martes, 19 de mayo de 2015

The Fall "Sub-Lingual Tablet"

A semana pasada recuperábamos o primeiro álbum de The Fall, e xa vos avisabamos que o novo estaba a chegar. Este luns lanzouse "Sub-Lingual Tablet", e se me coñececes xa sabedes das gañas que tiña!! Nótase que Mark E. Smith faise vello, porque volve a repetir formación, iso debe ser que igual se lle vai ablandando o caracter, coa única variación de incorporar un segundo baterista.
Son once temas, que presenta con diferentes mesturas dalgúns temas nas edicións de cd e vinilo. Once temas nos que case se reflicten tódo-los paus que tocou nos últimos anos punk rítmico, fusioso, cachondo e socarrón, kraut, momentos de electrónica e pezas nas que perde o control por completo, pero por suposto sempre segue soando a The Fall, dende a apertura con 'Venice with the Girls', os xoguetes de 'Black Door', os canonazos de 'Stout Man' e 'Quit iPhone' ou os dez minutos de 'Auto Chip 2014-2016'. Xa sabedes que con estos non son nada obxectivo, pero recomendado!

THE FALL "Sub-Lingual Tablet"
(Cherry Red Records, 2015)




No hay comentarios: