Touch and Go é unha das discográficas máis influíntes no mundo independente, primeiro sacando á luz todo o underground de Chicago e logo como inspiración de outros moitos selos... pero como en moitas ocasións semellantes a cousa comezou cun fanzine.
En 1979 Tesco Vee e Dave Stimson comezan a publicar con regularidade o seu fanzine Touch and Go, centrado nas bandas locais da área metropolitana de Chicago e con especial interes na escena hardcore e punk, e por suposto completado con numerosas revisións, críticas entrevistas de bandas do resto do mundo. En 1981 crean Touch and Go Records para dar mellor cobertura ás súas edicións de recopiacións e demos. Continuaron co fanzine ata 1983, cando dediden facer unha forte aposta pola discográfica, e ata hoxe... Por alí pasaron Big Black, The Jesus Lizard, Shellac, Butthole Surfers, Slint, Man or Astroman?, Ted Leo, Polvo, The Delta 72, The Ex, Laughing Hyenas ou os máis recentes Black Heart Procession, TV on the Radio, Yeah Yeah Yeahs, Uzeda, Calexico... un dos maiores e mellores selos independentes!
A finais do 2010 saiu esta impresionante compilación, que reúne as réplicas dos 22 números publicados do fanzine Touch and Go para un total de máis de 500 páxinas, un libro extra con tódo-los flyers e demáis propaganda realizada do fanzine, da discográfica, de concertos, etc... unha copia do 999 Fanzine (un único número foi o xerme do posterior T&G) e un cd con 8 temas case incunables distrubuídos na primeira época do fanzine. Ademáis inclúe unha boa introducción con artigos dos autores, Henry Rollins, Ian MacKaye ou Henry Owings entre outros.
Levábamos tempo pendentes de facernos con un exemplar, compralo a un prezo asequible, prestado, roubado, como fose... e agora xa se atopan restos da edición pola cuarta parte do seu prezo de saída!!
"TOUCH AND GO, The complete Hardcore Punk Zine '79-'83"
(Tesco Vee, Dave Stimson & Steve Miller/ Touch and Go, 2010)
Ademáis deixámosvos este breve documental de 10 minutos coa historia do selo, realizado no 2006 por Touch and Go Records para conmemora-los seus 25 primeiros anos de vida:
No hay comentarios:
Publicar un comentario