lunes, 28 de octubre de 2013

Lou Reed "All Tomorrow's Dance Parties"

Coa morte de Lou Reed moitos estamos a compartir os nosos temas favoritos da súa inmensa carreira. Un artista tan influínte e tan transgresor, que aínda tivo tempo para facer un tema para case cada un nós. O que moita xente non se molestou en coñecer son os seus inicios, anteriores a The Velvet Underground, integrado en bandas de high school e dos seus primeiros anos de universidade, adicados ó rhythm'n'blues, ó doo-wop e ó free-jazz como era normal na época. A máis salientable foi The Jades (logo The Shades), unha banda de doo-wop, principalmente porque nos deixaron un puñado de gravacións entre o 1958 e 1962, logo integrouse en The Primitives donde coincidiría con John Cale e case inmediatamente xuntos formaron The Velvet Underground para cambiar a historia da música para sempre... pero todo iso xa o coñecedes, non?

Así que por ahí van os tiros, hoxe apetécenos compartir con vós unha desas rarezas que temos na nosa estantería, que compramos no seu día ben barata e que seguro que dende hoxe mesmo será moito máis dificil de conseguir. 
No ano 2000 Norton Records publicou un 7'' titulado "All Tomorrow's Dance Parties" con varias desas gravacións. Son 4 temas dese primeiro período, na cara A dúas demos inéditas ata entón, compostas por Reed (aínda Lewis Reed) e gravadas en 1962, o doo-wop 'Your Love' e o fantástico rhythm'n'blues 'Merry go Round', na cara B dous temas de The Jades: 'So Blue' e 'Leave her for me', gravados en 1958, tamén compostos por Reed, pero coas voces do cantante da banda Al Walters. 
Nada que ver co Lou Reed que coñecedes, pero seguro que tamén vos interesa...

Lou Reed "All Tomorrow's Dance Parties"
(Norton Recs, 2000)


Podédelo atopar no blog Fabled Farm, pero buscando pola rede atopei que na tanda Discogs aínda podedes conseguir o vinilo tirado de precio!!!



No hay comentarios: