Este mes reeditouse en vinilo un dos discos máis míticos do rock galego.
O único álbum que publicaron os coruñeses N.H.U. en 1978. Unha banda de rock sinfónico e progresivo, que cantaba en galego aínda que os seus temas eran, por suposto, básicamente instrumentais. Eran seis pezas organizadas como unha sinfonía: os dez minutos da enorme 'Na terra do Verde Chan', 'A Titiritada', 'Friki & Alexo', 'Doente', a máis experimental de todas 'Hay un Tren' e 'A trancas e Barrancas'. Pura psychodelia con influencia do rock céltico, e sempre atoparedes citados a The Mahavisnu Orchestra, King Crimson e Frank Zappa entre as súas principais influencias. Xa foi reeditado en cd no ano 2000 por RCA, e agora da man de Polyrock recuperado en vinilo de 180gr cos deseños orixinais de Ventura Cores.
Apurade que a tirada é limitada.
N.H.U. "N.H.U."
(Abrente-Novola-Zafiro, 1978 / Polyrock, 2015)
No hay comentarios:
Publicar un comentario