Imos cun par de álbumes recén sáidos antes de meternos na fin de semana.
Hai só mes e medio vos recomendabamos o anterior álbum dos australianos King Gizzard & The Lizard Wizard, e xa temos aquí o seguinte. Chámase "Paper Mâché Dream Balloon" e volven a facer o que lles peta. Se nos seus primeiros álbums tocaron tódo-los paus posibles, aínda que sempre coa preferencia polo garage psychodélico, nos dous discos deste anos optan pola tranquilidade. Se o "Quarters" eran catro pezas de 10 minutos e dez segundos no que aparecía de todo, neste novo álbum se presentan cun formato totalmente acústico, cunha apariencia pop polas melodías de tódo-los temas, pero con cada escoita atoparedes ducias de referencias ó mellor dos 60s, psychodelia, folk alucinado e moito blues, incluso todo xunto no mesmo tema, como en 'Cold Cadaver' ou a rítmica tan evidente de 'The Bitter Boogie'.
Para escoitalo durante horas e seguir buscándolle máis matices.
KING GIZZARD & THE LIZARD WIZARD "Paper Mâché Dream Balloon"
(Fightless/ATO/Heavenly, 2015)
No hay comentarios:
Publicar un comentario