Xa vos recomendamos noutras ocasións álbumes de Daptone Records, pero aínda nunca vos deixaramos por aquí ningún álbum dun dos seus buques insignia, Sharon Jones & The Dap-Kings, no que aparticipa o propio Bosco Mann, baixista e productor, e un dos fundadores do selo.
A formación orixinal facíase chamar The Soul Providers a mediados da década dos 90 como banda de acompañamento de Lee Fields, na que Sharon Jones chamou a atención como corista e decidiron montar un novo proxecto entorno a ela, e agora máis de 10 anos despois é un dos maiores referentes da escudería.
A comezos deste anos publicaron este "Give the People what they want", o sexto na súa conta, e este mesmo sábado estarán en directo no Auditorio do Mar de Vigo. Recomendado!!
SHARON JONES & The Dap-Kings "Give the people what they want"
(Daptone Records, 2014)
No hay comentarios:
Publicar un comentario