domingo, 8 de febrero de 2015

"Soul Jazz presents Studio One Rocksteady"·

Na sesión do venres nos pediron recomendacións para achegarse fácil a isto do rocksteady xamaicano. Evidentemente con un par de buscas atoparedes centos de referencias, e por suposto case todo o mundo coñece o selo británico Trojan Records polas suas caixas enciclopédicas, pero para o meu gusto prefiro toda a colección que dende finais dos anos 90 levan publicando dende Soul Jazz Records, un selo do que dende aquí vos recomendamos moitos dos seus lanzamentos, a miúdo de auténtica arqueoloxía musical. 
Sobre música xamaicana teñen varias series a través de subselos, a primeira foi Dynamite!, da que levan 6 entregas fantásticas (do "100% Dynamite!" ata o 600% na colección principal, e ata case 20 referencias máis de momento), tamén recuperan material de pequenos selos da illa vía Universal Sounds e da World Audio Foundation, pero sobre todo a inesgotable Soul Jazz Studio One Series, que vai recuperando o material do selo Studio One do mítico productor Clement Seymour Dodd "Sir Coxsone", vía recopilatorios ou con algúns dos seus principais referentes como Jackie Mittoo ou Sugar Minott. Aquí atoparedes a día de hoxe máis de 70 referenciasa dicadas ó Ska, Rocksteady, Soul, Funk, Dub, Roots, Djs... Recoméndovos que vos metades a buscar ahí ben a fondo, pero por escoller un, hoxe me quedo co último co que nos fixemos no Rif-Rock, o "Studio One Rocksteady (Rocksteady, Soul and early reggae at Studio One)" que lanzaron no 2014 (referencia SJR LP277) con The Eternals, Jackie Mittoo, The Classics, The Heptones, Duke Morgan... 
Outra marabilla máis marca da casa, pero tedes moitas coas que comezar.

V.A. "Soul Jazz presents Studio One Rocksteady 
(Rocksteady, Soul and early Reggae at Studio One)"
(Soul Jazz Records, 2014)




No hay comentarios: