Como cada mes de novembro o festival Cineuropa enche Compostela de cine, e o venres pasado arrancou a súa XXIX edición.
Ademáis da súa sección oficial, e outros ciclos máis ou menos habituais coma o adicado ó audiovisual galego, ou o das retrospectivas, este ano con Arturo Ripstein e Artur Braun, na sección Off Cineuropa contan con varios ciclos máis que interesantes, por exemplo cunha selección de filmes que cumpren medio século, cunha coidada selección da colleita de 1965, sobre Amos Kollek e Arthur Miller, e unha ampla selección sobre a caza de bruxas en Hollywood que leva por título Roxos e Marcianos.
Consultade o programa completo aquí.
Por suposto vos recomendamos que vaiades a todo o que poidades, pero ademáis destacamos o ciclo DOCS MUSIC que este ano se centra na música soul con estas doce propostas, incluíndo algún documental moi mítico do xénero:
- Aretha Franklin. Le Legendary concertgebouw concert Amsterdam 1968
- Atlantic Records, the House that Ahmet Built
- Dreams to Remember, the Legacy of Otis Redding
- James Brown, Soul Survivor
- Marvin Gaye, What's Going On
- Movin' On Up, the music and message or Curtis Mayfield and the Impressions
- Muscle Shoals
- Ray Charles, the genius of Soul
- Respect Yourself, The Stax Records Story
- Sam Cooke, Legend
- Standing on the Shadows of Motown
- Wattstax
Se podedes asistide, auténtico Black Grooves!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario