Ás veces sen querelo, atopas discos que noutro momento te deixaron alucinados pero que nunca volves saber deles, e onte nos atopamos con un deles. Esta é a banda que vos recomendamos hoxe: Jaill, son de Milwaukee, xenéricamente clasificados como banda indie, pero aportan moito máis. Tras varios anos de maquetas debutaron no 2009 co álbum "There's no sky" (anos despois reeditado por Burger Records), e para o seu segundo traballo ficharon por Sub Pop, lanzando no 2010 este "That's How we Burn" que vos recomendamos hoxe. Logo seguiron con "Traps" pero o seu efecto xa non foi o mesmo.
En "That's How we Burn" lembran ó indie máis urxente dos 90s, polas súas melodías e guitarras, pero adiantándose ó lo-fi que volveu despois. 12 temas de pop psychodélico cheo de guitarras e rítmica potente. Toda unha alegría atoparnos con el!! Discazo.
JAILL "That's How We Burn"
(Sub Pop, 2010)
No hay comentarios:
Publicar un comentario