Este venres adicamos no Rif-Rock a entrega mensual de música negra Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! ó filme Coffy. Coma outras moitas ocasión á música creada para as cintas de blaxploitation será o fío conductor da sesión.
E desta vez escollimos Coffy por que en xuño se cumprían 40 anos da súa estrea, logo nos metimos nunhas cousas e outras, e finalmente se nos pasou a data, pero aquí está.

Tras dirixir máis dunha ducia de películas de terror e acción comeza abertamente co xénero con The Big Doll House (1971) e The Bird Big Cage (1972) nas que xa contaba no reparto con Pam Grier como unha das súas protagonistas.
Un ano despois lánzase abertamente ó blaxploitation con dous títulos seguidos, escritos e dirixidos por el mesmo: Coffy de 1973 e Foxy Brown en 1974, ambas xa con Pam Grier como protagonista indiscutible, e que a convertiron definitivamente na maior estrela do xénero.
Un ano despois lánzase abertamente ó blaxploitation con dous títulos seguidos, escritos e dirixidos por el mesmo: Coffy de 1973 e Foxy Brown en 1974, ambas xa con Pam Grier como protagonista indiscutible, e que a convertiron definitivamente na maior estrela do xénero.
![]() |
Pam Grier na escena inicial |
Coffy é unha enfermeira, noiva dun destacado empresario de clubes, asesor do goberno municipal, e aspirante ó congreso. A historia arranca con Coffy facéndose pasar por unha prostituta toxicómana que se vai cun camello e o co mafioso para o que traballa á súa casa para practicar sexo a cambio de unha dose, pero realmente os asesina os dous como vinganza por que a súa irmán pequena de só 12 anos está enganchada á droga coma o resto dos seus irmáns, e decide toma-la venganza pola súa man.
Pero hai outros persoaxes importantes ós que Coffy tentará vingar: un é o policía Carter, amigo e exmozo de Coffy que comeza investigando o caso, e co que mantén conversas sobre os poucos policias honrados que quedan na cidade, unha noite é asaltado na súa casa, quedando con importantes danos cerebrais. A outra unha prostitua toxicómana á que Coffy axudou en varias ocasións no hospital, e amezada polo seu chulo. Todo o remata por conducir hacia King George, un xefe mafioso que controla a rede de drogas e protitución da cidade, e de novo Coffy se tomará a xustiza da súa man… pero mentres vai infiltrándose nas redes mafiosas descubre que case toda a policía, e incluso o seu mozo (prometedor político) están metidos no asunto… pero creo que será mellor que non vos conte máis!.
![]() |
Coffy e King George |
Unha peli de acción en toda regla, con tódo-los ingredentes imprescindibles e moitos máis aportados por Hill de manual blaxploitation, sexo, drogas, violencia… e un par de mensaxes transversais en toda cinta deste tipo que se preste: o orguioso sentimento de pretenza á comunidade afroamericana, e a discurso sobre o perigoso de meterse nas drogas e todo iso… todo ben dirixido para o seu público. E todo elo cun ritmo trepidante, persecucións, tiros, auténticos antros dos baixos fondos e tamén numerosas escenas en festas luxosas, sexo, apostas sobre pelexas entre mulleres desnudas… e todo coa exuberante presencia de Pam Grier no seu mellor momento. Jack Hill en estado puro.
Unha das mayores curiosidades é que a xénese desta película tamén reside nas ansias de venganza de Jack Hill, aínda que de outro modo,claro… Segundo o propio autor, esta película naceu cando se veu enganado, tiña apalabrada a dirección de Cleopatra Jones, que ía ser a aposta estrela para o xénero dende a Warner, un dos filmes míticos do xénero, pero finalmente os productores encargaron a cinta a Jack Starrett con Tamara Dobson como protagonista. Hill tomouno como algo persoal, e propúxose realizar a súa propia historia de vinganza protagonizada por unha muller para superar en éxito e recadación a Cleopatra Jones. Escibiu o guión de Coffy en un par de semanas e convenceu a Pam Grier para protagonizala. E o resultado foi que efectivamente gañou a partida. Ademáis do filme como en moitas das pezas do blaxploitation, moito tiña que ver a música como canle de reivindicación racial, e ahí tamén gañou por goleada Coffy. Jack Hill e American International apostaron polo gran vibrafonista Roy Ayers para encargarlle a banda sonora, e tamén isto foi todo un acerto. O álbum “Coffy” foi tamén un éxito rotundo e hoxe en día segue a ser considerada unha das mellores bandas sonoras de tódo-los tempos, pero a iso xa lle adicaremos outra entrada…
USA 1973, American International Pictures.
Dir: Jack Hill.
(ver ficha en IMDb)
No hay comentarios:
Publicar un comentario