jueves, 21 de mayo de 2015

NORTHERN LIGHTS, o concerto.

O sábado pasado volveron os NORTHERN LIGHTS en directo ó Rif-Rock. Logo de debutar o pasado xullo durante o noso 15º Aniversario, escolléronnos unha vez máis para presenta-los seus novos temas.

Vinte temas en dous pases, a maioría repertorio propio a dúo de teclados e guitarra, voces en galego, francés e inglés. As versións de Ben Harper, Foo Fighters, Jack Johnson e de Jacques Dutronc vía Mathieu Chedid, e incluso se versionaron a símesmos.

Gracias a Bruno e Mateo por escollernos para os seus shows, a Kike Barreiro polo soporte técnico, e por suposto a todos por vir. Sen dúbida unha noite estupenda.

Xa tedes todo subido na nosa canle de youtube, e neste blog repartido nas entradas anteriores (pt1 - pt2 - pt3 - pt4 - pt5) ou todo seguido en lista de reproducción:

No hay comentarios: