jueves, 10 de noviembre de 2016

The Modern Lovers "The Modern Lovers"

O debut dos Modern Lovers cumpría 40 anos en agosto, e pasóusenos por completo!!, pero sempre estamos a tempo de reivindicar este discazo, que ten unha historia tan controvertida como apaixoante.
The Modern Lovers eran Jonathan Richman, Jerry Harrison, Ernie Brooks e David Robinson. Formáronse nas aforas de Boston en 1970, e a comezos do 1972 gravaron o que ía selo seu primeiro álbum, coa producción de John Cale para Warner Brothers. Eran nove temas que non quedaron ao completo de todo. Era punk primixenio, cru, un material espectacular naquel momento, pero houbo que reaxustar presuposto para o remate, e comezaron negociacións con outras compañías. Gravarons outra sesión para A&M de Universal, e finalmente volveron con Warner, que lle encargou a Kim Fowley o remate do traballo de producción, engadindo novos temas... En medio, o talento Jonathan Richman xa chamara a atención de outras compañías, e tiña novo material para gravar....
Logo de tantas idas e voltas chega 1976 e o seu seguinte álbum xa estaba listo para o lanzamento, sen que o primeiro vise a luz. Ese segundo traballo publicouse en xullo de 1976 polo pequeno selo californiano Beserkley Records, no que o frontman xa se comía a banda, agora aparecían como "Jonathan Richman & The Modern Lovers", pero tamén se fixeron cos dereitos do material orixinal recollido por John Cale para Warner. En agosto de 1976 publicábase o orixinal "The Modern Lovers", seguramente o único caso da historia no que o seu álbum de debut saía despois do segundo... de tolos!! O material foi recibido comoa unha xoia, ahí estaban pezas que logo serían históricas, coma 'Roadrunner', 'Hospital, o cubismo delirante de 'Pablo Picasso', e as miñas favoritas: a espectacular 'She Cracked' e 'Astral Plane'. Foi acollido con entusiasmo e a día de hoxe está en calqueira lista dos mellores álbumes da historia, mentres tanto Richman xa cambiara de rexistro e visionaba un futuro de folk e surrealismo. Pero esa xa é outra historia...
Por certo, as gravacións a cargo de Kim Fowley en 1973 non se publicaron ata 1981, nun álbum de Bomp! Records que levaba por título sinxelamente "The Original Modern Lovers", aínda que xa sabemos que o material xa non era tan orixinal.
Demasiadas voltas para un disco, pero menudo discazo!!

THE MODERN LOVERS "The Modern Lovers"
(Beserkley Records, 1976)



No hay comentarios: