Novo álbum do incombustible Neil Young, pero desta vez nada que ver con todo o anterior: unha orquestra de 92 músicos, un pequeno coro, e Neil Young. Na edición especial inclúe os mesmos dez temas de Young a soas coa súa guitarra, en plan demos. Temas instrumentais, autentico swing de big band ('SayHello! to Chicago'), e algunha peza de blues sorprendente con banda ('I want to drive my car' ou 'Like to used to do'), pero mellor que busquedes un momento axeitado para desfrutar deste "Storytone". Ademáis é o primeiro álbum que sae en sistema Pono, un novo formato de arquivos dixitais que Young leva varios anos desenrolando.
NEIL YOUNG "Storytone"
(Reprise, 2014)
No hay comentarios:
Publicar un comentario