Comezamos a semana cunha de Revival:
En novembro do 2011 comezamos cun pequeno ciclo de jazz: as Jazzerz Series do Rif-Rock. Nesta entrada tedes a presentación do ciclo na prensa.
Para inaugura-las xornadas contamos co directo dos JAZZ STANDARDS WORKSHOP!, un trío formado polo compostelán Valentín Caamaño á guitarra, Alberto Ríal ao contrabaixo, e o mestre Paco Charlín á batería, naquela ocasión camuflado como Nilrahc Satrop para aporrear ben a gusto os tambores. Pasóuno mellor que ninguén aquela noite, iso seguro...
Os JSW ofrecéronnos dous pases con moitos temas, na lista de reproducción só recollimos nove pezas. Unha maravilla.
Foi o 18 de novembro do 2011.
Cinco anos xa...
No hay comentarios:
Publicar un comentario