Hoxe imos con un deses álbumes fundamentais para comprender todo o que veu despois. Hüsker Dü comezaron como unha banda de hardcore punk furioso pero pronto comezaron a facerse o seu propio lugar na historia introducindo numerosos elementos que resultaron definitivos para toda a explosión do rock alternativo posterior.
O trío de Minnesota publicou en 1984 este impresionante "Zen Arcade", que co paso dos anos nunca deixará de impresionarme. Abandonan a obsesión polos canonazos de minuto e medio daquel "Land Speed Record", aínda que algún tiña que haber, e como pouco a pouco viñan adiantando no "Everything Falls Apart" e no "Metal Circus EP" (ambos de 1983) se centran máis nas melodías, incorporan guitarras acústicas, folk, psychodelia 60s, e ata xiros de jazz, pero mantendo os elementos esenciais do hardcore para abrir novas vías no xénero.
23 cortes para este álbum xigantesco, nos que atopamos unha boa morea dos nosos temas favoritos como 'Somehing I learned today', 'Never talking to you again', 'Masochism World', 'Pink turns to blue' ou 'Turn on the News'.
Agora que se cumpren 30 anos do seu lanzamento, non se me ocurre mellor álbum para escoitar unha e outra vez esta tempada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario