jueves, 12 de noviembre de 2015

Møster! "When you cut into the present"

Unha recomendación de algo menos habitual. 
O saxofonista noruego Kjetil Traavik Møster é unha das grandes figuras do jazz escandinavo, como acompañante dos grandes nomes, pero cunha discografía propia totalmente enfocada á fusión máis experimental, e sempre participando en bandas totalmente underground, sexan de base jazzistica math rock ou electrónica. 
En pouco máis de dez anos presenta unha extensa discografía coas habituais colaboracións e aparicións en numerosos álbumes de jazz, como membro das bandas Zanussi 5, The Core ou Datarock, pero tamén como frontman, publicando como Kjetil Traavik Møster os seus álbumes como solista, e sinxelmante coma Møster (como banda) para as súas propostas máis noise-jazz. 
Este "When you cut into the Present" é o seu terceiro álbum como Møster, e nos seus 5 temas desenrola toda unha gama de posibilidades entre o jazz abstracto e o hardcore, unha evolución do avant-garde sen renunciar a momentos de hardbop e ata funk jazz de rítmica pura, pasando polo math-rock, e guiños a elementos progresivos dos 70s, e ata de rock industrial. Atoparedes toda esa amalgama mesturada en 'Nebula and Red Giant' ou 'The Furture leaks out', a pausa aparentemente máis ortodoxa de 'Journey', e a psychodelia hipnótica de 'Bandha' e 'Soundhouse Rumble'.
Atrevédevos a metédelle unha escoita a ver que vos parece...

Møster! "When you cut into the Present"
(Hubro, 2015)





No hay comentarios: