Máis edicións de Hendrix. Nos últimos tempos chegan case que tódo-los anos, algunha con tema novo, pero normalmente con tomas inéditas de pezas máis que coñecidas, sexan de estudio ou en directo.
Agora é o turno de "Both Sides of the Sky", que continúa a serie de "Valleys of Neptune" (2010) e "People, Hell and Angels" (2013), que conforman unha triloxía na que se recollen gravacións durante as sesións de "Electric Ladyland" entre o 67 e o 68, aínda que tamén novas tomas posteriores dos mesmos temas que datan ata de 1970, de xeito que algunhas están interpretadas pola Jimi Hendrix Experience, con Mitch Mitchell e Noel Redding, e outras coa Band of Gypsys, con Buddy Miles e Billy Cox, ademáis da aparición de Johnny Winter, Stephen Stills e o Saxofonista Lonnie Youngblood.
Así que, coma sempre, novidades poucas. O máis destacable é unha versión previa de 'Woodstock' á que xa estaba editada, a versión do 'Things I used to do' de Guitar Slim coa colaboración de Johnny Winter, e para rematar 'Cherokee Mist', uoutra toma da xa coñecida alongada a ta sete minutos a modo de improvisación con ritmos tribais e as notas do Purple Haze.
Máis do mesmo de sempre, pero fantástico para coleccionistas.
JIMI HENDRIX "Both Sides of the Sky"
(Hendrix Experience / Legacy, 2018)
No hay comentarios:
Publicar un comentario