A finais do ano pasado, Blackie Books publicaba a edición en castelán do último ensaio de Ian Svenonius. Te están robando el alma funciona como a continuación perfecta do xenial Estrategias sobrenaturales para montar un grupo de rock, aínda que toda a súa producción literaria é un contínuo de reflexión, prédica e derribo da homoxeneización cultural e social dos tempos que vivimos.
A edición orixinal foi publicada xa no 2015 ("Censorship Now!!", Akashic Books) e está composto, como é habitual na súa obra, dunha serie de ensaios breves que dan forma a unha chamada á transformación social. Reflexiona sobre a standarización do consumo de música a través das diabólicas plataformas de streaming, das grandes compañía comerciais, e a xentrificación dos festivais de música como apéndices de control dos individuos polo sistema, nunha partida máis da xeopolítica internacional. Todo exposto con títulos tan certeros como 'Te animaron a bailar twist sin tocar a tu pareja para aislarte en un nuevo mundo individualista' ou 'Te engancharon a series de HBO para que solo quisieras comprar y mirar. Nunca crear'. Trece capítulos de humor delirante pero cheo de verdades coma puños. Enorme Svenonius!
Tardamos en facernos con el, pero xa o estamos devorando.
IAN SVENONIUS "Te están robando del alma"
(Blackie Books, 2017)
No hay comentarios:
Publicar un comentario