A semana pasada os Terbutalina nos presentaban o videoclip de 'Sudar Sangre' como adianto do seu inminente lp, que por primeira vez sae en formato físico. Pois hoxe chegou o día, e aquí está. "Al Otomano se le va la mano" está editado en colaboración entre Folc Records e Grabaciones de Impacto, en vinilo vermello nunha tirada de 500 copias, asi que apurade se non queredes quedar sen el.
Son once temas a toda hostia, para pouco menos de 17 minutos, se te despistas quedas sen a metade, punk máis garagero ca nunca, e así de primeira escoita 'Mambo' xa nos parece todo un pelotazo!!
Ademáis de reservalo en vinilo xa podedes escoitalo e descargalo de balde, coma sempre, dende o seu bandcamp.
TERBUTALINA "Al Otomano se le va la mano"
(Folc Records / Grabaciones de Impacto, 2015)
No hay comentarios:
Publicar un comentario