lunes, 30 de noviembre de 2015

en decembro... NADAL SOUL!

O Rif-Rock e o Continental xa temos case todo listo para o NADAL SOUL!!
Outra edición con concertos e sesións nos dous locais, repartidos entre o 12 e o 26 de decembro, e coa colaboración de Cobesa, con promocións de Super Bock e Gin Summum. Esta semana vos presentaremos o programa completo.


Neira Vilas

Xosé Neira Vilas
(1928 - 2015)




domingo, 29 de noviembre de 2015

Dead Wood!

Impresionante o show que nos ofreceron onte os Dead Wood!! por algo son o noso trío favorito. Xa con ganas do seu próximo concerto... Moitas gracias amigos!!


Black Remollo!

Estupenda sesión o venres de Black Remollo! Blues power!! 
Gracias Jorge, ata a próxima!!


viernes, 27 de noviembre de 2015

sábado: DEAD WOOD en directo!

E mañán sábado, teremos unha nova visita dos DEAD WOOD ó Rif-Rock. 
O noso trío favorito, cos novos temas da que será a súa primeira gravación, con vellas historias de pantasmas, foraxidos e maldicións, e por suposto o show de cada día de Mr. BamBam, acompañando dende a percusión ás guitarras do Sheriff Lorre e Breo Gun.
O mellor espectáculo en pequeno formato que poidades ver na actualidade. 
Non vo-los perdades!!


esta noite... Black Remollo!


jueves, 26 de noviembre de 2015

Leo Welch "Sabougla Voices"

Un pouco de blues como adianto da sesión do venres.
A comezos do verán vos recomendábamos o último traballo de Leo 'Bud' Welch, unha das sensacións do blues dos últimos anos, polos seus temas, polo seu son e pola súa historia. 
Así que hoxe vos recomendamos o seu álbum de debut, que lanzou con 81 anos, despois de levar dende finais da década de 1940 adicando as noites ó blues e ó gospel sen sair da súa vila natal, e de ahí o título tan sinxelo coma honesto: "Sabougla Voices", auténtico blues do Mississippi e gospel blues espiritual, 10 temas que oscilan moi pouco dende o cañonazo inicial de 'Praise his name', 'Praying Time', 'His Holy Name' ou 'Somebody touched me', ata temas máis sentidos coma 'Mother Loves her Children', 'A Long Journey' e a despedida de 'The Lord will Make a Way', ou os standards coma 'Me and my Lord' ou 'Take Care of me Lord' cos fantásticos coros gospel da súa vila. A ver se o terceiro chega a tempo...

LEO WELCH "Sabougla Voices"
(Big Legal Mess, 2014)





Nadal Soul!


Nadal Soul! 2ª edición

Ide preparando as vosas axendas para o próximo mes... 
O Rif-Rock e o Continental estamos organizando outro NADAL SOUL!
Nesta 2ª edición teremos máis concertos e máis sesións. Xa vos daremos máis información nos próximos días. Atentos!!


miércoles, 25 de noviembre de 2015

Ty Segall "Ty Rex"

Máis lanzamentos de Ty Segall. Desta vez xunta nun álbum 12'' de homenaxe a Marc Bolan / T.Rex, tódo-los seus temas que versionara en pequenas edicións anteriores. 
Trátase do Ep "Ty Rex EP" do 2011 (Goner Records), que incluía as versións de 'Fist Heart Mighty Dawn', 'Buick Mackane', 'The Slider', 'Woodland Rock', ''Salamanda Palaganda' e 'Elemental Child', e ampliou a colección co 7'' do 2013 "Ty Rex 2" (Goner Records) que incluía 'Cat Black' e 'The Motivator'. Agora reúne estes oito temas, ós que lle suma unha nova versión, do '20th Century Boy', para lanzar o álbum "Ty Rex" (Goner Records), e que sae a luz esta mesma semana. 
Podedes escoitalo completo en exclusiva na web do Spin Magazine.
Ademáis Ty Segall adiantou estes días que xa hai data para o lanzamento do seu próximo álbum "Emotional Mugger" con Drag City: o 22 de xaneiro do 2016.

TY SEGALL "Ty Rex"
(Goner Records, 2015)



Chief comanche Tosh-a-Wah

Un apunte para os que preguntan polo poster dos Dead Wood, que foron uns cantos. O protagonista é o Chief comanche Tosh-a-Wah, transcrito ás veces como To-sho-way, pero mais coñecido por Silver Knife ou Silver Broach (coitelo prateado, ou broche prateado). A imaxe está sacada da ampla colección recopilada en 1782 polo primeiro goberno confederal das 13 Colonias independizadas.


este fin de semana: Black Remollo & Dead Wood!

Este fin de semana chega ben completo para despedir novembro:
o venres (27 nov.) sesión blues power con Black Remollo
e o sábado (28 nov) DEAD WOOD en directo, dende as 23:45h.
Non vo-lo perdades!!


martes, 24 de noviembre de 2015

últimas unidades

Aínda queda no Rif-Rock material de Pantera e Iribarne Producións!
Últimas unidades da primeira referencia do selo, o 7'' dos Telephones Rouges "Helio/Desiderio" [ver entrada], a un precio de escándalo!!
Facédevos con el antes da saída do seguinte lanzamento, que se esgotan...


Black Grooves! Vol.37

Aqui tedes a selección da sesión do venres das Black Grooves!! 
Outra entrega cos sóns máis recentes continuando a dos mes pasado, con moito rock'n'soul, funk, acid jazz e revival r'n'b. Metédelle volume!!


Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
(sesión Rif-Rock 20 nov.2015)



lunes, 23 de noviembre de 2015

Foo Fighters "Saint Cecilia EP"

Hoxe os Foo Fighters lanzaron un ep gratuíto dende a súa web. Leva por título 'Saint Cecilia EP' con cinco novos temas, e unha ampla carta de Dave Grohl explicando a gravación no hotel Saint Cecilia de Austin, e animando a facer donativos para as víctimas dos atantados de Paris.
Podedes descargalo directamente dende a web www.saintceciliaep.com



Zalo asaltando a cabina

Esta semana houbo quen colleu vacacións só para vir ó Rif-Rock para asaltar a nosa cabina. Gracias Zalo! e a desfrutalas.


domingo, 22 de noviembre de 2015

Sáb.28: DEAD WOOD en directo!!

E o próximo sabado rematamos o mes por todo o alto, con música en directo.
Unha nova visita dos DEAD WOOD ó Rif-Rock. Será o sábado 28 de novembro.
O noso trío favorito, cos novos temas da que será a súa primeira gravación, con vellas historias de pantasmas, foraxidos e maldicións, e por suposto o show de cada día de Mr. BamBam, acompañando dende a percusión ás guitarras do Sheriff Lorre e Breo Gun.
O mellor espectáculo en pequeno formato que poidades ver na actualidade. 
Non vo-los perdades!!


sábado, 21 de noviembre de 2015

proximo venres: Black Remollo!

O próximo venres (27 de novembro), outro amigo que debuta na cabina do Rif-Rock: Black Remollo cunha noite de blues power!! Non vo-lo perdades.


jueves, 19 de noviembre de 2015

Nico Duportal & His Rhythm Dudes "Guitar Player"

Outro álbum máis, para ir adiantando material da sesión de mañán...
O parisino Nico Duportal é unha das sensacións do revival rhythm'n'blues do momento, e este "Guitar Player" é o seu cuarto álbum xunto con His Rhythm Dudes. Unha interpretación impecable do primeiro rockabilly, rhythm'n'blues e jazz swing, fascinado polo xenial T-Bone Walker, elegante e contundente a partes iguais. Unha auténtica marabilla!

Nico Duportal & His Rhythm Dudes "Guitar Player"
(Rhythm Bomb Records, 2015)



Brian Jonestown Massacre ‎"Mini Album Thingy Wingy"

O mes pasado vos presentábamos o adianto do novo dos Brian Jonestown Massacre, co video clip do tema 'Pish'. E xa está na rúa o lp "Mini Album Thingy Wingy", rotulado na portada coma o single, e liquidado en horas na súa edición especial en 2x10'', pero tranquilos que aínda queda o lp normal. 
Son sete temas, co single de presentación escrito entre Newcombe e Tess Parks, ademáis de incluir un tema en eslovaco (que cantan Sona Maletzovaon, Vladimír Nosáľ), e un cover do 'Dust' dos 13th Floor Elevators, ademáis da irónica 'Get Some', 'Mandrake Handshake', ou a final 'Here comes the Waiting for the Sun'. 
Esquecédevos do de minialbum, outro puto discazo de BJM!!

The Brian Jonestown Massacre ‎"Mini Album Thingy Wingy"
(A Records, 2015)



King Gizzard & The Lizard Wizard "Paper Mâché Dream Balloon"

Imos cun par de álbumes recén sáidos antes de meternos na fin de semana.
Hai só mes e medio vos recomendabamos o anterior álbum dos australianos King Gizzard & The Lizard Wizard, e xa temos aquí o seguinte. Chámase "Paper Mâché Dream Balloon" e volven a facer o que lles peta. Se nos seus primeiros álbums tocaron tódo-los paus posibles, aínda que sempre coa preferencia polo garage psychodélico, nos dous discos deste anos optan pola tranquilidade. Se o "Quarters" eran catro pezas de 10 minutos e dez segundos no que aparecía de todo, neste novo álbum se presentan cun formato totalmente acústico, cunha apariencia pop polas melodías de tódo-los temas, pero con cada escoita atoparedes ducias de referencias ó mellor dos 60s, psychodelia, folk alucinado e moito blues, incluso todo xunto no mesmo tema, como en 'Cold Cadaver' ou a rítmica tan evidente de 'The Bitter Boogie'. 
Para escoitalo durante horas e seguir buscándolle máis matices.

KING GIZZARD & THE LIZARD WIZARD "Paper Mâché Dream Balloon"
(Fightless/ATO/Heavenly, 2015)



miércoles, 18 de noviembre de 2015

David Stubbs "Future Days. El Krautrock y la construcción de la Alemania moderna"

A editorial Contra anunciou hoxe o lanzamento de "Future Days. El Krautrock y la construcción de la Alemania moderna", a traducción da recente obra de David Stubbs que ven a renovar a perspectiva sobre un dos fenómenos musicais máis interesantes de finais dos 60s e de toda a década dos 70, e do que certamente hai moi pouca literatura ampla e rigurosa agás o mítico "Krautrocksampler" de Julian Cope de 1995. Publicado orixinalmente no 2014 ("Future Days. Krautrock and the Building of Modern Germany" da editorial Faber & Faber) leva por título Future Days, coma o último álbum que publicaron CAN co cantante orixinal Damo Suzuki en 1973, e en pouco máis de un ano xa leva un bo carro de edicións en inglés, e que se publique en castelán tan rápido é un nova estupenda.
O krautrock, ou kosmische musik, etiquetas que se intercambian os autores segundo a dimensión que pretendan dar ó fenómeno, foi unha fusión da psychodelia anglosaxona, o misticismo oriental, o jazz avant-garde e a música electroacústica das propostas de Karlheinz Stockhausen, que se fusionaron no caldo de cultivo da Alemaña occidental da post-guerra mundial, entre comunas, e escolas de arte, cunha importante carga social, política e artística, igual que os cambios no cinema e na cultura xermana underground en xeral. Neste volume Stubbs conecta tódo-los planos posibles para ofrecer unha visión de conxunto, das súas raíces, do seu desenrolo e sobre todo de todo o aporte á cultura posterior. 
Recomendado!!

David Stubbs 
"Future Days. El Krautrock y la construcción de la Alemania moderna".
(Editorial Contra, 2015). 


Toda a info na web da Editorial Contra:

«Future Days no solo captura la esencia del krautrock, sino que la desencadena. Con su prosa desinhibida y poderosas imágenes, Stubbs logra describir todos los aspectos de esta música que trasciende el tiempo y el espacio.» Simon Reynolds 

Alemania Occidental después de la Segunda Guerra era un país en estado de shock que había adoptado de manera acrítica el sueño americano como una forma de reprimir la pesadilla del nazismo. Y sin embargo, ese paisaje colonizado cultural y económicamente resultó ser el terreno propicio para una generación de músicos que, estimulados por la revolución psicodélica, las experiencias comunales de los años sesenta y la radicalidad política de las rebeliones juveniles, daría forma a un capítulo único en la historia de la música contemporánea: el krautrock. Al igual que sus pares del Nuevo Cine Alemán, estos pioneros sonoros se propusieron desarrollar un lenguaje propio más allá de las convenciones del rock angloamericano, recurriendo a fuentes tan diversas como el misticismo de Oriente, la música electroacústica de Stockhausen, el arte reparador de Joseph Beuys y la estética moderna de la industria y las serpenteantes autopistas alemanas. 
Si bien su historia ha sido pocas veces contada, la influencia de grupos como Kraftwerk, Can, Faust y Popol Vuh y de personalidades como Conny Plank, Manuel Göttsching o Klaus Schulze es incalculable. Fueron claves para el desarrollo de movimientos musicales que van desde el postpunk hasta el techno y el ambient, y han inspirado a artistas tan diversos como Sonic Youth, Aphex Twin y Einstürzende Neubauten. Sin olvidar que fue el krautrock el caldo de cultivo a partir del cual David Bowie compuso su célebre trilogía de Berlín. 
Future Days es un estudio profundo sobre esta meditativa, por momentos abstracta y frecuentemente hermosa música y sobre los grupos que la hicieron posible: un libro ineludible para los amantes del género y la oportunidad, para aquellos que no lo conocen, de descubrir una de las escenas más visionarias y originales de la música del siglo XX. 

Los Wavy Gravies

Recomendación para este sábado se non ides a estar por Cambados.
LOS WAVY GRAVIES en directo no Kannion de Montalvo.


30 anos de Ruta 66

Este mes de novembro non deixedes pasar o núm#331 da revista RUTA 66, un volume especial para conmemorar os 30 anos da publicación. 1985-2015.
A portada non ten nada que ver con aquela marabilla coa que lanzaron o especial do 25 aniversario, pero o importante son os contidos... ruta66.es


lunes, 16 de noviembre de 2015

programación Nov.2015

Cos cambios dos próximos venres, intercambiando as sesións de cada semana, o que resta da programación de novembro queda asi:

_novembro 2015_
· Venres 20: Fuck'U whiteys... Black Grooves!
· Venres 27: BLACK REMOLLO (Blues Power!)
· Sábado 28: DEAD WOOD en concerto 23:45h.

Non vo-lo perdades!


cambio de datas na programación

Temos que facer unha pequena modificación das datas que restan na programación deste mes, intercambiando as sesións dos próximos venres. 
Así que adiantamos a entrega de novembro das Black Grooves para este venres 20 de novembro, e a sesión blues power de BLACK REMOLLO será o seguinte venres, 27 de novembro. Así de sinxelo. 
Xa o recordaremos de novo para os despistados, pero non vo-lo perdades!!


domingo, 15 de noviembre de 2015

Mr.Sapa & Professeur B.B.

Fantástica a sesión de onte de Mr. Sapa e Professeur B.B.!! Enorme debut na nosa cabina, así da gusto! Bruno, Arturo: moitas gracias e ata a próxima!


viernes, 13 de noviembre de 2015

sábado: Mr.Sapa & Professeur B.B.

Mañán sábado teremos estrea no Rif-Rock. 
Debutan ós mandos da nosa cabina Mr. Sapa & Professeur B.B. 
Sábado 14 de novembro. Non vo-lo perdades!!


jueves, 12 de noviembre de 2015

MC5 "Back in the USA"

Xa tocaba un clásico, así que imos cun dos nosos discos de cabeceira.
"Back in the USA" foi o segundo álbum dos MC5, e o primeiro de estudio que lanzaban (o seu debut "Kick Out the Jams" de 1969 era un directo). Foi lanzado en xaneiro de 1970, no mellor momento de Rob Tyner, Wayne Kramer e Sonic Smith, e coa producción de Jon Landau. 
O álbum inclúe dúas versións, arranca co 'Tutti Frutti' de Little Richard e remata co 'Back in the USA' de Chuck Berry que da título a todo o álbum, en medio unha colección de temas inesquecibles: 'Tonight', 'Teenage Lust', 'Let me Try', 'Looking at You', 'High School', 'Call me Animal', 'The American Ruse' e 'Shakin' Street' e a bestial 'The Human Being Lawnmower'. Sonido crudo e directo, un dos referentes do protopunk sempre cun ollo posto no rock dos 50s, e con outro na protesta política, todo un alegato de guerrilla urbana contra o goberno dos USA e a guerra do Vietnam. 
Un dos álbumes maís grandes do rock de tódo-los tempos. 
Okay kids, it's rockin' time!


MC5 "Back in the USA"
(Atlantic, 1970)



Phil 'Animal' Taylor

Phil "Philthy Animal" Taylor
Motöthead
(1954 - 2015)



Møster! "When you cut into the present"

Unha recomendación de algo menos habitual. 
O saxofonista noruego Kjetil Traavik Møster é unha das grandes figuras do jazz escandinavo, como acompañante dos grandes nomes, pero cunha discografía propia totalmente enfocada á fusión máis experimental, e sempre participando en bandas totalmente underground, sexan de base jazzistica math rock ou electrónica. 
En pouco máis de dez anos presenta unha extensa discografía coas habituais colaboracións e aparicións en numerosos álbumes de jazz, como membro das bandas Zanussi 5, The Core ou Datarock, pero tamén como frontman, publicando como Kjetil Traavik Møster os seus álbumes como solista, e sinxelmante coma Møster (como banda) para as súas propostas máis noise-jazz. 
Este "When you cut into the Present" é o seu terceiro álbum como Møster, e nos seus 5 temas desenrola toda unha gama de posibilidades entre o jazz abstracto e o hardcore, unha evolución do avant-garde sen renunciar a momentos de hardbop e ata funk jazz de rítmica pura, pasando polo math-rock, e guiños a elementos progresivos dos 70s, e ata de rock industrial. Atoparedes toda esa amalgama mesturada en 'Nebula and Red Giant' ou 'The Furture leaks out', a pausa aparentemente máis ortodoxa de 'Journey', e a psychodelia hipnótica de 'Bandha' e 'Soundhouse Rumble'.
Atrevédevos a metédelle unha escoita a ver que vos parece...

Møster! "When you cut into the Present"
(Hubro, 2015)





miércoles, 11 de noviembre de 2015

Terbutalina "Al Otomano se le va la mano"

A semana pasada os Terbutalina nos presentaban o videoclip de 'Sudar Sangre' como adianto do seu inminente lp, que por primeira vez sae en formato físico. Pois hoxe chegou o día, e aquí está. "Al Otomano se le va la mano" está editado en colaboración entre Folc Records e Grabaciones de Impacto, en vinilo vermello nunha tirada de 500 copias, asi que apurade se non queredes quedar sen el.
Son once temas a toda hostia, para pouco menos de 17 minutos, se te despistas quedas sen a metade, punk máis garagero ca nunca, e así de primeira escoita 'Mambo' xa nos parece todo un pelotazo!! 
Ademáis de reservalo en vinilo xa podedes escoitalo e descargalo de balde, coma sempre, dende o seu bandcamp.

TERBUTALINA "Al Otomano se le va la mano"
(Folc Records / Grabaciones de Impacto, 2015)


Isi Vaamonde en Vigo

Recomendación para este venres se estades por Vigo.
Isi Vaamonde e Rubén Iglesias en directo en La Casa de Arriba.


martes, 10 de noviembre de 2015

Allen Toussaint

Allen Toussaint
(1938 - 2015)


Un dos máis grandes, sen dúbida, dende New Orleans para o mundo! 
A mala casualidade fixo que morrera horas despois do seu concerto no Teatro Lara de Madrid (o domingo actuara xa en Bilbao) e temas dese último concerto quedaron gravados para sempre:


sesión de Kurco

Aqui tedes unha pequena selección que nos deixou Kurco da súa sesión do sábado, unha noite de repaso do ano 1995. Todo un déjà vu! Metédelle volume...

KURCO SoundSystem 1995
(sesión Ri-Rock 7 nov.2015)



Docs Music en Cineuropa 2015


Como cada mes de novembro o festival Cineuropa enche Compostela de cine, e o venres pasado arrancou a súa XXIX edición. 
Ademáis da súa sección oficial, e outros ciclos máis ou menos habituais coma o adicado ó audiovisual galego, ou o das retrospectivas, este ano con Arturo Ripstein e Artur Braun, na sección Off Cineuropa contan con varios ciclos máis que interesantes, por exemplo cunha selección de filmes que cumpren medio século, cunha coidada selección da colleita de 1965, sobre Amos Kollek e Arthur Miller, e unha ampla selección sobre a caza de bruxas en Hollywood que leva por título Roxos e Marcianos. 

Por suposto vos recomendamos que vaiades a todo o que poidades, pero ademáis destacamos o ciclo DOCS MUSIC que este ano se centra na música soul con estas doce propostas, incluíndo algún documental moi mítico do xénero: 
- Aretha Franklin. Le Legendary concertgebouw concert Amsterdam 1968
- Atlantic Records, the House that Ahmet Built
- Dreams to Remember, the Legacy of Otis Redding
- James Brown, Soul Survivor
- Marvin Gaye, What's Going On
- Movin' On Up, the music and message or Curtis Mayfield and the Impressions
- Muscle Shoals
- Ray Charles, the genius of Soul
- Respect Yourself, The Stax Records Story
- Sam Cooke, Legend
- Standing on the Shadows of Motown
- Wattstax

Se podedes asistide, auténtico Black Grooves!!


lunes, 9 de noviembre de 2015

domingo, 8 de noviembre de 2015

Pantera e Iribarne na Mondo Sonoro

A Mondo Sonoro deste mes de novembro inclúe, na súa edición galega, un artigo do selo Pantera e Iribarne Producións
E de paso lembran que o Rif-Rock é un dos puntos de venta das súas edicións.
Podedes velo na versión online aquí.


o próximo sábado: Mr. Sapa & Professeur B.B.

O próximo sábado (14 de novembro) teremos estrea no Rif-Rock. 
Debutan ós mandos da nosa cabina Mr. Sapa & Professeur BB. 
Non vo-lo perdades!!


jueves, 5 de noviembre de 2015

Dead Ghosts "Love and Death and All The Rest"

E outro álbum que vos recomendamos hoxe, esta xa para animarse máis cara a fin de semana. O novo lp dos canadienses Dead Ghosts, que chegan con máis do mesmo que en anteriores entregas: garage psych, toques de country escuro, surf, e pop de baixa fidelidade, unha fórmula que lles funciona á perfección. Dende as máis animadas 'Rat Race', 'Waste my time' e 'All in a Row' ata as máis perezosas 'Drink it dry' ou 'Living in my Mind' que se pasan en pouco máis de media hora divertidísima...

DEAD GHOSTS "Love and Death and All The Rest"
(Burger Records, 2015)



Kurt Vile "B'lieve I'm Goin Down..."

Poucas veces recomendamos cousas de indie-folk ou parámetros semellantes, pero un dos álbumes que máis estamos a escoitar estas semanas é o último traballo de Kurt Vile, que xa fai o seu sexto álbum en solitario dende que abandonara The War on Drugs. Leva por título "B'lieve I'm Goin Down...", e é outra entrega da súa fórmula de revisionismo folk, cun ollo en Bob Dylan, Neil Young ou Nick Drake para o formal, e o outro nos Pavement máis divertidos para o sustancial. Se os seus dous anteriores discos gustáronvos tanto como a nós, seguramente este vos parecerá mellor, cantas máis voltas lle dou máis me gusta, moito máis limpio que os anteriores, máis rico en matices, e cunhas melodías que se supera (unha vez máis). Todo tranquilidade, e 'Pretty Pimpin' ou 'Dust Bunnies' das mellores.

KURT VILE "B'lieve I'm Goin Down..."
(Matador Recs, 2015)



descarga sesión de ChisPum!

Aquí tedes sobre unha hora da selección que nos deixou Chis Pum! da súa sesión do sábado pasado: "60's Funk Pop Ensemble". Metédelle volume!!

CHIS PUM! "60's Funk POP Ensemble"
(sesión Rif-rock 31 outubro 2015)


Terbutalina 'Sudar Sangre'

Terbutalina lanzaron onte o videoclip do tema 'Sudar Sangre', realizado por Producciones Mutantes, e que é o adianto do seu inminente lp "Al Otomano se le va la mano". O álbum sairá este mes da man de Grabaciones de Impacto, ademáis de ser o primeiro dos seus traballos que se editará en formato físico. Todos atentos!!


miércoles, 4 de noviembre de 2015

programación Novembro2015

Aquí tedes a programación completa que vos propoñemos para este mes de novembro. Cinco datas ben interesantes, con música en directo e dúas noites con amigos que se estrean na nosa cabina. E ademáis coa nosa homenaxe a Moses Malone:

_novembro 2015_
· Sábado 7: KURCO SoundSystem
· Sábado 14: Mr.SAPA & PROFESSEUR B.B.
· Venres 20: BLACK REMOLLO (Blues Power!)
· Venres 27: Fuck'U whiteys... Black Grooves!
· Sábado 28: DEAD WOOD en concerto 23:45h.

Non vo-lo perdades!


Sáb.28: DEAD WOOD en directo!

E para rematar o mes, música en directo.
Unha nova visita dos DEAD WOOD ó Rif-Rock. Será o sábado 28 de novembro.
O noso trío favorito, cos novos temas da que será a súa primeira gravación, con vellas historias de pantasmas, foraxidos e maldicións, e por suposto o show de cada día de Mr. BamBam, acompañando dende a percusión ás guitarras do Sheriff Lorre e Breo Gun.
O mellor espectáculo en pequeno formato que poidades ver na actualidade. 
Non vo-los perdades!!


Ven.27: Black Grooves!

O último venres do novembro teremos a entrega coa música negra de cada mes: Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!


martes, 3 de noviembre de 2015

Ven.20: Black Remollo (Blues Power!)

E o venres 20, outro amigo que debuta na cabina do Rif-Rock: Black Remollo cunha noite de blues power!! Non vo-lo perdades.


Sáb.14: Mr Sapa & Professeur BB

O sábado 14 teremos estrea no Rif-Rock. 
Debutan ós mandos da nosa cabina Mr. Sapa & Professeur BB
Non vo-lo perdades!!


Sáb.7: Kurco SoundSystem

Comezamos a presentarvos a programación de novembro2015.
Esta mesma semana (sábado 7) arrancamos cunha nova sesión de Kurco SoundSystem, e os 20 anos do "Mellon Collie and the Infinite Sadness" dos Smashing Pumpkins terán o seu protagonismo.