Por suposto algo de stoner tiña que cair entre as recomendacións desta semana. Estou case seguro que Kurco tira máis polo clásico ortodoxo do xénero, mentres que a min sempre me tirou máis polos derivados máis psychodélicos que viñeron despois, sobre todo me quedos cos Nebula.
Naceron como unha excisión dos Fu Manchu en 1997, e nos seus primeiros anos firmaron un puñado de álbumes e eps impecables, dende os máis monolíticos "To the Center" ou "Sun Creature", ata o "Charged" no que comezou o cambio cara o ácido, pero sobre todo me encanta o son dos anos nos que coincidiron na formación Eddie Glass, Simon Moon e Ruben Romano, así que hoxe recomendovos este "Atomic Ritual" do 2002, aínda que teña a peor portada de toda a asúa discografía...
NEBULA "Atomic Ritual"
(Sweet Nothing / Liquor and Poker, 2002)
No hay comentarios:
Publicar un comentario