Hoxe presentámosvos a Superser.
Son un trío de Cedeira que practican un garage blues psycodélico, espacial e pantanoso, que nos encanta. En nada ides a escoitar moi deles.
Esta semana aparecen cunha breve entrevista na Mondo Sonoro Galicia (ver número de marzo aquí na páxina 2), no que xa adiantan o lanzamento do seu primeiro 7'', editado pola propia banda en colaboración con Pelgar, Sweet Grooves Records, Pafff Bum Records, Doente e tamén coa participación de Ulomanía Coop.
Ide meténdolle unha escoita no seu bandcamp.
No hay comentarios:
Publicar un comentario