Máis proxectos da cabeza incansable de Robert Pollard. Os seus incondicionais estamos de noraboa neste comezo do 2015 co lanzamento de Ricked Wicky, a nova banda de Pollard, coma un cruce entre os Guided by Voices e os Boston Spaceships, máis sofisticado que os primeiros e máis informal que os segundos. Pollard dixo sopre Ricked Wicky que foi o primeiro nome que pensou para un dos seus grupos na adolescencia, e 40 anos despois puido desquitarse.
Xa publicou tres singles en 7'' con "Piss Face /Temporarily Inane", "Mobility /Imminent Fall From Grace" e "Death Metal Kid /Hopefully Not in the Fall" e unhas edicións estupendas como nos ten acostumado, e agora ó fin temos o álbum "I Sell the Circus" que igual ten un dos deseños máis cutres dos que lle temos visto a Pollard en moito tempo, pero eso en realidade é o de menos.
Sexades incondicionais seus ou non, recomendado!!
RICKED WICKY "I Sell the Circus"
(GbV/Fire Records, 2015)
No hay comentarios:
Publicar un comentario