miércoles, 25 de noviembre de 2015

Ty Segall "Ty Rex"

Máis lanzamentos de Ty Segall. Desta vez xunta nun álbum 12'' de homenaxe a Marc Bolan / T.Rex, tódo-los seus temas que versionara en pequenas edicións anteriores. 
Trátase do Ep "Ty Rex EP" do 2011 (Goner Records), que incluía as versións de 'Fist Heart Mighty Dawn', 'Buick Mackane', 'The Slider', 'Woodland Rock', ''Salamanda Palaganda' e 'Elemental Child', e ampliou a colección co 7'' do 2013 "Ty Rex 2" (Goner Records) que incluía 'Cat Black' e 'The Motivator'. Agora reúne estes oito temas, ós que lle suma unha nova versión, do '20th Century Boy', para lanzar o álbum "Ty Rex" (Goner Records), e que sae a luz esta mesma semana. 
Podedes escoitalo completo en exclusiva na web do Spin Magazine.
Ademáis Ty Segall adiantou estes días que xa hai data para o lanzamento do seu próximo álbum "Emotional Mugger" con Drag City: o 22 de xaneiro do 2016.

TY SEGALL "Ty Rex"
(Goner Records, 2015)



No hay comentarios: