viernes, 29 de mayo de 2015
jueves, 28 de mayo de 2015
Lou Donaldson "Alligator Boogaloo"
E imos con outro álbum xa para introducir a sesión de mañan, aínda que tiraremos moito máis polo baile, aquí vos recomendamos un pouco máis de jazz. Un dos discos máis míticos do saxofonista Lou Donaldson, unha desas figuras imprescindibles nos últimos cambios do xénero, do bebop ó hardbop, dende que comezara nos 50s con Thelonious Monk, cos Jazz Messengers de Art Blackey ou Jimmy Smith, lanzouse como frontman a finais dos 50s e nos 60s foi un dos que levaron máis lonxe aquelo do soul jazz, aínda que o seu saxo alto sempre soou a puro blues . Unha boa mostra é este "Alligator Boogaloo", con seis cortes entre os que me quedo co propio 'Alligator Boogaloo', 'Rev.Moses' ou 'Aw Shucks!'. Entre os músicos a guitarra de George Benson, e co impresionante Idris Muhammad na batería (iso si, nos créditos Leo Morris, antes de cambiarse de nome). Un clasicazo para desfrutar ben relaxado.
LOU DONALDSON "Alligator Boogaloo"
(Blue Note, 1967)
Olivia Jean "Bathtub Love Killings"
Hoxe recomendámosvos un álbum do ano pasado, entre eses ós que non lle fixemos moito caso, pero que cando hai alguén que cho recomenda unha e outra vez, hai que facerlle caso. É o debut en solitario de Olivia Jean, compoñente das The Black Belles, e foi o último pelotazo da factoría de Jack White Third Man Records, aparte do seu propio álbum. O álbum titúlase "Bathtub Love Killings" e alónxase no estético do rollo goth das Black Belles para lanzarse ó power pop con toques 60s, ás veces twee pop, e todo cheo de cor. Son 11 temas nos que Olivia Jean se encarga de gravar tódo-los instrumentos, además da producción de Jack White por suposto. O single 'Reminisce' xa foi un bó pelotazo, como 'December' ou 'Mistakes', sobre todo funcionan os temas sinxelos e directos, aínda que nalgúns temas os estropea coa intervención de White, e o seu empeño polo barroquismo nas estructuras. Pero moi recomendable.
OLIVIA JEAN "Bathtub Love Killings"
(Third Man Records, 2014)
"Los Eskizos. Electricidad a contracorriente"
E outro libro que vos recomendamos esta semana. A biografía de Los Eskizos.
Igual que nos últimos meses chegaron libros e álbumes de homenaxe a Los Contentos, agora chega o turno doutros pioneiro do garage psych na escena galega, os coruñeses Los Eskizos, de Javier Becerra.
"Los Eskizos. Electricidad a Contracorriente" fai un repaso da súa historia, dende o xermen con Skizofrenia Colectiva, ata o concerto de reunión do ano pasado, con entrevistas ós protagonistas, anécdoras e moitas fotografías inéditas.
Atoparedes unha boa reseña en La Fonoteca.
Javier Becerra "Los Eskizos. Electricidad a Contracorriente"
(Ediciones Díscolas, 2015)
"Los Pekenikes: su auténtica historia" presentación
Unha recomendación para hoxe mesmo, se vos podedes achegar a Compostela.
A presentación do libro "Los Pekenikes: su auténtica historia" de Igancio Martín Sequeros, un dos fundadores do grupo xunto cos irmáns Sáinz, coa intervención de Xurxo Fernández, Alfonso Espiño, Fernando Ferreira e Ángel Segade. Ademáis concerto do propio Igancio Martín. Esta tarde dende as 20h. na Reixa.
miércoles, 27 de mayo de 2015
20 xuño: DEAD WOOD + Calambres!
E xa vos avisamos a semana pasada de que tiñades que ir reservando o 20 de xuño nas vosas axendas: DEAD WOOD en directo, e ademáis a sesión de Michi Calambres despois do concerto! A nosa banda favorita, e o noso gurú na cabina, un plan perfecto!! Pero igual aínda lle engadimos algo máis. Xa vos avisaremos.
Apuntade o día, e non vo-lo perdades!!!
Sáb.6 xuño: JALEO!!
Imos adiantando datas de xuño.
O Sábado 6 comezamos con Jaleo!!
unha sesión de remixes & covers, non vo-lo perdades!
O Sábado 6 comezamos con Jaleo!!
unha sesión de remixes & covers, non vo-lo perdades!
martes, 26 de mayo de 2015
descarga sesión do Chief Bromden!
Aqui tedes case unha hora da sesión do Chief Bromden do sábado pasado ó mando da nosa cabina noutra entrega das Black Grooves!!
Funk, soul, rhythm'n'blues e boogaloo. Metédelle volume!!
CHIEF BROMDEN "Screamin'Funk" (NSF32)
(sesión Rif-Rock 23 maio 2015)
faite coa sesión do Chief Bromden aquí!
Foxy Freire "Mongoose Tree"
Nos últimos meses xa vos fumos adiantando o lanzamento do álbum de debut dos Foxy Freire. E xa está aquí. "Mongoose Tree", ademáis dos temas que nos tiñan avanzado, son 12 temas de hard rock sen concesións, toques psych, stoner, e co retrovison sempre nos 70s.
Xa o podedes escoitar completo no seu bandcamp, e facervos con el en cd ou vinilo, nos seus concertos ou na súa web (foxyfreire.es). Recomendado!!
Foxy Freire "Mongoose Tree"
(Foxy Freire / Free Code Jazz Records, 2015)
"Luis Rei, crónica de traballos e amizades"
O pasado 16 de maio Luis Rei recibiu o XII Premio Ramón Cabanillas que entregan os libreiros de Cambados (Librarías Cabanillas e Contos), a ademáis presentouse este pequeno libro de homenaxe, escrito polos seus amigos e colaboradores nas numerosas iniciativas das que ten participado, sempre entre Cambados e O Grove, leva por título "Luis Rei. Crónica de traballos e amizades", non vo-lo perdades!.
Tamén vos recomendamos unha boa entrevista que se publicou en La Voz de Galicia o 17 de maio.
lunes, 25 de mayo de 2015
viernes, 22 de mayo de 2015
20 de xuño: apuntádeo!!
Xa vos podemos ir adiantando unha data para o próximo mes.
Deberiades ir reservando o sábado 20 de xuño nas vosas axendas. Só unha pista: o noso grupo favorito, e o noso pincha favorito!! Todo xunto nunha noite para ir quentando cara o aniversario.
Atentos!!
jueves, 21 de mayo de 2015
NORTHERN LIGHTS, o concerto.
O sábado pasado volveron os NORTHERN LIGHTS en directo ó Rif-Rock. Logo de debutar o pasado xullo durante o noso 15º Aniversario, escolléronnos unha vez máis para presenta-los seus novos temas.
Vinte temas en dous pases, a maioría repertorio propio a dúo de teclados e guitarra, voces en galego, francés e inglés. As versións de Ben Harper, Foo Fighters, Jack Johnson e de Jacques Dutronc vía Mathieu Chedid, e incluso se versionaron a símesmos.
Gracias a Bruno e Mateo por escollernos para os seus shows, a Kike Barreiro polo soporte técnico, e por suposto a todos por vir. Sen dúbida unha noite estupenda.
Xa tedes todo subido na nosa canle de youtube, e neste blog repartido nas entradas anteriores (pt1 - pt2 - pt3 - pt4 - pt5) ou todo seguido en lista de reproducción:
Xa tedes todo subido na nosa canle de youtube, e neste blog repartido nas entradas anteriores (pt1 - pt2 - pt3 - pt4 - pt5) ou todo seguido en lista de reproducción:
miércoles, 20 de mayo de 2015
martes, 19 de mayo de 2015
Thee Oh Sees "Mutilator Defeated at Last"
E outra novidade hoxe, este sí, un dos máis agardados deste ano, o novo dos Thee Oh Sees que acaba de sair tamén este luns.
Tra-lo pèlotazo que diron co Floating Coffin' tentaron unha pausa, separáronse, volveron, colleron un descanso... pero o final siguen a disco por ano que é o que nos importa a nós. E aquí están de novo con "Mutilator Defeated as Last", outro discazo marca da casa, comezan coa espectacular 'Web' kraut de altura, como en 'Lupine Ossuary', cañonazos como 'Whithered Hand' e 'Rogue Planet', a pausa acústica de 'Holy Smoke' ou a intensidade de 'Sticky Hulks' ou 'Palace Doctor'.
Este sí! do mellor do ano, non o deixedes pasar!
Este sí! do mellor do ano, non o deixedes pasar!
THEE OH SEES "Mutilator Defeated at Last"
(Castle Face Records, 2015)
The Fall "Sub-Lingual Tablet"
A semana pasada recuperábamos o primeiro álbum de The Fall, e xa vos avisabamos que o novo estaba a chegar. Este luns lanzouse "Sub-Lingual Tablet", e se me coñececes xa sabedes das gañas que tiña!! Nótase que Mark E. Smith faise vello, porque volve a repetir formación, iso debe ser que igual se lle vai ablandando o caracter, coa única variación de incorporar un segundo baterista.
Son once temas, que presenta con diferentes mesturas dalgúns temas nas edicións de cd e vinilo. Once temas nos que case se reflicten tódo-los paus que tocou nos últimos anos punk rítmico, fusioso, cachondo e socarrón, kraut, momentos de electrónica e pezas nas que perde o control por completo, pero por suposto sempre segue soando a The Fall, dende a apertura con 'Venice with the Girls', os xoguetes de 'Black Door', os canonazos de 'Stout Man' e 'Quit iPhone' ou os dez minutos de 'Auto Chip 2014-2016'. Xa sabedes que con estos non son nada obxectivo, pero recomendado!
THE FALL "Sub-Lingual Tablet"
(Cherry Red Records, 2015)
lunes, 18 de mayo de 2015
Northern Lights
Gran noite o sábado cos Northern Lights.
Gracias Bruno e Mateo polo show, cousa bonita! e a Kike polo soporte técnico, e por suposto a todos por vir! En un par de días fotos tódo-los videos.
Gracias Bruno e Mateo polo show, cousa bonita! e a Kike polo soporte técnico, e por suposto a todos por vir! En un par de días fotos tódo-los videos.
domingo, 17 de mayo de 2015
Día das Letras 2015
Seguro que aínda estades coa resaca de onte, do concerto, e da sesión de despois do GZ Canibal, pois aquí vai unha recomendación para este Día das Letras, algo moi sinxelo, pero do máis grande de todos.
Hai un par de semanas nos atopamos nunha libraría de vello unha edicion bastante antiga do Ollo de Vidro de Castelao. A edición orixinal de "Un Ollo de Vidro, Memorias dun Esquelete" foi lanzado por Céltiga en 1922, e aquí vos deixamos un anuncio que nos atopamos pola rede.
Bó Día das Letras a todos! Saúde!
viernes, 15 de mayo de 2015
NORTHERN LIGHTS en concerto [+GZ Canibal]
E mañán volvemos coa música en directo ó Rif-Rock.
Os protagonistas serán NORTHERN LIGHTS, que despois de debutar en directo nos concertos do noso 15º Aniversario, escollennos unha vez máis para amosar ao público os seus novos temas.
E como esa noite comeza o Día das Letras, despois do concerto, sesión GZ Canibal a cargo de Marinocha & Munstaphà dende a cabina.
Un plan ben completo. Non vo-lo perdades!!
jueves, 14 de mayo de 2015
Joy Division "An Ideal for Living EP"
Despois de tantos anos conmemorando cada aniversario da morte de Ian Curtis, ó certo é que non queda moito material de Joy Division que recomendarvos a estas alturas, por non caer nas reedicións dos últimos anos, e que non paran de saír, todas en plan remastered & expanded con temas en directo para completar.
Pero caímos na conta de que había algún que non soltaramos neste blog, e foi precisamente o primeiro. O seu primeiro EP "An Ideal for Living", o primeiro lanzamento co nome de Joy Division, de feito cando gravaron aínda se chamaban Warsaw, e xusto antes de firmar por Factory Records. Incluía 'Warsaw', 'No Love Lost', 'Leaders of Men' e 'Failures', dous temas que adiantaban todo o que viría despois, e dous trallazos de punk rítmico e furioso do que deixaron atrás dende entón.
Para o Record Store Day do ano pasado lanzouse unha reedición a cargo de Rhino, coas remasterizacións dos temas que se fixeron no 2010 para o "+/- Remastered Singles 1978-80" e do que aínda non sei porque non lle respectaron a portada orixinal.
JOY DIVISION "An Ideal for Living EP"
(Enigma, 1979)
The Fall "Live at the Witch Trials"
E aínda nos faltaba un clasicazo, dos da nosa colección particualar. Porque xa sabedes que por moito homenaxe que lle fagamos a Joy Division, a miña banda favorita de Manchester son The Fall. E sin ser de Manchester tamén, claro...
Ó mesmo tempo que Joy Division gravaban e lanzaban o seu primeiro ep, Mark E. Smith gravaba o seu álbum de debut con The Fall "Live at the Witch Trials", e non, non é un directo, foi gravado nun só día e coa producción de Bob Sargeant e mesturado ó dia seguinte. Pero ese día de gravación debeu ser realmente coma presenciar un xuizo de bruxas coma o que mencionan no título, xa que dende entón Mark E. Smith quedouse só coa banda para sempre, ata hoxe.
Na súa edición orixinal eran 11 temas nos que aparecen un bo puñado de temas habituais nos seus recopilatorios, e con poucos experimentos (só o corte que da título ó álbum), todo centrado na rítmica e nas parrafadas de Smith, así atoparedes 'Frightened', 'Crap Rap and Like to Blow', 'Rebellious Jukebox', 'Industrial State' ou 'Mother Sister!'. Logo foi editado bastantes veces por Cog Sinister e Castle con moitísimo material extra dos meses anteriores á gravación final.
Un clasicazo, da nosa colección.
E a próxima semana xa voltaremos a falar de The Fall co seu novo álbum...
THE FALL "Live at the Witch Trials"
(Step Forward Records, 1979)
"Adrian Sherwood at the Controls Vol.1 1979-84"
Na sesión do venres de homenaxe a Ian Curtis, tamén soarán, coma en tóda-las sesións intermitentes da nosa cabina, directos, covers e bandas afíns, así que preparádevos para moito post-punk de Manchester. Repasando material atopamos esta marabilla recén saída. "Sherwood at the Controls Volume 1: 1979-1984" que é o primeiro volume que recopila os traballos do productor Adrian Sherwood, un imprescindible para comprende-lo post-punk da época e que logo se lanzou coas banda de dub e ska dos 80s e a electrónica.
Neste primeiro volume xunta pezas de Medium Medium, The Fall, The Slits, Deadly Headly ou Maffia. Atentos a seguintes entregas.
V.A. (Adrian Sherwood) "Sherwood at the Controls Vol. 1 (1979-84)"
(On-U Sound, 2015)
Luis Rei, premio Cabanillas
Este sábado os Libreiros de Cambados (Librs. Cabanillas e Contos) entregan o XII Premio Ramón Cabanillas. O merecidísimo galardoado deste ano é Luis Rei, unha figura capital na investigación e divulgación cultural, da historia da nosa vila e comarca, e o maior experto en Cabanillas.
A cita é o Sábado 16 as 20h. no Auditorio da Xuventude.
Noraboa Luis!
[foto: La Voz de Galicia]
miércoles, 13 de mayo de 2015
programación de maio2015
Aínda queda por diante moito da nosa programación de Maio2015 no Rif-Rock.
Comezando por este mesmo fin de semana que chega ben cargado!!
· Venres 15 maio: 35 anos sen Ian Curtis.
[Sesión intermitente Joy Division]
· Venres 15 maio: 35 anos sen Ian Curtis.
[Sesión intermitente Joy Division]
· Sábado 16 maio: NORTHERN LIGHTS
[en CONCERTO dende as 23:45].
+ sesión GZ Canibal
+ sesión GZ Canibal
[Marinocha&Munstaphá]
· Sábado 23 maio: CHIEF BROMDEN (Screamin'Funk!)
· Sábado 29 maio: Fuck'U Whiteys... Black Grooves!.
martes, 12 de mayo de 2015
The Lovely Eggs "This is Our Nowhere"
O dúo The Lovely Eggs volven á carga con este "This is our nowhere". Xa vos recomendaramos o single de adianto hai uns meses, e agora chegan co cuarto lp da súa carreira, sen ningún tipo de ataduras, pop naïf con letras absurdas, e continuos cambios de escándalo. Aínda que os seus 10 temas son máis homoxéneos que en entregas anteriores seguen a manter ese puntazo que non sabes por donde vai sair cada tema, dende a brasa inicial de 'Ordinary People Unite', ás melodías de 'Goofin' Around', e a fantástica 'Magic Onion'. Cos anos perden ese toque de sorpresa con cada disco, pero seguen a ser do máis divertido dos últimos anos. Auténtico DIY sen complexos.
THE LOVELY EGGS "This is Our Nowhere"
(Norman Records, 2015)
Jacco Gardner "Hypnophobia"
Nas últimas semanas o sr Calambres estivo a enviarnos moitas novidades discografícas. Xa vo-las iremos recomendando pouco a pouco, pero unha das que non deixamos de escoitar nestes días é o novo traballo do holandése Jacco Gardner. "Hypnophobia" é o seu segundo álbum, coa mirada sempre posta en The Byrds, Left Banke, Syd Barrett ou Soft Machine, sempre entre o folk e a psychodelia dos 60s. Unha continuidade perfecta do anterior "Cabinet of Curiosities", limpo, luminoso e brillante, no que unha vez máis Gardner se encarga de tódo-los instrumentos (creo que todo menos a percusión) ademáis da producción, e os deseños de Julian House, estupendos.
JACCO GARDNER "Hypnophobia"
(Polyvinyl / Full Time Hobby, 2015)
lunes, 11 de mayo de 2015
Artefacto Salnés 2015
O venres inaugurouse no Pazo de Torrado unha nova entrega da exposición Arfacto Salnés, do IES Ramón Cabanillas, que coma sempre amosa pezas de artistas da comarca coas de alumnos do instituto.
Sempre recomendable. Tedes ata xuño para visitala.
Sempre recomendable. Tedes ata xuño para visitala.
este sábado NORTHERN LIGHTS + GZ Canibal
Este sábado volve a música en directo ó Rif-Rock.
Os protagonistas serán NORTHERN LIGHTS, que despois de debutar en directo nos concertos do noso 15º Aniversario, escollennos unha vez máis para amosar ao público os seus novos temas.
E como esa noite comeza o Día das Letras, despois do concerto, sesión GZ Canibal a cargo de Marinocha & Munstaphà dende a cabina.
Un plan ben completo. Non vo-lo perdades!!
viernes, 8 de mayo de 2015
jueves, 7 de mayo de 2015
descarga Monkey Session!
Xa había moito tempo que non vos deixabamos arquivo dunha Monkey Sessión.
Pois aquí tedes a do xoves da semana pasada. Kill All Monkeys!!
Pois aquí tedes a do xoves da semana pasada. Kill All Monkeys!!
Psych.M "Monkey Session"
(sesión Rif-Rock 30 abr.2015)
faite coa MonkeySess aquí.
Sonic Youth "NYC Ghosts & Flowers"
O mes pasado vos recomendamos (como se fixera algunha falta) o "Bad Moon Rising" dos Sonic Youth polo seu 30 anviersario, e a próxima semana se cumplirán tamén 15 anos do lanzamento do "NYC Ghosts & Flowers", a miúdo considerado como un álbum menor na súa discografía, e non teño moi claro que sexa deses traballos que gañan co paso dos anos, pero eu téñolle un cariño especial porque foi o álbum que presentaban cando os vin en directo por primeira vez, naquel SantiRock espectacular do ano 2000.
Pero ademáis tamén garda relación con aquel "Bad Moon Rising" do 85, xa que 15 anos despois recuperaban a preparación das guitarras na gravación, e pedaleras de efectos rectificadas, sobre todo na despedida de 'Lightnin' que meten un manillar de bicicleta entre o mástil e as cordas.
Co de cumprirse 15 anos dos seu lanzamento, e con iso de non ter material novo da banda, tampouco ven nada mal meterlle un repaso.
SONIC YOUTH "NYC Ghosts & Floowers"
(Geffen Records, 2000)
miércoles, 6 de mayo de 2015
N.H.U. reeditados
Este mes reeditouse en vinilo un dos discos máis míticos do rock galego.
O único álbum que publicaron os coruñeses N.H.U. en 1978. Unha banda de rock sinfónico e progresivo, que cantaba en galego aínda que os seus temas eran, por suposto, básicamente instrumentais. Eran seis pezas organizadas como unha sinfonía: os dez minutos da enorme 'Na terra do Verde Chan', 'A Titiritada', 'Friki & Alexo', 'Doente', a máis experimental de todas 'Hay un Tren' e 'A trancas e Barrancas'. Pura psychodelia con influencia do rock céltico, e sempre atoparedes citados a The Mahavisnu Orchestra, King Crimson e Frank Zappa entre as súas principais influencias. Xa foi reeditado en cd no ano 2000 por RCA, e agora da man de Polyrock recuperado en vinilo de 180gr cos deseños orixinais de Ventura Cores.
Apurade que a tirada é limitada.
N.H.U. "N.H.U."
(Abrente-Novola-Zafiro, 1978 / Polyrock, 2015)
martes, 5 de mayo de 2015
10 anos do Despregable!!
Neste 2015 se cumpren 10 anos dunha das cousas máis bonitas que fixemos na vida. Hai dez anos que a Embaixada Prusiana comezou a publicar o fanzine Despregable. Xa se nos pasaba a data, pero para recuperar estas cousas sempre se chega a tempo! Co empeño de Cris Juan e Mon, e ducias de colaboradores que nos axudaron durante case seis anos a sacalo adiante, publicamos 24 números, dende aquela folla Despregable orixinal ata o fanzine de máis de 50 páxinas que saia cada poucos meses, ademáis de uns cantos especiais, cos seus cds, dvds con curtas e cunha morea de actividades culturais que acompañaron a cada número.
Agora, coa distancia do tempo dende o último número, só podemos botar un sorriso por tódo-los amigos que fixemos, por toda a xente que puxemos en contacto, e sobre todo ó ver todo o material que deixamos ahí feito... A ver quen o supera!!
Noraboa a tódo-los Prusianos!!
lunes, 4 de mayo de 2015
programación Maio2015
Aquí vai o que xa temos listo para este Maio 2015 no Rif-Rock:
· Sábado 9 maio: KURCO SoundSystem.
· Sábado 9 maio: KURCO SoundSystem.
· Venres 15 maio: 35 anos sen Ian Curtis.
[Sesión intermitente Joy Division]
· Sábado 16 maio: NORTHERN LIGHTS [en CONCERTO dende as 23:45].
+ sesión GZ Canibal [Marinocha&Munstaphá]
· Sábado 23 maio: CHIEF BROMDEN (Screamin'Funk!)
· Sábado 29 maio: Fuck'U Whiteys... Black Grooves!.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)