jueves, 10 de octubre de 2013

Chants R&B "Stage Door Witchdoctors"

Come esta semana aínda non vos recomendamos ningún álbum, aquí tedes un dos bós para ir quentando para a sesión de mañán...

O clásico desta semana é unha desas bandas efímeras que recibiron todo o recoñecemento moitas décadas despois do que lles correspondía. E para poñer algo máis de dificultade no asunto temos que mirar hacia Nova Zelanda.
Chants R&B foron unha banda seminal no seu país e tan efímera que só existiron entre o 64 e o 67. Inspirados polo r'n'b británico dos Rolling Stones, The Yardbirds, os Them e sobre todo polos Pretty Things máis contundentes. Durante a súa carreira só publicaron dous singles en 1966: "I've Been Loving You Too Long/I Want Her" e "I'm Your Witchdoctor/Neighbour Neighbour" e cando a súa carreira se lanzaba, separáronse definitivamente tras cambios na formación.
Co paso do tempo Chants R&B quedaron no imaxinario do rock neozelandés como a banda máis potente dos 60s, polo seu rhythm'n'blues pesado e incendiario e os grandes pioneiros de garage no seu país.

Non foi ata o ano 2000 cando Bacchus Records decidiu recupera-los seus arquivos para editalos. E así saíu este "Stage Door Witchdoctors" que reúne os catro temas dos seus singles, os descartes daquelas grabacións e unha boa morea de covers máis, pezas en directo e para completar un pouco o paquete o audio dunha entrevista. Máis recentemente Norton reeditou todo este traballo como "Stage Door Tapes" incluíndo algun tema máis. Seguídelles a pista!!

CHANTS R&B "Stage Door Witchdoctors"
(Bacchus Records, 2000)



No hay comentarios: