Antes de meternos a preparar as sesións para o entroido, aínda temos tempo a recomendarvos un par de álbumes máis cos que nos fixemos esta semana.
De primeiro unha desas rarezas que levabamos anos buscando, o álbum que sacou Damo Suzuki cos Cul de Sac no 2004.
Para despistados, o xaponés Damo Suzuki foi o primeiro vocalista da banda xermana de kraut-rock CAN, frontman e auténtico show da súa primeira formación entre 1970 e 1973. Despois estivo desaparecido do público ata a segunda metade da década de 1990 (agás un par de colaboración coa banda Dunkelziffer nos 80s), dende 1995 comezou a editar directos, publicar novos temas, así como todo o material que levaba recollido durante anos, e ademáis de colabarorar con moitas bandas (incluídos os cataláns Cuzo). A comezos dos 2000 escolleu á banda de Boston Cul de Sac como acompañamento para unha xira, e de ahí foi tomando forma este álbum dobre: "Abhayamudra" publicado no 2004, unha bestialidade de 11 temas que oscilan entre os 10 e os 20 minutos cada un, e todos levan por nome as cidades nas que supostamente foron desenrolados. Post-rock, Kraut, e psychodelia de alto voltaxe coa voz omnipresente de Suzuki. Tremendo!!.
CUL DE SAC & DAMO SUZUKI "Abhayamudra"
(Strange Attractors Audio House, 2004)
No hay comentarios:
Publicar un comentario