jueves, 24 de noviembre de 2016

Thee Oh Sees "An Odd Entrances"

Novo traballo dos Thee Oh Sees, terceiro xa este ano. "An Odd Entrances" é unha continuación do anterior "A Weird Exits". Os seus temas foron gravados nas mesmas sesións, pero para esta entrega reservaron as pezas máis calmadas, máis influenciadas polo kraut que polo garage e o pop psychodélico habitual. 
Son seis temas, a metade instrumentais, e o resto prácticamente susurrados, sobre todo en 'You will find it here' coa voz moi apagada sobre os seus bestias desenrolos, a dozura pouco habitual de 'The Poem' ou no sinxelo exercicio de 'At the End on the Stars'. Segue co kraut de 'Jammed Exit', unha continuación do 'Jammed Entrance' do álbum anterior, 'Unwrap the Fiend pt.1' devólvennos á rítmica máis habitual da banda (a parte parte 2 aparecía no anterior tamén), pero moito máis relaxada e limpa, e para rematar a experimentación máis ruidista de 'Nervous Tech'.
A propia banda o presentou coma unha espcie de apéndice de "A Weird Exits", así que así debedemos escoitalo. E mentres, xa con gañas do seguinte.

THEE OH SEES "An Odd Entrances"
(Castle Face Records, 2016)



No hay comentarios: