A finais do ano pasado, The Limiñanas lanzaban o EP "Istambul is Sleepy", como adianto do sey próximo lp. A finais de xaneiro chegaba este fantástico "Shadow People", con dez novos cortes que seguen a evollucionar dende o naïf dos seus primeiros traballos ata a riqueza da súa proposta actual, psychodelia densa e por mementos escura, basada no garage psych e o surf instro e ducias de referencias entre os mellor dos 60s e os 80s.
En "Shadow People" inclúen dous temas daquel Ep, a propia 'Istambul is Sleepy' con Anton Newcombe, e 'Shadow People' coa colaboración de Emmanuelle Seigner que lle da título ao álbum, dúas pezas tremendas que seguen a ser o mellor do álbum. As colaboracións non se quedan ahí, Peter Hook (Joy Division, New Order) pon o baixo en 'The Gift' (xa colaborara con eles no seu anterior "Malamore"), e Bertrand Berlin e Renaud Picard que aportan voces e coros en varios temas. Os ritmos motorik dominan todo o álbum, pero son protagonistas en 'Ouverture' e 'Motorizzati Marie', menos nos temas máis pausados, nos que dominan as atmósferas e as melodías ('Le Premier Jour' ou Pink Flamingos'). Cara o final 'Trois Bancs' equilibra e resume todo o anterior. Seguen evolucionando no seu son, e neste álbum conseguen momentos realmente brillantes. Recomendado.
THE LIMIÑANAS "Shadow People"
(Because Music, 2018)
No hay comentarios:
Publicar un comentario