viernes, 7 de noviembre de 2014

The Litter "$100 fine"

Outro clásico para hoxe. Repasando agora o blog, nunca vos recomendamos ningún álbum de The Litter, aínda que o seu 'Action Woman' a miudo aparece polas nosas sesións. Sen dúbida ese tema foi o seu maior éxito, o seu primeiro single, incluído logo no seu primeiro Lp "Distortions" de 1967, e que incluso volveron a publicar con diferente cara b. Pero hoxe vos recomendamos o seu segundo disco: "$100 Fine". 
The Litter foi unha banda de Minneapolis, formáronse en 1966 e ata a súa disolución en 1969 nos deixaron tres álbumes e media ducia de sinxelos de moi bo nivel. Este "$100 Fine" foi o seu segundo álbum, de 1968, con máis matices que o anterior, no que case todo eran versións, nesta ocasión atopamos catro pero os seus propios temas son de un nivel maior e co característico xogo de guitarras de Rinaldi e Caplan e os momentos co sintetizador Moog. Con pezas de garage psych de máis alto voltaxe como a inicial 'Mindbreaker' saturada de fuzz, e outras máis orientadas cara o blues ácido e as melodías. As versión dos Small Faces, The Yardbyrds, Procol Harum e o 'She's Not there' de The Zombies en 9 minutos para rematar. Discazo!!

THE LITTER "$100 Fine"
(Hexagon, 1968)



No hay comentarios: