Empezamos as recomendacións da semana cun dos álbumes que máis gañas tiñamos de escoitar, o novo dos Brian Jonestown Massacre!! Anton Newcombe e compañía estan de volta con este "Third World Pyramid".
Son outros nove temas da súa fórmula tan particular. Arranca melancólico coas voces de Tess Parks en 'Good Mourning', e a partir de ahí podemos consideralo como o álbum máis positivo dos BJM dos últimos anos, como unha volta aos sons máis alegres dos seus álbumes dos anos 90, sobre todo con 'Government Beard', 'Don't Get Lost', a divertida 'Like describing colors to a blind man on acid' ou o surf psychodélico de 'Lunar Surf Graveyard'. Ademáis 'Oh Brother', un dos seus standards intrumentais habituais, e as máis experimentais 'Third World Pyramid' e os nove minutos de desenrolo de 'Assignment Song', ata a despedida final con 'The Sun Ship'. Melodías impecables e acústica de luxo nun envoltorio psychodélico de alto calibre. Unha fórmula que segue a funcionarlles á perfección.
Seguen a ser insuperables! Recomendadísimo.
THE BRIAN JONESTOWN MASSACRE "Third World Pyramid"
(A Records, 2016)
No hay comentarios:
Publicar un comentario