun pequeno local. Abrasión, lo-fi, sudor e ruidismo, incluso din que as letras foron improvisadas sobre a marcha. 'Dreamer', 'Crime', 'Ridin On', 'Lion's Den' (o audio aquí)... ata 'Gun' e 'Fire' unha sucesión de brasa e máis brasa, coa única pausa do tema 'Devil Music', un breve instrumental acústico que pon orde en todo esto.
Unha rareza moi necesaria nestes tempos.

THE MEN "Devil Music"
(We are The Men Records, 2016)



Johnny Thunders "I Think I got this covered"

Un par de recomendacións máis para esta semana.
En primeiro lugar temas en directo que saen do baúl dos recordos do mítico Johnny Thunders. Un álbum que recolle versións gravadas en directo durante a xira polo Xapón a comezos de abril do 1991, tan só un par de semanas antes da súa morte.
Ahí están o 'I'm Not your stepping Stone' dos Monkees, 'Hit the Road Jack' de Ray Charles, 'Hang on Sloopy dos McCoys, 'Gloria' dos Them en oito minutazos, o 'Wipeout' dos Surfaris, ademáis de Bo Diddley, Chuck Berry, Marianne Faithfull ou os Rolling Stones. Cun sonido máis que decente, e temas extra na edición cd. E tamen podedes atopalo completo en dvd.
Bastante interesante, sobre todo pola data...

JOHNNY THUNDERS "I Think I Got This Covered"
(Secret Records, 2016)



miércoles, 16 de noviembre de 2016

NARF

Fran Pérez "NARF"


Aquí tedes un video da última actuación de Narf o pasado 23 de outubro xunto con Timbila Muzimba no Teatro Principal de Compostela durante o Womex 2016. 
A realización de Karlos Abal:


Billy Childish "The 1982 Cassettes"

Nunca os teremos todos, pero cada ano teñen q cair un par de pezas de Billy Childish para a colección. Esta semana foi o "The 1982 Cassettes" lanzado en 1988. 
Gracias socios!!



Morrisey "Autobiografía"

Un  libro para esta semana.
Por fin chega en castelán a autobiografía de Morrisey, gracias á editorial Malpaso. A súa edición orixinal foi lanzada en outubro do 2013 no Reino Unido (Penguin Modern Classics) e inmediatamente situouse no número un de ventas no país durante moitas semanas. A importancia da súa figura uníase a súa incontinencia verbal e a súa fama de casarrabias, e sobre todo o polémico de moito do contido, no que non deixa títere con cabeza. Relata a súa difícil infancia en Manchester, a fulgurante carreira con The Smiths, a súa relación con Johnny Marr, incidentes coma o seu secuestro en México, e polo camiño arremetendo contra tódo-los eslabóns da industria musical, dos que di que o se único obxectivo é destruir aos músicos, e por suposto inclúe numerosas anécdotas con outras persoalidades. Todo con minucioso detalle en 467 páxinas. 
Un dos libros que máis agardábamos nestes anos...

Morrisey "Autobiografía"
(Malpaso Eds., 2016)


Así o presentan na web de Malpaso:
Morrissey ha alcanzado la categoría de icono pop de su generación, una consideración que, como él mismo se encarga de constatar, está lejos de ser una bicoca. Las discográficas le han engañado. Sus compañeros le han estafado. Los medios le han difamado. Algunos de sus amigos le han abandonado. Su infancia y su adolescencia dickensianas en una Manchester gris, sucia y miserable no han sido más que el anticipo de todo lo que vendría después.
En esta Autobiografía Morrissey nos desvela sus orígenes, su lucha a lo largo del tiempo y acaba confesándonos que ahora, cuando ha sido elegido como el segundo mayor icono británico por los espectadores de la BBC y sus álbumes alcanzan sistemáticamente los primeros puestos de las listas de todo el mundo, no hay nada más importante que la lucha por los derechos de los animales, la poesía y su intimidad.


martes, 15 de noviembre de 2016

My Bloody Valentine "Loveless"

A semana pasada cumpríanse 25 anos dun dos álbumes máis importantes da década de 1990. O "Loveless" dos irlandeses My Bloody Valentine lanzouse o 4 de novembro de 1991, e dende entón pasou directamente á historia da música.
Por unha banda foi aclamado pola crítica como unha auténtica revolución sonora, converténdose directemente en principal referente do shoegazing, e pola outra pasou directamente ás lendas do rock polo costoso proceso de gravación. Kevin Shileds empregou dous anos para a gravación do álbum, pasando por 19 estudios diferentes, cambiando unha e outra vez de enxeñeiros de son que non satisfacían as súas necesidades. Os continuos retrasos e o alto custo estiverona punto levar á ruína a Creation Records.
O resultado foi excepcional, once temas que soaban a algo totalmente distinto a todo o anterior. Sobre todo esto podedes atopar pola rede numerosas detalles de tódo-los recursos técnicos empregados e escoitalos unha e outra vez en 'Loomer', 'When you Sleep', 'I Only Said', 'Sometime', 'What you Want', 'Soon' e sobre todo o hit 'Only Shallow', e cada vez atoparedes matices diferentes. 
Un imprescindible.

MY BLOODY VALENTINE "Loveless"
(Creation Records, 1991)



lunes, 14 de noviembre de 2016

viernes, 11 de noviembre de 2016

Ulomanía Coop. na rede

Ulomanía Coop. xa están na rede.
Para repasa-las súas actividades e estar ao día dos seus proxectos, xa podedes seguilos na súa páxina de facebook.


Último fin de semana do Outono Festival 2016

Último fin de semana desta edición do Outono Códax Festival!! Sesión o venres para abrir boca, e o sábado o prato forte de despedida.

Venres 11, na Sala Riquela:
Andhrea and The Black Catas.
Sábado 12, na Sala Capitol:
Luke Wilson-King e The Pretty Things!!

E ademáis sesións despois dos concertos.
Un planazo se estades por Santiago.


jueves, 10 de noviembre de 2016

Baby Woodrose "Freedom"

O señor Lorenzo Woodrose está de volta co seu proxecto principal. 
Novo traballo dos Baby Woodrose, a súa séptima entrega de material novo de estudio. Leva por título "Freedom", todo inspirado polo cover que fai precisamente do tema 'Freedom' de Richie Havens (unha vella peza de gospel, que Havens popularizou no festival de Woodstock: video do tema aquí).
Son nove temas en total, psychodelia densa, escura, factura de garage e unhas melodías impecables coma sempre, aínda que con momentos un pouco máis contundente que nos traballos anteriores, sobre todo en Reality, que abre o álbum, 'Mind control machine' ou 'Red the sign post'. Logo seguen '21st century slave' e 'Open the doors', os dous singles escollidos para presentar o álbum, ou as pausas de 'Mantra' e 'Peace' para quitar presión antes da despedida...
Outro discazo marca da casa.

BABY WOODROSE "Freedom"
(Bad Afro, 2016)



The Modern Lovers "The Modern Lovers"

O debut dos Modern Lovers cumpría 40 anos en agosto, e pasóusenos por completo!!, pero sempre estamos a tempo de reivindicar este discazo, que ten unha historia tan controvertida como apaixoante.
The Modern Lovers eran Jonathan Richman, Jerry Harrison, Ernie Brooks e David Robinson. Formáronse nas aforas de Boston en 1970, e a comezos do 1972 gravaron o que ía selo seu primeiro álbum, coa producción de John Cale para Warner Brothers. Eran nove temas que non quedaron ao completo de todo. Era punk primixenio, cru, un material espectacular naquel momento, pero houbo que reaxustar presuposto para o remate, e comezaron negociacións con outras compañías. Gravarons outra sesión para A&M de Universal, e finalmente volveron con Warner, que lle encargou a Kim Fowley o remate do traballo de producción, engadindo novos temas... En medio, o talento Jonathan Richman xa chamara a atención de outras compañías, e tiña novo material para gravar....
Logo de tantas idas e voltas chega 1976 e o seu seguinte álbum xa estaba listo para o lanzamento, sen que o primeiro vise a luz. Ese segundo traballo publicouse en xullo de 1976 polo pequeno selo californiano Beserkley Records, no que o frontman xa se comía a banda, agora aparecían como "Jonathan Richman & The Modern Lovers", pero tamén se fixeron cos dereitos do material orixinal recollido por John Cale para Warner. En agosto de 1976 publicábase o orixinal "The Modern Lovers", seguramente o único caso da historia no que o seu álbum de debut saía despois do segundo... de tolos!! O material foi recibido comoa unha xoia, ahí estaban pezas que logo serían históricas, coma 'Roadrunner', 'Hospital, o cubismo delirante de 'Pablo Picasso', e as miñas favoritas: a espectacular 'She Cracked' e 'Astral Plane'. Foi acollido con entusiasmo e a día de hoxe está en calqueira lista dos mellores álbumes da historia, mentres tanto Richman xa cambiara de rexistro e visionaba un futuro de folk e surrealismo. Pero esa xa é outra historia...
Por certo, as gravacións a cargo de Kim Fowley en 1973 non se publicaron ata 1981, nun álbum de Bomp! Records que levaba por título sinxelamente "The Original Modern Lovers", aínda que xa sabemos que o material xa non era tan orixinal.
Demasiadas voltas para un disco, pero menudo discazo!!

THE MODERN LOVERS "The Modern Lovers"
(Beserkley Records, 1976)



miércoles, 9 de noviembre de 2016

Dead Wood 'Baddest Man'


'Baddest Man' é outro tema de adianto do inminente lanzamento dos DEAD WOOD, dispoñible polo momento en formato dixital, xunto con 'Jimmy The Coward & Percy The Brave', no seu bandcamp.



lunes, 7 de noviembre de 2016

25 nov: Black Grooves!

A cita deste mes coa música negra será o venres 25 de novembro. 
Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!


domingo, 6 de noviembre de 2016

"O mundo está parado" de Guadi Galego

A semana pasada xa vos presentamos o novo traballo de Guadi Galego, "O Mundo está parado" (ver entrada). E o pasado venres 4 de novembro presentóuse oficialmente. Nós xa nos fixemos co noso exemplar. Todo un luxo por fora coidado ata o mínimo detalle, e pop precioso por dentro. 
Non sei a que esperades para facervos co voso...


viernes, 4 de noviembre de 2016

THE SPOOKY GRAVIES!! a despedida...

Este fin de semana remata a minixira dos Spooky Gravies con Ulomanía Coop.
Los Wavy Gravies volverán a enmascararse como THE SPOOKY GRAVIES por última vez. Será o sábado (5 de nov.) no Kannion Surf de Montalvo.
Puro espectáculo, despois desaparecerán para sempre...


jueves, 3 de noviembre de 2016

Crystalized Movements "Mind Disaster"

E imos cunha rareza. Crystalized Movements foi unha desas bandas que nunca tiveron o recoñecimento que se merecía, ou directamente ningún.
Formáronse nun instituto de Connecticut (USA) en 1980 entorno a Wayne Rogers e Ed Boyden, influenciados pola no wave e a psychodelia máis escura dos anos 60s. Tras varios anos grabando numerosas maquetas con versións diferentes do 'Gloria' dos Them unha e outra vez, en 1983 debutan con este "Mind Disaster", autoeditado por eles mesmos baixo o seu selo Twisted Village, cuns poucos exemplares en vinilo e outros tantos en cassette.
Son oito temas nas que desenrolan todas esas inquietudes, con moito menos no-wave do que sempre se menciona (prácticamente só presente na intro de 'Overture') e con moito revisionismo punk da psychodelia máis densa dos 60s, cheo de fuzz e ritmos garageros. Os temas breves teñen toques abertamente ramonianos como 'Hymn', e sobre todo 'Sandy Roy' e 'Orange Acid Orange'. Pero sobre todo destacan 'Communal Storybook', e as finales 'Close your Eyes' e 'Psychotical Delusions', coa mesma velocidade desenfadadas dos anteriores pero con numerosas variacións, densidade das guitarras, cambios de ritmo, tormentas eléctricas e distorsión sen control. 
Crystalized Movements continuaron publicando traballos ata comezos dos anos 90s, pero este "Mind Disaster" esgotouse rápidamente nos dous formatos. Ao ano seguinte, o selo británico Psycho Records recuperou o álbum con esta nova portada, e dende entón converteuse nunha peza de puro coleccionismo.

CRYSTALIZED MOVEMENTS "Mind Disaster"
(Twisted Village / Psycho Records, 1984)



The Brian Jonestown Massacre "Third World Pyramid"

Empezamos as recomendacións da semana cun dos álbumes que máis gañas tiñamos de escoitar, o novo dos Brian Jonestown Massacre!! Anton Newcombe e compañía estan de volta con este "Third World Pyramid".
Son outros nove temas da súa fórmula tan particular. Arranca melancólico coas voces de Tess Parks en 'Good Mourning', e a partir de ahí podemos consideralo como o álbum máis positivo dos BJM dos últimos anos, como unha volta aos sons máis alegres dos seus álbumes dos anos 90, sobre todo con 'Government Beard', 'Don't Get Lost', a divertida 'Like describing colors to a blind man on acid' ou o surf psychodélico de 'Lunar Surf Graveyard'. Ademáis 'Oh Brother', un dos seus standards intrumentais habituais, e as máis experimentais 'Third World Pyramid' e os nove minutos de desenrolo de 'Assignment Song', ata a despedida final con 'The Sun Ship'. Melodías impecables e acústica de luxo nun envoltorio psychodélico de alto calibre. Unha fórmula que segue a funcionarlles á perfección.
Seguen a ser insuperables! Recomendadísimo. 

THE BRIAN JONESTOWN MASSACRE "Third World Pyramid"
(A Records, 2016)

miércoles, 2 de noviembre de 2016

Dead Wood & The Spooky Gravies

Este fin de semana, farán dobrete os amigos de Dead Wood / Los Wavy Gravies.
O venres 4 de nov. Dead Wood a pelo na Sala Són de Cangas.
E o sábado 5 de nov. de novo enmascarados coma The Spooky Gravies no Kannion Surf de Montalvo, no último concerto desa minixira de Ulomanía!!.


en decembro, os Breakin' Bones en directo!!

Este mes non teremos concertos, pero xa podemos anunciarvos a próxima cita coa música en directo. Será en decembro, os protagonistas: BREAKIN' BONES!!
Apuntade a data: Sábado 3 de decembro.


Movember 2016

Xa comezou Movember!
Entra na web, rexístrate en movember.com e participa!


martes, 1 de noviembre de 2016

The Spooky Gravies, o show completo

O sábado pasado comezaba no Rif-Rock esta minixira promovida por Ulomanía Coop., na que Los Wavy Gravies se transforman en THE SPOOKY GRAVIES cun repertorio monstruoso para tres únicos concertos nesta semana.

Finalmente presentáronse en formato de trio, algo que non estaba moi claro ata última hora, e ofrecéronnos un espectáculo tremendo. Chegaron convertidos no Sheriff Lon Chaney, Mr Momia e Screaming Jay Hawkins, e durante máis de hora e media ofrecéronnos un show cheo de temas dos nosos monstruos favoritos, vellas pezas de series de tv e uns cantos temas propios.

Unha noite espectacular!! Gracias a Ulomanía Coop. por montar estas historias tan grandes!. Gracias a todos por achegarvos ó Rif-Rock unha noite máis para desfrutar da música en directo, e montar esa festaza, e sobre todo a estes grupazo por ternos como o seu local de referencia. Gracias cracks, sodes insuperables!! 

Xa tedes todo subido nas anteriores entradas (pt1 - pt2 - pt3 - pt4 - pt5) ou todo seguido en lista de reproducción:



The Spooky Gravies show pt.1


The Spooky Gravies show pt.2


The Spooky Gravies show pt.3


The Spooky Gravies show pt.4


The Spooky Gravies show pt.5