miércoles, 26 de noviembre de 2014

The Even Flow Experience. Concerto 22 nov.

Estabades máis que avisados. 
Xa vos dixemos que a volta de THE EVEN FLOW EXPERIENCE non ía ser cousa de un día, e tra-lo seu concerto de retorno no mes de setembro, dous meses despois ofrecéronnos outro show con moito do seu repertorio renovado.

Victor e Manolo incorporaron moitos temas novos no seu show, entre outros dos Foo Fighters, Smashing Pumpkins, Silverchair, Alice in Chains, Incubus... e moitos dos seus habituais, desta vez os dous a pelo, sen coloboración algunha, e ata máis de 20 temas.

Coma sempre, gracias a todos por achegarvos ó Rif-Rock unha noite máis para desfrutar da música en directo, e sobre todo nunha noite de choiva como a do pasado sábado. E sobre todo ó dúo de artistas pola súa fidelidade e compromiso. 
Seguide atentos, e non vos perdades as súas próximas entregas!!

Xa tedes todo o concerto do sábado subido nas anteriores entradas (pt 1 - pt 2 - pt 3pt 4 - pt 5) ou todo seguido en lista de reprodución:

No hay comentarios: