jueves, 24 de octubre de 2013

Roy Ayers "Coffy" soundtrack

Como vos podedes imaxinar, a sesión de Black Grooves!! de mañán vai a ir moito de bandas sonoras de blaxploitation... co cartel adicado ó filme Coffy era fácil non? Xa vos destripamos bastante o filme Coffy de Jack Hill como introducción, pero deixamos pendente a súa sensacional banda sonora.
Noutras ocasións xa vos recomendamos outras grandes bandas sonoras do xénero: o "Superfly" de Curtis Mayfiel, "Black Caesar" de James Brown, ou un par delas de Isaac Hayes como "Shaft" ou "Truck Turner", e no mesmo escalafón de obras mestras  debemos situar tamén este "Coffy" de Roy Ayers.

As claves de Ayers son o wah-wah e o seu omnipresente vibráfono, alternando temas suaves, sensuais e suxerentes case cunha cadencia de bossa nova (como en 'Priscila's Theme', 'Coffy Baby' ou 'Coffy Sauna'), jazz soul, e arrebatos de funk case máis aptos para sair a bailar que como banda sonora como o tema principal 'Coffy is the color' ou a rítmica pura de 'King George', 'Brawling Broads', 'Escape' ou 'Exotic Dance'. Bestial!! un imprescindible...

ROY AYERS "Coffy (Original Motion Picture Soundtrack)"
(Polydor, 1973)



No hay comentarios: