Un pouco de blues como adianto da sesión do venres.
A comezos do verán vos recomendábamos o último traballo de Leo 'Bud' Welch, unha das sensacións do blues dos últimos anos, polos seus temas, polo seu son e pola súa historia.
Así que hoxe vos recomendamos o seu álbum de debut, que lanzou con 81 anos, despois de levar dende finais da década de 1940 adicando as noites ó blues e ó gospel sen sair da súa vila natal, e de ahí o título tan sinxelo coma honesto: "Sabougla Voices", auténtico blues do Mississippi e gospel blues espiritual, 10 temas que oscilan moi pouco dende o cañonazo inicial de 'Praise his name', 'Praying Time', 'His Holy Name' ou 'Somebody touched me', ata temas máis sentidos coma 'Mother Loves her Children', 'A Long Journey' e a despedida de 'The Lord will Make a Way', ou os standards coma 'Me and my Lord' ou 'Take Care of me Lord' cos fantásticos coros gospel da súa vila. A ver se o terceiro chega a tempo...
LEO WELCH "Sabougla Voices"
(Big Legal Mess, 2014)
No hay comentarios:
Publicar un comentario