miércoles, 18 de febrero de 2015

"813" Truffaut por Paula Bonet

Hoxe recomendámosvos un libro de ilustración e cine.
Seguramente coñeceredes a Paula Bonet, polos seus numerosos traballos dos últimos anos en publicidade, cartelería, ou polo recoñecible estilo das súas ilustracións. Agora está a presentar o seu novo libro.
Logo do seu debut editorial do ano pasado con "Que ocurre cuando en la pantalla aparece The End" (Lundwerg, 2014), a comezos de mes lanzouse este "813" (La Galera Editorial, 2015) unha revisión persoal do universo Truffaut a través das súas ilustracións. 
Está dividido en catro capítulos. O primeiro trata sobre a biografía do director, e os restantes sobre tres das súas películas máis importantes: Jules et Jim (de 1961), La Peau Douce (La piel dulce, de 1964), e La Femme d'à côté (La mujer de al Lado, de 1981). O título "813" ven do número que Truffaut empregaba recurrentemente nos seus filmes como homenaxe a dúas das novelas de Arséne Lupin, de Maurice Leblanc (son dúas partes de 1910 e 1917). 
Un libro precioso, sobre un dos nosos directores favoritos. 
A ver se nos facemos rápido con el.

PAULA BONET "813. Truffaut por Paula Bonet"
(La Galera Editorial, 2015)



No hay comentarios: