viernes, 28 de noviembre de 2014

sábado... Marinocha Über Alles!!


esta noite... Black Grooves!!


"Hit Man" 1972

A sesión de mañá non irá sobre bandas sonoras de filmes blaxploitation, pero aquí tedes o trailer da peli que fusilamos para o cartel. "Hit Man" de 1972, dirixida por George Armitagee protagonizada por Bernie Cassey no papel do avogado vingador, e a musa Pam Grier. Como é habitual neste filmes, é unha historia de vinganza contra uns mafiosos da industria do cine porno... igual por iso non é tan popular coma outras do xénero, pero ahí vos queda recomendada.

Hit Man
USA 1972, Penelope Productions Inc. / MGM
dir: George Armitage

jueves, 27 de noviembre de 2014

The Brian Jonestown Massacre "+-EP"

Antes de que remate o ano seguen a sair moitas novidades das que nos fan poñer os dentes longos. The Brian Jonestown Massacre lanzan este ep de nome una tanto confuso, ó principio estaba anunciado como Reconstruction, pero finalmente se chama "+-EP", pero o importante é o contido. Déixanse de eses experimentos dos últimos anos para volver ó que máis nos gusta. Son tres temas no vinilo: 'Heat', 'Everything was very Simple', e 'Reconstruction', e incluíndo un tema máis, 'Leave it Alone', nas edicións dixitais. Catro pezas relaxantes con ducias e ducias de capas de guitarras, e melodías lentas e perfectas. Para darlle cen voltas seguidas sen darte conta.

THE BRIAN JONESTOWN MASSACRE "+-EP"
(A Records, 2014)



Fugazi "First Demo"

Sen dúbida o álbum da semana!! e iso que non ten nada novo...
Hai un par de semanas que se anunciara o inminente lanzamento da primeira maqueta dos Fugazi, e aquí está, ó fin nos fixemos con ela!!

"First Demo" recolle a súa primeira sesión no estudio, son 11 temas gravados na propia sede de Dischord e no Inner Ear Studios co productor Don Zientara en xaneiro de 1988, cando a banda só levaba 10 concertos ás súas costas.
Entre os 11 temas aparecen xa os temas que logo nos entregaron nos EPs "Fugazi" (Dischord, 1988) e "Margin Walker" (Dischord, 1989) logo compilados no "13 Songs", e varios dos que xa formaron parte do "Repeater" (Dischord, 1990) que cambiou as nosas vidas. Ademáis atopamos o tema 'In defense of humans' que só fora publicado no recopilatorio "State of the Union: D.C. Benefit Compilation" (Dischord, 1989, logo reeditado no 2002), e ademáis aparece 'Turn Off your Guns' por primeira vez publicada na súa versión de estudio.
Nada novo, pero tampouco atoparedes nada mellor ca esto!
Se queredes botarlle unha escoita primeiro aquí tedes todo o audio, pero mellor que vos fagades con el como sexa!! Nós, cos nervios, xa mercamos dous por se acaso...

FUGAZI "First Demo"
(Dischord Records, 2014)



miércoles, 26 de noviembre de 2014

The Even Flow Experience. Concerto 22 nov.

Estabades máis que avisados. 
Xa vos dixemos que a volta de THE EVEN FLOW EXPERIENCE non ía ser cousa de un día, e tra-lo seu concerto de retorno no mes de setembro, dous meses despois ofrecéronnos outro show con moito do seu repertorio renovado.

Victor e Manolo incorporaron moitos temas novos no seu show, entre outros dos Foo Fighters, Smashing Pumpkins, Silverchair, Alice in Chains, Incubus... e moitos dos seus habituais, desta vez os dous a pelo, sen coloboración algunha, e ata máis de 20 temas.

Coma sempre, gracias a todos por achegarvos ó Rif-Rock unha noite máis para desfrutar da música en directo, e sobre todo nunha noite de choiva como a do pasado sábado. E sobre todo ó dúo de artistas pola súa fidelidade e compromiso. 
Seguide atentos, e non vos perdades as súas próximas entregas!!

Xa tedes todo o concerto do sábado subido nas anteriores entradas (pt 1 - pt 2 - pt 3pt 4 - pt 5) ou todo seguido en lista de reprodución:

The Even Flow Exp. (concerto pt.1)


The Even Flow Exp. (concerto pt.2)


The Even Flow Exp. (concerto pt.3)


The Even Flow Exp. (concerto pt.4)


The Even Flow Exp. (concerto pt.5)


martes, 25 de noviembre de 2014

"Paul está Muerto (y otras leyendas urbanas del rock)"

A historia do rock está chea de excesos e disparates, de anécdotas esaxeradas, de fanfarronadas de ricos que van de malotes e outras realmente divertidas, e sobre todo moitos mitos e bulos que acaban converténdose en verdade popular sinxelamente por que resultan máis divertidas que a realidade.
A editorial Errata Naturae nos presenta este divertido "Paul está Muerto (y otras leyendas urbanas del rock)", un libro de Héctor Sánchez y David Sánchez, que recopila moitas desas lendas urbanas en torno ás estrelas do rock, da súa orixe, e dos motivos que nos levan a tomalas por certas. 
Dende a historia de que Paul Mccartney morreu nun accidente de tráfico en 1966 e foi sustuído por un dobre, ata esas míticas orxías dos Led Zeppelin, as arroutadas de Keith Moon, e moitos pasaxes paranormales. Como exemplo aquí tedes o adianto en pdf dun dos breves: Led Zeppelin y el incidente del tiburón.

Héctor Sánches y David Sánchez:
"Paul está Muerto (y otras leyendas urbanas del rock)"
(Errata Naturae, 2014)


Toda a info na web de Errata Naturae:


Todo lo que lea en las páginas de este libro es mentira. Aunque decir esto quizás no sea del todo cierto. Al fin y al cabo, hablamos de leyen­das urbanas, ese prodigioso territorio del folclore contemporáneo en el que, como es de ley, la ficción inconsciente, la imaginación desatada y la verdad más inverosímil conforman un único, inesperado y delicioso cóctel. Por supuesto, el mundo del rock ha sabido crear y recrear sus propios mitos urbanos de manera inigualable y para todos los gustos: delirantes, excesivos, crueles, escatológicos, trágicos, he­roicos, patéticos…
Héctor Sánchez recoge una selección de las mejores leyendas urba­nas, bulos y demás malentendidos relacionados con los grandes astros del rock, todos ellos narrados con excelso conocimiento y el humor que requiere la ocasión. Y David Sánchez, uno de los más destacados dibu­jantes de la nueva generación del cómic español, ilustra cada una de estas historias de forma incomparable. Muertes prematuras y extravagantes, fiestones más que desbocados, cameos de ultratumba, sexo con tiburo­nes (y con chocolatinas Mars), chutes familiares de última hora, nazis sabiamente enmascarados, fantasmas latosos y otros fenómenos para­normales, seres parcialmente extraterrestres, venganzas bastante ridículas, mermeladas alucinógenas, problemas graves de identidad, tejema­nejes con la CIA y el FBI, testamentos felinos, incestos insospechados, canciones que animan a quitarse la vida y, por supuesto, mensajes más o menos satánicos que se escuchan al hacer girar un disco al revés.
Un maravilloso anecdotario ilus­trado como una historia paralela y secreta del rock, un libro que despe­ja tantos interrogantes como los que propone: ¿de dónde surgen estas historias? ¿Son meros divertimentos y creaciones de una suerte de in­consciente colectivo que da rienda suelta a sus deseos más disparata­dos? ¿O en más de una ocasión responden a intereses concretos? ¿Qué parte de verdad hay en cada una de estas mentiras y qué parte de esa verdad conocemos? Bienvenidos a la cara oculta del rock.


Cinegalicia25


Cinegalicia25 é unha mostra na Cidade da Cultura que rende homenaxe ó audiovisual galego. Ata o 8 de febreiro.

Cinegalicia25
1989 é unha data clave para o cine galego. Sempre Xonxa de Chano Piñeiro, Continental de Xavier Villaverde e Urxa de Carlos A.L. Piñeiro e Alfredo García Pinal, as tres primeiras longametraxes de ficción galegas, estreáronse do 23 ao 26 de novembro do 89 en Vigo, marcando o inicio dun prometedor futuro para o audiovisual do noso país. Vinte e cinco anos despois, a Cidade da Cultura quere renderlle unha pequena homenaxe aos profesionais que o fixeron posible a través da mostraCinegalicia25.
A exposición, que ocupa o terceiro andar do Museo Centro Gaiás, fai un percorrido polo que foi o noso audiovisual nestes 25 anos, co aporte previo da nutrida traxectoria iniciada en 1896, cando as primeiras proxeccións do Cinematógrafo en Galicia; e unha ollada cara ao futuro.
Vinte e cinco é a cifra temporal de referencia, que tamén traza un acoutamento imaxinario noutras tantas relevancias presentes en seis seccións, a xeito dunha radiografía sobre o sector:
· Cine Galego revisa o audiovisual a través das longametraxes como formato principal.
· Rodado en Galicia expón os filmes alleos recollidos na nosa contorna paisaxística e monumental.
· Ficcións televisivas amosa a TVG como o motor da produción propia.
25 pezas máis… recolle outros formatos, como a animación ou o documental, tan importantes no pulsar da creación audiovisual.
· Cine de papel ofrécelle ao público a abondosa e fundamental aportación historiográfica e teórica ao noso audiovisual.
· Contornos plasma os diferentes sectores da sociedade que se encargaron de converter o audiovisual non só nunha industria, senón en expresión dunha cultura diferenciada.

Toda a info na web na Cidade da Cultura.

Guadi Galego "Lúas de Outubro e agosto"

Hoxe sae a rúa "Lúas de Outubro e Agosto" de Guadi Galego, xa dispoñible en cd, e próximamente en vinilo. Buscádeo!!


lunes, 24 de noviembre de 2014

Black Grooves + Marinocha

Aínda queda por diante un bó fin de semana da nosa programación de novembro:
· Venres 28: Fuck'U Whiteys... Black Grooves
· Sábado 29: MARINOCHA Über Alles


The Even Flow Exp.

Xa vos avisamos que The Even Flow Experience tiñan moito material novo que amosarnos, e vaia se crumpriron co prometido!! gracias cracks, todo un luxo contar con xente coma vós unha e outra vez no Rif-Rock!! e gracias a todos por achegarvos nunha noite de choiva como a do sábado!! e a Kurco polo traballo extra. 
Nos próximos días máis fotos e os videos do concerto. 
E seguide atentos para non perdervos o seu próximo concerto!



viernes, 21 de noviembre de 2014

THE EVEN FLOW EXPERIENCE en directo!

Se pensabades que o retorno de The Even Flow Experience ía ser cousa de un día, estabades errados, por que aínda lles quedou moito material novo que amosarnos, e corda para rato, así que esta semana tedes outra cita con eles.
Será o Sábado 22 Novembro, dende as 23:30h. Non vo-lo perdades!



Revista Luzes num.12

A próxima semana sae o número 12 da revista Luzes, cun especial sobre os 25 anos de cine galego, que arranca en 1989 coa estrea de Urxa, Sempre Xonxa e Continental, e segue un repaso ata os nosos días. [www.revistaluzes.com]


jueves, 20 de noviembre de 2014

cambios no noso facebook

Na últimas horas os señores de facebook cancelaron a nosa conta de sempre para convertirnos nunha páxina: https://www.facebook.com/rifrock.cambados


No cambio, centos (ou miles) de entradas dos últimos anos quedaron no limbo dos algoritmos: publicacións, enlaces, fotos, eventos e demáis... 
Para os novos seguidores non haberá problema, pero para os amigos anteriores é posible que deixedes de recibir tóda-las nosas actualizacións con normalidade. Nese caso só tedes que ir á nosa páxina de facebook, e no botón "Gústache" basta con comprobar que teñades marcado "Recibir Notificacións". ¿Sinxelo non? 


Grazas a todos por gastar un minuto do voso tempo nesto, e si coñecedes a algún despistado compartídeo!!
E grazas tamén a Isidro ATDP pola asistencia técnica despois do susto!!


Hüsker Dü "Zen Arcade"

Hoxe imos con un deses álbumes fundamentais para comprender todo o que veu despois. Hüsker Dü comezaron como unha banda de hardcore punk furioso pero pronto comezaron a facerse o seu propio lugar na historia introducindo numerosos elementos que resultaron definitivos para toda a explosión do rock alternativo posterior. 
O trío de Minnesota publicou en 1984 este impresionante "Zen Arcade", que co paso dos anos nunca deixará de impresionarme. Abandonan a obsesión polos canonazos de minuto e medio daquel "Land Speed Record", aínda que algún tiña que haber, e como pouco a pouco viñan adiantando no "Everything Falls Apart" e no "Metal Circus EP" (ambos de 1983) se centran máis nas melodías, incorporan guitarras acústicas, folk, psychodelia 60s, e ata xiros de jazz, pero mantendo os elementos esenciais do hardcore para abrir novas vías no xénero. 
23 cortes para este álbum xigantesco, nos que atopamos unha boa morea dos nosos temas favoritos como 'Somehing I learned today', 'Never talking to you again', 'Masochism World', 'Pink turns to blue' ou 'Turn on the News'. 
Agora que se cumpren 30 anos do seu lanzamento, non se me ocurre mellor álbum para escoitar unha e outra vez esta tempada.

HÜSKER DÜ "Zen Arcade"
(SST, 1984)



Cara al Soul


miércoles, 19 de noviembre de 2014

Sharon Jones "Give the People what they want"

Xa vos recomendamos noutras ocasións álbumes de Daptone Records, pero aínda nunca vos deixaramos por aquí ningún álbum dun dos seus buques insignia, Sharon Jones & The Dap-Kings, no que aparticipa o propio Bosco Mann, baixista e productor, e un dos fundadores do selo. 
A formación orixinal facíase chamar The Soul Providers a mediados da década dos 90 como banda de acompañamento de Lee Fields, na que Sharon Jones chamou a atención como corista e decidiron montar un novo proxecto entorno a ela, e agora máis de 10 anos despois é un dos maiores referentes da escudería. 
A comezos deste anos publicaron este "Give the People what they want", o sexto na súa conta, e este mesmo sábado estarán en directo no Auditorio do Mar de Vigo. Recomendado!!

SHARON JONES & The Dap-Kings "Give the people what they want"
(Daptone Records, 2014)




20 anos de Lixo Urbano

O selo Lixo Urbano cumpre 20 anos, e este sábado o celebran cunha boa morea de concertos ó longo de todo o día, exposición de posters e portadas do seu catálogo, petiscos, djs... Dende as 13h. no C.S.O Pichel. 
E mentres metédelle un repaso ó seu bandcamp.


martes, 18 de noviembre de 2014

"True Detective, Antología de lecturas no obligatorias"

Hoxe vos recomendamos outra recopilación seriéfila que nos trae a editora Errata Naturae. Mentres agardamos impacientes pola segunda tempada de True Detective, nos conformaremos coa lectura deste "True Detective. Antología de lecturas no obligatorias", con textos do creador da serie da HBO Nick Pizzolatto, e do xornalista Ethan Brown que destapou o caso real no que se inspirou a primeira tempada, e unha escolma de textos clásicos e contemporáneos seleccionados por Iván de los Ríos contextualizados para aportar máis contido á serie.

V.A."True Detective. Antología de lecturas no obligatorias"
(Errata Naturae, 2014)


Así o presentan na web de Errata Naturae:

Las puertas del selecto cielo de las series, en el que sin duda ya disfrutan de la catódica vida eterna Los Soprano, The Wire, Mad Men y Breaking Bad, se abren de nuevo para acoger a True Detective. Y en Errata naturae no hemos dudado en dedicarle un volumen a esta nueva producción de culto que nos ha causado auténticos escalofríos, tanto físicos como intelectuales. Se trata de un libro que es también un juego, un artilugio y un experimento tan estimulante como la serie.
Así, en la primera parte del volumen, Nic Pizzolatto, creador de la serie, nos habla sobre su trabajo, su concepción de la literatura y la televisión, sus influencias y la manera en la que se llevaron a cabo algunos de los momentos clave de esta primera temporada. Iván de los Ríos disecciona los componentes filosóficos de la serie con precisión forense y nos muestra algunos indicios que nos podrían llevar a plantearnos nuevos interrogantes o a reinterpretar ciertas pistas, especialmente con respecto a su discutido y polémico final. Y el periodista Ethan Brown nos presenta su larga y arriesgada indagación sobre el caso real en que se basa la serie, una crónica tan espeluznante como excepcional, ejemplo del mejor periodismo comprometido y de investigación de nuestros días.
En la segunda parte, encontramos una serie de textos firmados por pensadores como Nietzsche, Schopenhauer o Ligotti; por escritores clásicos como Bierce, Chambers o Lovecraft; y por autores contemporáneos como Bolaño, Hammett o Barron. Nombres citados directamente en la serie y que vertebran sus contenidos, o bien que la atraviesan de forma subterránea. Cada uno de los textos va precedido por un breve y brillante ensayo de presentación de Iván de los Ríos, que sitúa la relación de estos autores y sus textos con True Detective. Un juego, por tanto, a través del cual el lector puede aventurarse en ese laberinto metaficcional que compone la serie, además de disfrutar de la lectura de un conjunto de relatos y ensayos de calidad y alcance excepcionales.

domingo, 16 de noviembre de 2014

esta semana The Even Flow Experience en concerto!

Se pensabades que o retorno de The Even Flow Experience ía ser cousa de un día, estabades errados, por que aínda lles quedou moito material novo que amosarnos, e corda para rato, así que esta semana tedes outra cita con eles. 
Será o Sábado 22 Novembro, dende as 23:30h. Non vo-lo perdades!


viernes, 14 de noviembre de 2014

Holy Wave "Relax"

Outro disco que vos recomendamos antes de comeza-la fin de semana.
O segundo LP dos Holy Wave publicouse xa en xaneiro do 2014, e dende hai varios meses que o temos ahí aparcado, e ata o mes pasado que comezamos a facerlle caso, e dende entón non deixa de soar cada día no Rif-Rock. Holly Wave son outro enxendro lanzado polo selo do Austin Psych Fest, The Reverberation Appreciation Society, e este "Relax" está cheo de ese garage-surf-pychodélico que tanto nos gusta, dende esas melodías e riff preguiceiras que vos levantarán o ánimo en calqueira momento coma as de 'Star Stamp', 'Do you feel it?', ou temas máis retro como 'Mouth Mountain' e 'Psychological thriller'. Apuntádeos!

HOLY WAVE "Relax"
(Reverberation Appreciation Society , 2014)



Ryan Adams "Vampires EP"

Xa hai tempo que lle perderamos a pista a Ryan Adams, dende aqueles primeiros álbumes con The Cardinals, e a semana pasada nos recomendaron este EP "Vampires" que xa solo pola portada entra moi ben polos ollos, peor os seus catro temas nos devolven ó Ryan Adams de unha década atrás.

RYAN ADAMS "Vampires"
(PAX-Am Series Singles, 2014)



jueves, 13 de noviembre de 2014

descarga Psycho!

Aquí tedes pouco máis de unha hora mesturada da sesión do sábado pasado, con moito underground dos 60's, garage e freakbeat. Metédelle ben de volume!!

"PSYCHO" (sesión Rif-Rock 8 nov.2014)
faite con Psycho aquí.


martes, 11 de noviembre de 2014

Neil Young "Storytone"

Novo álbum do incombustible Neil Young, pero desta vez nada que ver con todo o anterior: unha orquestra de 92 músicos, un pequeno coro, e Neil Young. Na edición especial inclúe os mesmos dez temas de Young a soas coa súa guitarra, en plan demos. Temas instrumentais, autentico swing de big band ('SayHello! to Chicago'), e algunha peza de blues sorprendente con banda ('I want to drive my car' ou 'Like to used to do'), pero mellor que busquedes un momento axeitado para desfrutar deste "Storytone". Ademáis é o primeiro álbum que sae en sistema Pono, un novo formato de arquivos dixitais que Young leva varios anos desenrolando. 

NEIL YOUNG "Storytone"
(Reprise, 2014)



Guadi Galego 'Matriarcas'

Esta mañá fíxose público o video de 'Matriarcas' de Guadi Galego, que sae como adianto do seu novo álbum "Lúas de outubro e agosto" que se publica o próximo 25 de novembro. Todo o traballo audiovisual vai a cargo Karlos Abal, e nel atoparedes unha chea de mulleres que nos tocan moi de cerca. Precioso!!


lunes, 10 de noviembre de 2014

Rockdelux #333 Especial 30 Aniversario

Xa hai tempo que lle perdimos a pista a revista Rockdelux, pero cando sacan un destes tochos de listas e selección de álbumes sempre caemos na trampa!! O seu número de novembro 2014 (RDL.333) conmemora os 30 anos da publicación cunha selección dos redactores e colaboradores cos 300 mellores álbumes as tres últimas décadas e un repaso ano a ano pola historia da revista. 
E por suposto coa polémica de sempre destas listas...


domingo, 9 de noviembre de 2014

Nick Cave "20.000 dias en la tierra"

Este fin de semana estreouse por aquí o documental "20.000 días en la Tierra", que relata un día ficticio na vida de Nick Cave, suponse que o número 20 mil da súa existencia, a nivel cotidiano e a nivel creativo. Levamos tempo lendo críticas de todo tipo, así que teremos que vela nós mesmos para facernos unha idea.


"20.000 días en la tierra"
UK, 2014. dir: Iain Forsyth, Jane Pollard


viernes, 7 de noviembre de 2014

The Litter "$100 fine"

Outro clásico para hoxe. Repasando agora o blog, nunca vos recomendamos ningún álbum de The Litter, aínda que o seu 'Action Woman' a miudo aparece polas nosas sesións. Sen dúbida ese tema foi o seu maior éxito, o seu primeiro single, incluído logo no seu primeiro Lp "Distortions" de 1967, e que incluso volveron a publicar con diferente cara b. Pero hoxe vos recomendamos o seu segundo disco: "$100 Fine". 
The Litter foi unha banda de Minneapolis, formáronse en 1966 e ata a súa disolución en 1969 nos deixaron tres álbumes e media ducia de sinxelos de moi bo nivel. Este "$100 Fine" foi o seu segundo álbum, de 1968, con máis matices que o anterior, no que case todo eran versións, nesta ocasión atopamos catro pero os seus propios temas son de un nivel maior e co característico xogo de guitarras de Rinaldi e Caplan e os momentos co sintetizador Moog. Con pezas de garage psych de máis alto voltaxe como a inicial 'Mindbreaker' saturada de fuzz, e outras máis orientadas cara o blues ácido e as melodías. As versión dos Small Faces, The Yardbyrds, Procol Harum e o 'She's Not there' de The Zombies en 9 minutos para rematar. Discazo!!

THE LITTER "$100 Fine"
(Hexagon, 1968)



jueves, 6 de noviembre de 2014

Cream "Wheels of Fire"

Antes de que chegue a fin de semana imos a recomendar un par de clásicos que os temos moi descoidados, e así xa nos serve de introducción para a sesión do sábado.
Supoño que nada temos que decir sobre Cream, power trio fundamental dos 60s, seguramente o máis grande xunto con The Jimi Hendrix Experience, e que sobre todo souberon retirarse a tempo. Eric Clapton, o recentemente finado Jack Bruce e Ginger Baker nos deixaron en tres anos catro discazos tremendos, e seguramente este "Wheels of Fire" de 1968 sexa o seu cumio. Publicado orixinalmente coma un album dobre, cun primeiro disco gravado no estudio con 9 temas e o segundo con catro temas en directo: Live at Fillmore, incluíndo o 'Crossroads' de Robert Johnson e o 'Spoonful' de Willie Dixon. Foi directo ó número 1 nos USA, e durante moitos anos foi o álbum dobre máis vendido da historia.

CREAM "Wheels of Fire"
(Polydor/ATCO, 1968)



The Maggie's Marshmallows "Come Along"

Hoxe vos recomendamos unha novidade de Get Hip Recordings. Trátase do single de presentación de The Maggie's Marshmallows, un power trio de Praga, que neste 7'' nos presentan 2 temas cheos de forza, ritmo e moito fuzz. Prometen!!

The Maggie's Marshmallows "Come Along"
(Get Hip Recordings, 2014)




miércoles, 5 de noviembre de 2014

"Bee Thousand" dos GbV, 20 aniversario

Este ano cúmprense 20 anos do lanzamento do "Bee Thousand" dos Guided by Voices (Scat Records 1994), era o seu séptimo álbum, e co que consolidaron o seu sonido lo-fi, e no que se incluían o 'Hardcore UFOs' ou 'I am a Scientist', todo un discazo. No 2004 xa celebraron o 10º aniversario cunha edición especial "Bee thousand, the director's cut", na que ampliaban dos 20 temas orixinais a 3 vinilos con 55 temas, aquí tedes detalle da portada e dun dos vinilos desta edición. 

E este ano cúmprense 20 anos do "Bee Thousand" e a edición especial coa que o conmemoran é bastante curiosa. O pack é unha caixa de cervexas Dogfish con 6 botellas de 750ml etiquetadas coa portada do álbum orixinal, acompañadas de un vinilo de 10'' cos temas do álbum en directo, e que titularon para a ocasión "Beer Thousand". Si vos interesa facer un pedido aquí tedes a web
Nós pasamos, pero a ver se nos facemos con ese directo algún día.



'Pass the Hatchet' Vs.

Xa hai moito tempo que non facemos unha desas entradas de covers, e como este fin de semana sábado nos preguntaron por un tema, xa temos escusa. O venres sonou o 'Pass the Hatchet' de Roger & The Gypsies, e nos nos viñeron a preguntar á cabina polo tema de Yo La Tengo...

"Pass the Hatchet" é un single publicado en 1965 polo selo Seven B polos efímeros Roger & The Gypsies, un tema de rítmica hipnótica e destinada para o baile, un auténtico experimento que foi todo un éxito. Pero o que moita xente non sabe é que detrás desta banda estaba o mítico Eddie Bo, un dos máis grandes do funk e rhythm'n'blues de New Orleans, que nesta ocasión se acompañaba pola banda Earl Stanley & The Stereos. Este 7'' foi a súa única publicación con dúas partes, unha por cada cara, e sonaba así de ben:


A maioría vos sonará esa liña de baixo polo tema de Yo La Tengo 'Pass the hatchet, i think i'm goodkind', que abría o seu álbum "I Am Not Afraid of You and I Will Beat Your Ass" (Matador, 2006) e alongaban ata os 10 minutos , igual que aumentaban o título, convertíndoa nunha peza fantástica, e que aínda se aprecia moito mellor en directo:


Pero aínda tiñamos a man algo máis para sorprender, outra versión do 'Pass the Hatchet' dos Tav Falco's Panther Burns no seu álbum de 1987 "The World we Knew" xusto no momento que poñían fin a súa época de sons máis primitivos, e aínda con Tav Falco en compañía de Alex Chilton:


E aínda atopamos unhas cantas máis que non coñecíamos mentres buscabamos estas polo youtube. Recomendámosvos dúas máis, esta do girl group The Godzillas, e outra moito máis recente de Gus Raucous.


martes, 4 de noviembre de 2014

John Waters "Carsick"

E outro libro máis que vos recomendamos hoxe, o novo de John Waters
Se seguides a súa filmografía e últimamente os seus libros, non vos debedes perder a súa última publicación: "Carsick", que ademáis chega ben recente da man de Caja Negra Editora, publicado en xuño nos USA, co titulo orixinal "Carsick. John Waters hitchhikes across America" (editado por Farrar, Straus and Giroux, 2014), subtitulado aquí como "De Baltimore a San Francisco con el pontífice del Trash", unha road movie disparatada no seu máis puro estilo.

John Waters "Carsick. De Baltimore a San Francisco con el pontífice del trash"
(Caja Negra Editora, 2014)


Así presentan Carsick na web de Caja Negra:

A los 66 años, John Waters sigue tomando riesgos y poniéndose a prueba. Con su lúcido ingenio, su delgado bigote y un cartel que reza “No soy un psicópata”, emprende un viaje a dedo desde su querida Baltimore natal hasta San Francisco, desafiando solitarios caminos y anónimos conductores para cumplir sus sueños de vagabundo glamoroso. Pero, ¿por quién deberíamos preocuparnos más? ¿Por el delicado director de cine con buenos modales? ¿O por los desprevenidos viajeros que transportan al Pontífice del Trash? 
Antes de embarcarse en esta audaz aventura, Waters fantasea con los mejores y los peores destinos posibles: un amistoso traficante de drogas le regala una suma importante de dinero para financiar sus proyectos, un corredor le hace una obscena propuesta sexual en medio de una carrera de coches, y una brigada homofóbica de Kansas lo lleva a prisión; en definitiva, las extravagantes escenas a las que nos tiene acostumbrados en sus películas. Pero, ¿qué es lo que realmente sucede cuando esta leyenda de culto asoma su pulgar a la ruta y se enfrenta a las peripecias de la carretera? Lejos de aquellas delirantes fantasías, con humor subversivo y cálida inteligencia, la mirada de Waters transforma las largas horas de espera en los caminos, las noches en anodinos hoteles de paso y la compañía de los ciudadanos comunes del interior de los Estados Unidos en una aventura encantadora. 

"Demasiada libertad sexual os convertirá en terroristas" textos de Pasolini

Nestas semanas a editorial Errata Naturae publico outra das súas estupendas recopilacións de textos, desta vez de Pasolini, incluíndo artigos, ensaios e apuntes. 
Este ten pinta de imprescindible!

Pier Paolo Pasolini "Demasiada libertad sexual os convertirá en terroristas"
(Errata Naturae, 2014)


Así o presentan na web de Errata Naturae:

Pier Paolo Pasolini fue un gran cineasta, un notable poeta, un extraordinario novelista y, tal como demuestra en el presente volumen, uno de los mayores ensayistas del siglo XX. Como pensador y como creador, Pasolini entendió que la auténtica provocación y una forma de escándalo que no fuera recuperable por el sistema de consumo cultural eran las armas más eficaces que poseía un intelectual. Y es precisamente este espíritu de la transgresión, entendido como reflexión lúcida, comprometida y a contracorriente, el que habita los ensayos que componen este libro —incluido el que le da título—, redactados a lo largo de más de treinta años e inéditos hasta ahora en nuestra lengua.

En este sentido, la presente antología se compone de un conjunto de textos que, atendiendo a su vitalidad intelectual, su alcance histórico y la belleza de su escritura, son de primer orden y dan cuenta del mejor Pasolini, crítico radical de nuestra cultura y ajeno a cualquier tipo de concesiones. En ellos se abordan temas fundamentales en la reflexión y la vivencia de este autor: la violencia y su extremo, la guerra; la educación, tal como se nos impone y tal como podría ser; eso que llamamos cultura, y la dialéctica crítica que ésta exige; la sociedad, siempre junto a la soledad de aquel que toma conciencia de su deriva; o la política, que para Pasolini no podía ser sino una estrategia de la resistencia.

El libro se cierra con dos documentos absolutamente excepcionales: un texto, publicado de forma póstuma apenas dos semanas después de la muerte de Pasolini, que el propio autor definió como «un testamento intelectual y espiritual»; y una última entrevista, brillante y brutal como todas, que tuvo lugar apenas cuatro horas antes de su asesinato. En ella Pasolini advertía de que «mientras nosotros estamos aquí hablando puede que haya alguien en el bar planeando liquidarnos», lo que no habla tanto de una premonición como de la estricta lucidez de quien ha tocado «la vida violenta» y conoce verdaderamente su lugar en el mundo.