jueves, 28 de mayo de 2015

Lou Donaldson "Alligator Boogaloo"

E imos con outro álbum xa para introducir a sesión de mañan, aínda que tiraremos moito máis polo baile, aquí vos recomendamos un pouco máis de jazz. Un dos discos máis míticos do saxofonista Lou Donaldson, unha desas figuras imprescindibles nos últimos cambios do xénero, do bebop ó hardbop, dende que comezara nos 50s con Thelonious Monk, cos Jazz Messengers de Art Blackey ou Jimmy Smith, lanzouse como frontman a finais dos 50s e nos 60s foi un dos que levaron máis lonxe aquelo do soul jazz, aínda que o seu saxo alto sempre soou a puro blues . Unha boa mostra é este "Alligator Boogaloo", con seis cortes entre os que me quedo co propio 'Alligator Boogaloo', 'Rev.Moses' ou 'Aw Shucks!'. Entre os músicos a guitarra de George Benson, e co impresionante Idris Muhammad na batería (iso si, nos créditos Leo Morris, antes de cambiarse de nome). Un clasicazo para desfrutar ben relaxado. 

LOU DONALDSON "Alligator Boogaloo"
(Blue Note, 1967)



No hay comentarios: