martes, 12 de mayo de 2015

Jacco Gardner "Hypnophobia"

Nas últimas semanas o sr Calambres estivo a enviarnos moitas novidades discografícas. Xa vo-las iremos recomendando pouco a pouco, pero unha das que non deixamos de escoitar nestes días é o novo traballo do holandése Jacco Gardner. "Hypnophobia" é o seu segundo álbum, coa mirada sempre posta en The Byrds, Left Banke, Syd Barrett ou Soft Machine, sempre entre o folk e a psychodelia dos 60s. Unha continuidade perfecta do anterior "Cabinet of Curiosities", limpo, luminoso e brillante, no que unha vez máis Gardner se encarga de tódo-los instrumentos (creo que todo menos a percusión) ademáis da producción, e os deseños de Julian House, estupendos.

JACCO GARDNER "Hypnophobia"
(Polyvinyl / Full Time Hobby, 2015)



No hay comentarios: