jueves, 14 de mayo de 2015

Joy Division "An Ideal for Living EP"

Despois de tantos anos conmemorando cada aniversario da morte de Ian Curtis, ó certo é que non queda moito material de Joy Division que recomendarvos a estas alturas, por non caer nas reedicións dos últimos anos, e que non paran de saír, todas en plan remastered & expanded con temas en directo para completar.
Pero caímos na conta de que había algún que non soltaramos neste blog, e foi precisamente o primeiro. O seu primeiro EP "An Ideal for Living", o primeiro lanzamento co nome de Joy Division, de feito cando gravaron aínda se chamaban Warsaw, e xusto antes de firmar por Factory Records. Incluía 'Warsaw', 'No Love Lost', 'Leaders of Men' e 'Failures', dous temas que adiantaban todo o que viría despois, e dous trallazos de punk rítmico e furioso do que deixaron atrás dende entón. 
Para o Record Store Day do ano pasado lanzouse unha reedición a cargo de Rhino, coas remasterizacións dos temas que se fixeron no 2010 para o "+/- Remastered Singles 1978-80" e do que aínda non sei porque non lle respectaron a portada orixinal.

JOY DIVISION "An Ideal for Living EP"
(Enigma, 1979)



No hay comentarios: