Este "The Stone Roses: Made of Stone" tenta conta-la historia da banda, inicios, auxe e caída pero sempre dende o punto de partida da súa reunión.
Un documental do director Shane Meadows, fan declarado da banda, que seguiu á banda no seu retorno, e consigue un resultado de puro espectaculo e moita emoción, aínda que recibiu unhas cantas críticas por non reflexar os problemas que houbo naqueles días.
Estreouse en máio deste ano e despois do éxito nas salas británicas, xa está dispoñible en diferentes edicións en dvd, así que fácil de conseguir, por que de momento a estrea nas españas nin se plantexa, a ver se nas mostras e festivais do outono (coma Cineuropa e semellantes) se deixa ver por aquí.

"The Stone Roses: Made of Stone"
2013 dir: Shane Meadows
(UK, Warp Flms) Documental
Pero se queredes algo moito máis austero e un tanto máis riguroso, botádelle unha ollada a outro documental do ano pasado "Blood on the Turntable, The War of the Roses", producido para a BBC3 no 2012 que fai un repaso algo máis aséptico da historia da banda a través dos propios protagonistas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario