miércoles, 4 de febrero de 2015

"Jesus Loves the Wah-Wah. Un Tributo a Los Contentos"

Poucas cousas hai máis satisfactorias nisto da música que cando se fai xustiza a unha banda que non a tivo no seu momento. E algo parecido está acontencendo con Los Contentos. O ano pasado en marzo se publicaba o libro "Cuándo Ríes. Los Contentos (Unos Malditos Pioneros del Garage)" de Fernando Fernández Rego e do propio Piti Sanz [ver entrada] no que repasaban a súa historia, através de entrevistas, chea de anécdotas, e tentando recoller todo o seu legado, e ademáis se acompañaba co cd "Unknown Pirate: Live!" cun directo rescatado de vellos cassettes que nunca antes fora publicado.
A comezos do vran comezou a campaña de crowfunding para sacar adiante a edición deste fantástico vinilo "Jesus Loves the Wah-Wah. Un tributo a Los Contentos", que finalmente se presentou en decembro, e hoxe xa o temos nas nosas máns. 
Era un proxecto que levaba varios anos agardando no caixón, pendente de financiamento, de feito algunha das bandas participantes xa nen existe, e algunha incluso tivo tempo a separarse e volver de novo.
Son 15 temas con Josele Santiago y Los Profesionales, Mega Purple Sex Toy Kit, Los Casanovas, Ultracuerpos, Guru Deva, Los Wrayajos, Bummer, Siniestro Total & Luis Tosar, Nicolás, Samesugas, Piti Sanz (en solitario), Individuos, Los Eternos, The Murrays, e Franky Baltimore & The Rhythm Section.
Se queredes botarlle unha escoita pasádevos polo seu bandcamp, pero mellor que vos fagades rápido con el, que voan!!

V.A. "Jesus Loves the Wah-Wah. Un tributo a LOS CONTENTOS"
(Loony Records, 2014)



No hay comentarios: