jueves, 14 de mayo de 2015

The Fall "Live at the Witch Trials"

E aínda nos faltaba un clasicazo, dos da nosa colección particualar. Porque xa sabedes que por moito homenaxe que lle fagamos a Joy Division, a miña banda favorita de Manchester son The Fall. E sin ser de Manchester tamén, claro...
Ó mesmo tempo que Joy Division gravaban e lanzaban o seu primeiro ep, Mark E. Smith gravaba o seu álbum de debut con The Fall "Live at the Witch Trials", e non, non é un directo, foi gravado nun só día e coa producción de Bob Sargeant e mesturado ó dia seguinte. Pero ese día de gravación debeu ser realmente coma presenciar un xuizo de bruxas coma o que mencionan no título, xa que dende entón Mark E. Smith quedouse só coa banda para sempre, ata hoxe. 
Na súa edición orixinal eran 11 temas nos que aparecen un bo puñado de temas habituais nos seus recopilatorios, e con poucos experimentos (só o corte que da título ó álbum), todo centrado na rítmica e nas parrafadas de Smith, así atoparedes 'Frightened', 'Crap Rap and Like to Blow', 'Rebellious Jukebox', 'Industrial State' ou 'Mother Sister!'. Logo foi editado bastantes veces por Cog Sinister e Castle con moitísimo material extra dos meses anteriores á gravación final. 
Un clasicazo, da nosa colección. 
E a próxima semana xa voltaremos a falar de The Fall co seu novo álbum...

THE FALL "Live at the Witch Trials"
(Step Forward Records, 1979)



No hay comentarios: