martes, 15 de noviembre de 2016

My Bloody Valentine "Loveless"

A semana pasada cumpríanse 25 anos dun dos álbumes máis importantes da década de 1990. O "Loveless" dos irlandeses My Bloody Valentine lanzouse o 4 de novembro de 1991, e dende entón pasou directamente á historia da música.
Por unha banda foi aclamado pola crítica como unha auténtica revolución sonora, converténdose directemente en principal referente do shoegazing, e pola outra pasou directamente ás lendas do rock polo costoso proceso de gravación. Kevin Shileds empregou dous anos para a gravación do álbum, pasando por 19 estudios diferentes, cambiando unha e outra vez de enxeñeiros de son que non satisfacían as súas necesidades. Os continuos retrasos e o alto custo estiverona punto levar á ruína a Creation Records.
O resultado foi excepcional, once temas que soaban a algo totalmente distinto a todo o anterior. Sobre todo esto podedes atopar pola rede numerosas detalles de tódo-los recursos técnicos empregados e escoitalos unha e outra vez en 'Loomer', 'When you Sleep', 'I Only Said', 'Sometime', 'What you Want', 'Soon' e sobre todo o hit 'Only Shallow', e cada vez atoparedes matices diferentes. 
Un imprescindible.

MY BLOODY VALENTINE "Loveless"
(Creation Records, 1991)



No hay comentarios: