viernes, 27 de febrero de 2015
Nebula "Atomic Ritual"
Por suposto algo de stoner tiña que cair entre as recomendacións desta semana. Estou case seguro que Kurco tira máis polo clásico ortodoxo do xénero, mentres que a min sempre me tirou máis polos derivados máis psychodélicos que viñeron despois, sobre todo me quedos cos Nebula.
Naceron como unha excisión dos Fu Manchu en 1997, e nos seus primeiros anos firmaron un puñado de álbumes e eps impecables, dende os máis monolíticos "To the Center" ou "Sun Creature", ata o "Charged" no que comezou o cambio cara o ácido, pero sobre todo me encanta o son dos anos nos que coincidiron na formación Eddie Glass, Simon Moon e Ruben Romano, así que hoxe recomendovos este "Atomic Ritual" do 2002, aínda que teña a peor portada de toda a asúa discografía...
NEBULA "Atomic Ritual"
(Sweet Nothing / Liquor and Poker, 2002)
jueves, 26 de febrero de 2015
Où sont les Femmes?
Xa temos todo listo do noso programa de marzo Où sont les femmes?.
A comezos de samana lanzamos todo. Atentos!!
miércoles, 25 de febrero de 2015
The Buttshakers "Night Shift"
Este álbum xa volo recomendamos, hai un mes máis ou menos, cando publicamos no blog a nosa lista cos 5 discos do Black Grooves 2014 en medio de todo o material de Singles2014 co mellor do ano pasado, pero o fin de semana pasado nos preguntaron unhas cantas veces por The Buttshakers, así que aquí vai outra vez por separado, coa breve intro que fixemos entón:
Os franceses The Buttshakers foron uns dos grandes triunfadores do ano nas nosas sesións das Black Grooves. Despois do lonxano "Headaches and Heartaches" do 2010, e do ep do 2013 "Wicked Woman", a comezos do 2014 lanzaron o seu esperado segundo LP "Night Shift". 12 temazos de raw soul, rhythm'n'blues e funk de factura impecable, descaro groove e a potente voz de Ciara Thompson. Discazo!!.
martes, 24 de febrero de 2015
descarga Black Grooves!!
Aqui tedes unha selección da sesión do venres das Black Grooves!!
Un pouco máis longa do habitual con 26 temas dunha noite completa adicada as bandas máis actuais que de costume con funk, soul, rhythm'n'blues, acidjazz. e algún crossover máis que interesante. Metédelle volume!!
Un pouco máis longa do habitual con 26 temas dunha noite completa adicada as bandas máis actuais que de costume con funk, soul, rhythm'n'blues, acidjazz. e algún crossover máis que interesante. Metédelle volume!!
Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
(sesión Rif-Rock 20 febreiro 2015)
faite co volume 30 das Black Grooves!!
Back from the Grave Volume 10
O mes pasado vos comentábamos como Crypt Records retomaban a súa colección Back From the Grave co lanzamento do volumen 9 máis de 20 anos despois do anterior, e que prometían continuar. Pois ben, aquí está o volumen 10: "Sharling Snotty mid 60's Teenage Garage Punk Hoot!!", con The Orphans, The Expressions, It's Them, e James Bond & The Agents entre outros. A por el!!
V.A. "Back from the Grave. Volume 10"
(Crypt Records, 2015)
lunes, 23 de febrero de 2015
cambios na sesión Stoner do sábado
Sábado 28 febreiro 2015
SESIÓN STONER
Cousas de última hora:
Comomepós non poderá vir ata Cambados este sábado, así que a sesión de Stoner na que iba a compartir cabina con Kurco a convertimos nun Kurco Vs Munstphá e listo, pero o cartel xa nin lle tocamos.
De todos xeitos como seguro que tiña moito material preparado a ver se nos manda indicacións para que poñamos algo no seu nome.
Unha mágoa, pero seguro que así para a próxima ven con máis ganas.
Boa viaxe amigo!!
sábado, 21 de febrero de 2015
en marzo: Où sont les femmes?
Xa temos case todo listo para marzo, cunha programacion moi especial.
Aquí vai unha promo xa con moitas pistas...
viernes, 20 de febrero de 2015
jueves, 19 de febrero de 2015
miércoles, 18 de febrero de 2015
"813" Truffaut por Paula Bonet
Hoxe recomendámosvos un libro de ilustración e cine.
Seguramente coñeceredes a Paula Bonet, polos seus numerosos traballos dos últimos anos en publicidade, cartelería, ou polo recoñecible estilo das súas ilustracións. Agora está a presentar o seu novo libro.
Logo do seu debut editorial do ano pasado con "Que ocurre cuando en la pantalla aparece The End" (Lundwerg, 2014), a comezos de mes lanzouse este "813" (La Galera Editorial, 2015) unha revisión persoal do universo Truffaut a través das súas ilustracións.
Está dividido en catro capítulos. O primeiro trata sobre a biografía do director, e os restantes sobre tres das súas películas máis importantes: Jules et Jim (de 1961), La Peau Douce (La piel dulce, de 1964), e La Femme d'à côté (La mujer de al Lado, de 1981). O título "813" ven do número que Truffaut empregaba recurrentemente nos seus filmes como homenaxe a dúas das novelas de Arséne Lupin, de Maurice Leblanc (son dúas partes de 1910 e 1917).
Un libro precioso, sobre un dos nosos directores favoritos.
A ver se nos facemos rápido con el.
Ver na web de La Galera Editorial.
PAULA BONET "813. Truffaut por Paula Bonet"
(La Galera Editorial, 2015)
split de Travesti Afgano & Monstruo
Outro lanzamento que vos recomendamos do GZ Canibal. Unha nova entrega da serie de splits que estan lanzando dende o selo ourensán Discos Porno.
Este que vos deixamos hoxe é o que comparten os Travesti Afgano e Monstruo que lanzaron a finais do decembro pasado. Son catro temas: 'Sexo débil' e 'Electrotravesti' dos Travesti Afgano, e 'Nervios' e 'Doma, Cría' dos Monstruo
TRAVESTI AFGANO / MONSTRUO "Split"
(Discos Porno, 2014)
martes, 17 de febrero de 2015
Jaill "That's how we burn"
Ás veces sen querelo, atopas discos que noutro momento te deixaron alucinados pero que nunca volves saber deles, e onte nos atopamos con un deles. Esta é a banda que vos recomendamos hoxe: Jaill, son de Milwaukee, xenéricamente clasificados como banda indie, pero aportan moito máis. Tras varios anos de maquetas debutaron no 2009 co álbum "There's no sky" (anos despois reeditado por Burger Records), e para o seu segundo traballo ficharon por Sub Pop, lanzando no 2010 este "That's How we Burn" que vos recomendamos hoxe. Logo seguiron con "Traps" pero o seu efecto xa non foi o mesmo.
En "That's How we Burn" lembran ó indie máis urxente dos 90s, polas súas melodías e guitarras, pero adiantándose ó lo-fi que volveu despois. 12 temas de pop psychodélico cheo de guitarras e rítmica potente. Toda unha alegría atoparnos con el!! Discazo.
JAILL "That's How We Burn"
(Sub Pop, 2010)
lunes, 16 de febrero de 2015
viernes, 13 de febrero de 2015
jueves, 12 de febrero de 2015
The Black Keys "Chulahoma EP: The Songs of Junior Kimbrough"
E outro máis.
Xa sabedes que nos nos gusta nada o último rumbo que tomaron os Black Keys, pero seguimos desfrutando de todo o seu material anterior.
Unha desas rarezas que non tiñamos era este "Chulahoma EP: The Songs of Junior Kimbrough" que publicaron no 2006 con versións do mítico bluesman Junior Kimbrough, que somentes tivo un certo recoñecimento a comezos dos 90 co álbum "All Night Long" (editado por Fat Possum e coa produción de Robert Palmer). No 2006 The Black Keys publicaron este ep con que versionaban 7 dos seus temas, e no 2011 foi reeditado en sobre tranparente e vinilo impreso. Precioso por fora, e puro blues por dentro. Estes son os Black Keys que máis nos gustan.
THE BLACK KEYS "Chulahoma EP: The Songs of Junior Kimbrough"
(Fat Possum, 2006)
Cul de Sac & Damo Suzuki "Abhayamudra"
Antes de meternos a preparar as sesións para o entroido, aínda temos tempo a recomendarvos un par de álbumes máis cos que nos fixemos esta semana.
De primeiro unha desas rarezas que levabamos anos buscando, o álbum que sacou Damo Suzuki cos Cul de Sac no 2004.
Para despistados, o xaponés Damo Suzuki foi o primeiro vocalista da banda xermana de kraut-rock CAN, frontman e auténtico show da súa primeira formación entre 1970 e 1973. Despois estivo desaparecido do público ata a segunda metade da década de 1990 (agás un par de colaboración coa banda Dunkelziffer nos 80s), dende 1995 comezou a editar directos, publicar novos temas, así como todo o material que levaba recollido durante anos, e ademáis de colabarorar con moitas bandas (incluídos os cataláns Cuzo). A comezos dos 2000 escolleu á banda de Boston Cul de Sac como acompañamento para unha xira, e de ahí foi tomando forma este álbum dobre: "Abhayamudra" publicado no 2004, unha bestialidade de 11 temas que oscilan entre os 10 e os 20 minutos cada un, e todos levan por nome as cidades nas que supostamente foron desenrolados. Post-rock, Kraut, e psychodelia de alto voltaxe coa voz omnipresente de Suzuki. Tremendo!!.
CUL DE SAC & DAMO SUZUKI "Abhayamudra"
(Strange Attractors Audio House, 2004)
miércoles, 11 de febrero de 2015
Kyuss "Welcome to Sky Valley"
A finais de mes teremos na cabina do Rif-Rock a Kurco e Comomepós, cunha sesión de stoner. Aínda faltan un par de semanas, pero Comomepós xa vai quentando motores e retoma a actividade no seu blog OdioComicSans para repasar o "Welcome to Sky Valley" dos Kyuss. Visita recomendada.
programación febreiro 2015
Aínda queda por diante o mellor da nosa programación de febreiro:
- Sáb.14: JALEO VS MUNSTAPHÁ (Sábado de Entroido)
- Ven.20: Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!
- Sáb.28: KURCO VS COMOMEPÓS, sesión Stoner.
martes, 10 de febrero de 2015
The Sonics & Mudhoney split
Agora que The Sonics ameazan con un novo álbum, e usan como single de presentación o tema 'Bad Betty', aproveitamos para recomendarvos o split 7'' que publicaron o ano pasado xunto con Mudhoney (que poñian 'I Like it Small' na cara b) polo Record Store Day da man de Muddy Roots Records.
THE SONICS / MUDHONEY "Bad Betty / I Like it Small" split
(Muddy Roots Records, 2014)
Hoodoo Gurus "Gravy Train EP"
Volven os Hoodoo Gurus!! un dos emblemas do power pop australiado, e unha das nosas bandas favoritas. Dende 2011 levan publicando reedicións de vellos 7'' que estaban descatalogados para conmemora-lo 30 aniversario da banda, e no 2014 que se cumprían 30 anos do lanzamento do seu primeiro lp ("Stoneage Romeos") lanzan este Ep con 4 temas inéditos. 'Too bad, she's bad', 'I love a mystery' e 'Voodoo You' son tres descartes da súa primeira época que nunca antes foran publicados, e grabados de novo para esta lanzamento e unha versión máis longa de 'Leinany' que a leva ata os 6 minutos. Son só catro temas, pero xan os deixan con gañas de máis.
HOODOO GURUS "Gravy Train EP"
(Sony/ATV, 2014)
lunes, 9 de febrero de 2015
descarga Jamaican Roots!!
Aquí tedes un pouco máis de unha hora da sesión de onte mesmo.
Outra desas raras entregas das Black Grooves adicada ós vellos sons xamaicanos, desta vez con Don Drummond como protagonista. Ska, funk e moito rocksteady, ademáis de algúns covers ben interesantes. Pura dinamita!!
Outra desas raras entregas das Black Grooves adicada ós vellos sons xamaicanos, desta vez con Don Drummond como protagonista. Ska, funk e moito rocksteady, ademáis de algúns covers ben interesantes. Pura dinamita!!
Psych.Munstaphà "Jamaican Roots #3" (NSFSeries Vol.29)
(sesión Rif-Rock 6 febreiro 2015)
faite con Jamaican Roots Pure Dynamite#3!!
domingo, 8 de febrero de 2015
"Soul Jazz presents Studio One Rocksteady"·
Na sesión do venres nos pediron recomendacións para achegarse fácil a isto do rocksteady xamaicano. Evidentemente con un par de buscas atoparedes centos de referencias, e por suposto case todo o mundo coñece o selo británico Trojan Records polas suas caixas enciclopédicas, pero para o meu gusto prefiro toda a colección que dende finais dos anos 90 levan publicando dende Soul Jazz Records, un selo do que dende aquí vos recomendamos moitos dos seus lanzamentos, a miúdo de auténtica arqueoloxía musical.
Sobre música xamaicana teñen varias series a través de subselos, a primeira foi Dynamite!, da que levan 6 entregas fantásticas (do "100% Dynamite!" ata o 600% na colección principal, e ata case 20 referencias máis de momento), tamén recuperan material de pequenos selos da illa vía Universal Sounds e da World Audio Foundation, pero sobre todo a inesgotable Soul Jazz Studio One Series, que vai recuperando o material do selo Studio One do mítico productor Clement Seymour Dodd "Sir Coxsone", vía recopilatorios ou con algúns dos seus principais referentes como Jackie Mittoo ou Sugar Minott. Aquí atoparedes a día de hoxe máis de 70 referenciasa dicadas ó Ska, Rocksteady, Soul, Funk, Dub, Roots, Djs... Recoméndovos que vos metades a buscar ahí ben a fondo, pero por escoller un, hoxe me quedo co último co que nos fixemos no Rif-Rock, o "Studio One Rocksteady (Rocksteady, Soul and early reggae at Studio One)" que lanzaron no 2014 (referencia SJR LP277) con The Eternals, Jackie Mittoo, The Classics, The Heptones, Duke Morgan...
Outra marabilla máis marca da casa, pero tedes moitas coas que comezar.
V.A. "Soul Jazz presents Studio One Rocksteady
(Rocksteady, Soul and early Reggae at Studio One)"
(Soul Jazz Records, 2014)
sábado, 7 de febrero de 2015
viernes, 6 de febrero de 2015
jueves, 5 de febrero de 2015
Ricked Wicky "I Sell the Circus"
Máis proxectos da cabeza incansable de Robert Pollard. Os seus incondicionais estamos de noraboa neste comezo do 2015 co lanzamento de Ricked Wicky, a nova banda de Pollard, coma un cruce entre os Guided by Voices e os Boston Spaceships, máis sofisticado que os primeiros e máis informal que os segundos. Pollard dixo sopre Ricked Wicky que foi o primeiro nome que pensou para un dos seus grupos na adolescencia, e 40 anos despois puido desquitarse.
Xa publicou tres singles en 7'' con "Piss Face /Temporarily Inane", "Mobility /Imminent Fall From Grace" e "Death Metal Kid /Hopefully Not in the Fall" e unhas edicións estupendas como nos ten acostumado, e agora ó fin temos o álbum "I Sell the Circus" que igual ten un dos deseños máis cutres dos que lle temos visto a Pollard en moito tempo, pero eso en realidade é o de menos.
Sexades incondicionais seus ou non, recomendado!!
RICKED WICKY "I Sell the Circus"
(GbV/Fire Records, 2015)
miércoles, 4 de febrero de 2015
"Jesus Loves the Wah-Wah. Un Tributo a Los Contentos"
Poucas cousas hai máis satisfactorias nisto da música que cando se fai xustiza a unha banda que non a tivo no seu momento. E algo parecido está acontencendo con Los Contentos. O ano pasado en marzo se publicaba o libro "Cuándo Ríes. Los Contentos (Unos Malditos Pioneros del Garage)" de Fernando Fernández Rego e do propio Piti Sanz [ver entrada] no que repasaban a súa historia, através de entrevistas, chea de anécdotas, e tentando recoller todo o seu legado, e ademáis se acompañaba co cd "Unknown Pirate: Live!" cun directo rescatado de vellos cassettes que nunca antes fora publicado.
A comezos do vran comezou a campaña de crowfunding para sacar adiante a edición deste fantástico vinilo "Jesus Loves the Wah-Wah. Un tributo a Los Contentos", que finalmente se presentou en decembro, e hoxe xa o temos nas nosas máns.
Era un proxecto que levaba varios anos agardando no caixón, pendente de financiamento, de feito algunha das bandas participantes xa nen existe, e algunha incluso tivo tempo a separarse e volver de novo.
Son 15 temas con Josele Santiago y Los Profesionales, Mega Purple Sex Toy Kit, Los Casanovas, Ultracuerpos, Guru Deva, Los Wrayajos, Bummer, Siniestro Total & Luis Tosar, Nicolás, Samesugas, Piti Sanz (en solitario), Individuos, Los Eternos, The Murrays, e Franky Baltimore & The Rhythm Section.
Se queredes botarlle unha escoita pasádevos polo seu bandcamp, pero mellor que vos fagades rápido con el, que voan!!
V.A. "Jesus Loves the Wah-Wah. Un tributo a LOS CONTENTOS"
(Loony Records, 2014)
martes, 3 de febrero de 2015
Pardo "Let it Stay"
Novo traballo de Néstor Pardo en solitario para arrancar o 2015, chámase "Let it Stay" e unha vez máis recurreu á autoprodución para sacar a diante estes novos 12 temas. Folk USA de fondas raíces, country, e todo acústico e a pelo. Xa dispoñible en digipack (New H Records), pero antes podedes pasar polo seu bandcamp.
PARDO "Let it Stay"
(New H Records, 2015)
lunes, 2 de febrero de 2015
Sáb.28: sesión Stoner (Kurco Vs Comomepos)
E para rematar o mes, unha noite de caña da boa, con Kurco e Comomepos na cabina cunha sesión de stoner, potente, lisérxico e velenoso.
domingo, 1 de febrero de 2015
Ven.20: Black Grooves!
O venres 20 unha nova entrega da serie Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!
desta vez con bandas móito máis actuais do habitual.
desta vez con bandas móito máis actuais do habitual.
Sáb.14: JALEO VS MUNSTAPHÁ
Seguimos adiantándovos a programación deste mes de febreiro.
Para o sábado de entoido volve JALEO!! desta vez man a man con Munstphá.
O 14 de febreiro, non vo-lo perdades!!
Para o sábado de entoido volve JALEO!! desta vez man a man con Munstphá.
O 14 de febreiro, non vo-lo perdades!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)