miércoles, 5 de noviembre de 2014

'Pass the Hatchet' Vs.

Xa hai moito tempo que non facemos unha desas entradas de covers, e como este fin de semana sábado nos preguntaron por un tema, xa temos escusa. O venres sonou o 'Pass the Hatchet' de Roger & The Gypsies, e nos nos viñeron a preguntar á cabina polo tema de Yo La Tengo...

"Pass the Hatchet" é un single publicado en 1965 polo selo Seven B polos efímeros Roger & The Gypsies, un tema de rítmica hipnótica e destinada para o baile, un auténtico experimento que foi todo un éxito. Pero o que moita xente non sabe é que detrás desta banda estaba o mítico Eddie Bo, un dos máis grandes do funk e rhythm'n'blues de New Orleans, que nesta ocasión se acompañaba pola banda Earl Stanley & The Stereos. Este 7'' foi a súa única publicación con dúas partes, unha por cada cara, e sonaba así de ben:


A maioría vos sonará esa liña de baixo polo tema de Yo La Tengo 'Pass the hatchet, i think i'm goodkind', que abría o seu álbum "I Am Not Afraid of You and I Will Beat Your Ass" (Matador, 2006) e alongaban ata os 10 minutos , igual que aumentaban o título, convertíndoa nunha peza fantástica, e que aínda se aprecia moito mellor en directo:


Pero aínda tiñamos a man algo máis para sorprender, outra versión do 'Pass the Hatchet' dos Tav Falco's Panther Burns no seu álbum de 1987 "The World we Knew" xusto no momento que poñían fin a súa época de sons máis primitivos, e aínda con Tav Falco en compañía de Alex Chilton:


E aínda atopamos unhas cantas máis que non coñecíamos mentres buscabamos estas polo youtube. Recomendámosvos dúas máis, esta do girl group The Godzillas, e outra moito máis recente de Gus Raucous.


No hay comentarios: