lunes, 31 de octubre de 2016

Continúa a xira dos Spooky Gravies

Esta semana aínda teredes dúas oportunidades máis de desfrutar do tremendo show dos Spooky Gravies, despois do sábado no Rif-Rock, seguro que moitos repiten:
· Luns 31: O Encontro, Barrantes
· Sábado 5: Kannion Surf, Montalvo
Recomendadísimos!

The Spooky Gravies

Así se presentaban The Spooky Gravies no Rif Rock para comezar esta xira con Ulomanía Coop. Un espectáculo tremendo!! 
E aínda tedes dúas oportunidades máis...


domingo, 30 de octubre de 2016

The Spooky Gravies!!

Tremendo espectáculo que nos ofreceron onte THE SPOOKY GRAVIES para abrir esa minixira de Ulomanía Coop. Gracias a todos por vir!!
Menudo concerto, e menuda festa!! Gracias cracks, por algo son a nosa banda favorita!! Insuperables!!


viernes, 28 de octubre de 2016

THE SPOOKY GRAVIES en directo o sábado!!

Esta semana comeza o tour dos SPOOKY GRAVIES que nos traen os de Ulomanía Coop. Tres únicas datas, e despois desaparecerán para sempre!!
Primeira cita, este sábado no RIF-ROCK, as 23:45h.
Mellor que veñades preparados para unha festa das boas...
Non vo-lo perdades!!!


jueves, 27 de octubre de 2016

Feels "Feels"

En setembro perdímonos o show dos Feels no WOS Festival, e ata agora non puidemos facernos co seu álbum de debut, pero aquí o temos por fin!!
Feels son un cuarteto de Los Ángeles, neste debut homónimo presentannos nove temas de punk psychdélico e alucinado, entre reminiscencias ao riot grrrl (tres rapazas na banda teñen que facerse notar, e ben que levan todo o peso), o punk máis directo ('Play it Cool' ou 'Unicorn') e o garage máis rítmico de 'Slippin' ou psychodélico en 'Small Talk', cun son que definen scuzzy (literalmente sería asqueroso, pero non sei se como redundancia do fuzz, ou sinxelamente por dala nota), ademáis de pezas más melódicas e algunha pausa tamén necesaria. 
E todo coa garantía da producción de Ty Segall. Recomendado!!

FEELS "Feels"
(Castle Face Records, 2016)



2ª entrega do Outono Festival 2016

Este fin de semana volve o Outono Códax Festival 2016, co seu 2º fin de semana de actividades en Compostela:
Para comezar a fin de semana, o venres inaugúrase na Fundación Eugenio Granell a exposición 'Rocker (retrato de un espíritu - maqueta para una exposición)' de Antonio Alay, dende as 18:30h, e coa actuación de Mad Martin Trio.
Xa pola noite na sala Riquela os Trashtornados en directo.
E o sábado o prato forte na sala Capitol: con Virginia Brown e a gran Martha High.
Un planazo se estades por Santiago.
Info entradas e demáis na web do Outono Festival.


Nacho Pérez & Los Chacales no Continental

Máis recomendacións para esta longa fin de semana.
O luns 31 no Continental estarán Nacho Pérez & Los Chacales en directo.
Dende a media noite. Entrada libre.


miércoles, 26 de octubre de 2016

Dennis McNally "Un Extraño y Largo Viaje"

Un libro que vos recomendamos para esta semana:
Ediciones del Azar lanza en castelán o clásico de Dennis McNally sobre os Grateful Dead. Aquel "A Long Strange Trip: The Inside History of the Grateful Dead" lanzado no 2003, un volume tan enorme como a banda, e que por fin temos traducido. "Un Extraño y Largo Viaje. La historia de Grateful Dead contada desde dentro" son 740 páxinas nas que se relatan os 30 anos da banda, dende a súa formación ata a morte de Jerry García, entrevistas, viaxes alucinóxenos e moito máis.

Aquí a sinopse da editora:
Dennis McNally, biógrafo y publicista de la banda durante más de veinte años, devuelve a los lectores al pasado valiéndose de la historia de los Grateful Dead. Mediante una narrativa caleidoscópica, no sólo hace la crónica de sus experiencias, sino que vira, tomando caminos secundarios hacia el intrincado montaje escénico de la banda, extraídas de las conversaciones entre sus miembros. Desde 1965 hasta 1995, los Grateful Dead crecieron como una de las más apreciadas, inusuales y complejas entidades musicales que jamás le fuera concedida a la cultura americana.

Dennis McNally "Un Extraño y Largo Viaje. 
La historia de Grateful Dead contada desde dentro".
(Ediciones del Azar, 2016)



Guadi Galego "O Mundo está parado"

Guadi Galego lanza o seu novo traballo o próximo 4 de novembro.
"O Mundo está parado" son dez temas, seis compostos por Guadi, tres a cargo de Carlos Abal, e outro de Pachi García que se encarga tamén da produción. Polo momento podedes escoitar o clip de 'Cedeira' como adianto do álbum.
A edición un auténtico luxo, vinilo máis cd, co traballo gráfico de Carlos Abal, que ademáis engade un inserto con fotografia a gran formato, dez pezas distintas repartidas por toda a tirada. Así que mellor que vaiades reservando a vosa copia por que seguro que voan.

GUADI GALEGO "O Mundo está parado"
(Fol Música, 2016)




martes, 25 de octubre de 2016

Black Grooves! Vol.45

Aquí tedes algo máis de unha hora e quarto da sesión do venres pasado da entrega núm#45 da serie Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! Metédelle volume!.

Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
(sesión Rif-Rock 21 out.2016)



Funtastic Dracula Carnival 2016

Unha recomendación que vos facemos tódo-los anos, aínda que a estas alturas xa non hai entradas: a XI edición do Funtastic Dracula Carnival.


lunes, 24 de octubre de 2016

show sorpresa

Aquí tedes uns segundos do que pasou o sábado, un concerto espontáneo que nos montaron os de Comomepós Producións a metade da noite. 
Digno da sección afterhours, pero en horario normal...


Este sábado: THE SPOOKY GRAVIES en directo

Esta semana Los Wavy Gravies transfórmanse en THE SPOOKY GRAVIES para unha minixira terrorífica polo seus locales favoritos.

Tres únicos concertos:
· Sábado 29 de outubro no RIF-ROCK de Cambados 23:45h.
· Luns 31 outubro no ENCONTRO de Barrantes
· Sábado 5 de novembro no KANNION Surf Bar de Montalvo 22:30h.

Despois desaparecerán para sempre...
Unha iniciativa de Ulomanía Coop.
Non vo-lo perdades!!


jueves, 20 de octubre de 2016

Stevie Wonder "Songs in the Key of Life"

40 anos do lanzamento dun dos álbumes máis importantes da historia.
Stevie Wonder lanzou este "Songs in the Key of Life" en outubro do 1976. Foi un álbum moi ambicioso, na súa gravación participaron case cen músicos, máis da metade deles vocalistas, e acumulou numerosos retrasos ata converterse no disco máis caro da historia naquel momento. Finalmente lanzouse como álbum dobre, e cunha edición especial na que se incluía a demáis o ep "A Something's Extra Bonus" con catro temas máis. O esforzo pagou a pena e situouse directamente no número un de ventas nos USA a primeira semana, e ahí permaneceu durante moito tempo, e varios dos seus singles tamén o conseguiron nas súas listas correspondentes. Un álbum tan ambicionso que ten de todo, dende algunhas desas baladas que pasaron a historia como 'Love's in need of love today' ou a nana 'Isn't she lovely' que abren cada un dos vinilos. Pero é un álbum que destaca pola sua mestura entre tradición e vangarda, dende a tonada de 'If it's Magic' ou a eterna 'Sir Duke', ata 'Ordinary Pain', 'Black Man' ou a enorme 'Another star', e todas esas voces que aparecen unha e outra vez, co Rhodes de Wonder en todas partes.
Un clasicazo obrigatorio na vosa colección.

STEVIE WONDER "Songs in the Key of Life"
(Tamla Motown, 1976)



Martha High "Singing for the Good Times"

Martha High é outro deses exemplos de voces enormes da música negra que se mantiveron sempre nun segundo plano, ou con carreiras inconsistentes. A comezos dos 60s debutou con The Jewells (ou The Four Jewells segundo o momento), e pronto se converteron en vocalistas de acompañamento nas xiras de James Brown. The Jewells disolvéronse pouco tempo despois, pero Martha High permaceu na banda de James Brown durante tres décadas máis. Polo medio comezou unha tímida carreira como solista, con singles dispersos nos anos 1972 e 1978, e o seu álbum de debut chegou no 1979, un traballo de música disco titulado sinxelamente co seu nome. Dende entón nada máis ata este século.
En 2003 lanzou en Francia o directo "Live At Quai Du Blues" con pouca repercusión, pero no 2008 os funkys franceses The Shaolin Temple Defenders a recuperan como vocalista principal para o seu álbum "W.O.M.A.N.", un exitazo de crítica e público, sobre todo en directo. Dende entón despegou merecidamente a súa carreira con dous álbumes maís no 2009 e 2012. 
En abril deste ano volveu con este "Singing for the Good Times" da man do selo italiano Blind Faith Records, e aínda que o título remita a nostalxia, é un discazo de soul e funk pensado para estes tempos, cunha factura impecable, e cun equilibrio perfecto entre o soul máis sentido de 'I Am a Woman', 'Learn on Me' ou 'Singing this Song', ou o máis luminoso de 'Always worth the pain' e 'I can't hold on', o r'n'b e funk de 'Lovelight' e 'The Hardest working woman', ou a enorme peza case blaxploitation 'Fire shut in my bones' que nos remite ao Curtis Mayfield máis inspirado. E de despedida 'For the Good Times' para rematar ben arriba. 
Un dos mellores discos do ano!! 
E a próxima semana, en directo no Outono Festival...

MARTHA HIGH "Singing for the Good Times"
(Blind Faith Records Records, 2016)



The Fleshtones "The Band drinks for Free"

Xa tiñamos gañas dunha nova entrega dos Fleshtones!! por que iso significa que pronto os teremos de xira... O seu novo álbum de estudio titúlase "The Band Drinks for Free" e fai xa o número 21 da súa carreira, co que conmemoran os 40 anos de actividade ininterrumpida de Zaremba e compañía. 
Son 12 novos temas menos algúns dos que xa presentaron nas Sawyer Sessions no pasado verán, e dos que recuperan  o 'Love Like a Man' para abrir o álbum (pero desta vez non versionan ós Ten Years After en castelán...), 'The Gasser', Love my Lover', e a contundente 'Suburban Roulette'. Ó longo do álbum tentan reproduci-los topicazos de toda a súa carreira, pero en realidade é o que levan facendo dende hai 40 anos, basta oir 'Rick Waterman's Cape' ou Too Many Memories'. Cara o final a pausa menos habitual de 'The Sinner', e unha volta ao cachondeo na despedida de 'Before I Go'. 
Que gañas de velos de novo!!

THE FLESHTONES "...The Band Drinks for Free"
(Yep Roc, 2016)



miércoles, 19 de octubre de 2016

The Spooky Gravies: unha data máis

Ampliamos datas a actualizamos info:
ULOMANÍA COOP. presenta:
THE SPOOKY GRAVIES en directo.
Tres únicos concertos:
· Sábado 29 outubro no Rif Rock de Cambados 23:45h.
· Luns 31 outubro no Encontro de Barrantes.
· Sábado 5 novembro no Kannion Surf de Montalvo 22:30h.
Non vo-los perdades!

Dead Wood 'Jimmy The Coward & Percy The Brave'


'Jimmy The Coward & Percy The Brave' é o tema de adianto do inminente lanzamento dos DEAD WOOD, dispoñible polo momento en formato dixital, xunto con 'Baddest Man', no seu bandcamp.



martes, 18 de octubre de 2016

Womex 2016


Esta semana volve o Womex a Compostela. 
É a maior feira de músicas do mundo, un evento enorme centrado nas industrias e nos profesionais, pero tamén con numerosas actividades abertas ao público.
Logo de acoller a edición do 2014, esta semana arranca unha nova edición en Compostela, do 19 ao 23 de outubro. 
As actividades abertas ao público concéntranse entre o 20 e o 22 de outubro, con 45 concertos en 4 auditorios e un DJ Summit.


The Spooky Gravies promo

Ulomanía Coop. presenta THE SPOOKY GRAVIES!! 
Dous únicos concertos!


lunes, 17 de octubre de 2016

Catro Ventos Editora

A semana pasada presentouse ó mundo Catro Ventos Editora. Unha iniciativa que nace para publicar e difundir obras en galego sobre economía social, crianza alternativa, consumo responsable, ecoloxía e dereitos humanos. Unha proposta arriscada nestes tempos, pero igual de necesaria.
Ahí participa o noso amigo Isidro Dozo, así que moitísima sorte!!!

Para saber máis, hoxe publicouse unha entrevista no Galicia Confidencial. Ahí xa presentan as primeiras referencias do seu catálogo: "Transición Ecolóxica" (de Aurore Lalucq, Philippe Frémeaux e Wojtek Kalinowski) e "A ruta dos Refuxiados" (de Unai Beroiz, Felipe Carnotto, Adrián Irago, Cristian López e Juan Teixeira), e adiántannos máis edicións en papel e audiovisuais en preparación.
Seguídeos no seu facebook, e na súa web Catroventos.gal.


"Sleep Inside this House'

Sleep Inside this House é unha das obras mestras máis importates dos rock psychodélico, dende logo, é unha das miñas cancións favoritas de calquer estilo.
A fin de semana estivemos recordando varias versións de outras bandas.

O tema orixinal é, por suposto dos The 13th Floor ElevatorsFoi composta por Roky Erickson e Tommy Hall, e abría o segundo álbum da banda, o "Easter Everywhere" de 1967. Unha auténtica xoia, de oito minutos, que amosa á perfección o concepto psychodélico da banda por excelencia do xénero. Neste segundo álbum abandoaban a inmediatez garaxeira do seu debut ("The Psychedelic Sounds of..." de 1966) pero mantendo esas guitarras tan características e únicas na historia do rock, e daban renda solta ás filosofías místicas de Alfred Korzybski e George Gurdjieff, que sempre influenciaron as súas letras, pero seguramente, desta vez Tommy Hall estivo máis inspirado ca nunca (tedes a letra completa ao final da entrada).
 Durante varias décadas o álbum foi unha auténtica xoia de coleccionista ata que nos anos 90s ao fin comezou a reeditarse, e puidemos desfrutalo de novo, aínda que xa sabedes dos problemas coas reedicións mono/stereo que se fixeron da súa discografia... Ahí tedes o audio do álbum orixinal:


Nos últimos anos son varias as versións dos Sleep Inside this House feitas por bandas con certo recoñecemento (Oneida) pero a que tivo máis mérito sempre foi a dos Primal Scream, aínda que aos puristas de xénero non lles guste nada.
Cando Bobby Gillespie abandonou The Jesus and Mary Chain para adicarse a tempo completo aos Primal Scream estaba convencido da facer álbumes de rock psychodélico. Os seus primeiros álbumes tentan unha revisión daqueles sons, pero foron bastante (digamos) pouco afortunados.
Pero en 1991 lanzan "Screamadelica" un deses álbumes que cambian o rumbo da música para sempre. Era música de baile, rock alternativo pensado como acid house. A cousa funcionou á perfección, pero toda aquela modernidade non se enterou de que pista número dous do álbum era, precisamente, a versión do mítico 'Sleep Inside this House' dos 13th House Elevators, e un par de anos antes de que todo o material da banda orixinal fora reeditado. A todos aqueles alucinados polo novo brit pop tampouco lles interesaba nada disto. Pero aquela peza extraña ao principio do álbum sonaba así de raro, e asi de ben. Cambia totalmente de rexistro, e aínda asi mantén moito máis da orixinal do que parece, e as mellores guitarras que fixeron xamáis, aínda que deixan toda a letra atrás... Co paso dos anos, cada vez gústame máis.
Aquí tedes aos Primal Scream en directo, aínda con Mani ao baixo:



sábado, 15 de octubre de 2016

Minutemen "Project: Mersh EP"

Esta semana por fin me fixen cun deses vinilos que levaba anos pendente.
O EP "Project: Mersh" dos Minutemen, un dos últimos traballos de Mike Watt, D Boon e George Hurley xuntos. Despois xa só publicarian o "3 Ways Tie (for Last)" como premonitoria despedida en decembro de 1985, uns días antes da morte de D. Boon nun accidente de tráfico, e meses despois lanzaron unha pequena jam instrumental xunto cos membros de Black Flag ("Minuteflag" lanzado a comezos do 86), que precisamente fora gravada ao mesmo tempo que este EP.
"Project: Mersh" foi un dos seus mellores experiementos, pero non foi ben comprendido no seu momento. Minutemen era un dos bastións da música independente e do underground californiano, e este EP soaba demasiado comercial. 'The Cheerleaders' era demasiado funk, 'King of the Hill' demasiado rítmica e con xogos de voces, e 'Take our Test' e 'Tour-Spiel' eran demasiado pop, por contra 'More-spiel' era xa demasiado experimental e empregaba sintetizadores, e a versión que incluían do 'Hey Lawdy Mama' dos Steppenwolf era dunha banda non demasiado underground para os Minutemen. Todo era demasiado, ou demasiado pouco...
O certo é que foi o mellor experimento práctico da súa filosofía 'jamming econo'. Segundo a súa propia proposta, era innecesario converterse en estrelas do rock, bastáballes con gañar suficientes cartos para continuar tocando, gravando e xirando, namentres seguían vivindo coma sempre. O experimento foi, precisamente, lanzar un álbum máis comercial (mersh) mentres continuaban abaratando costes de produción, e así amosar que os beneficios non serían maiores. E efectivamente, este foi o seu traballo cun son máis comercial e máis accesible ao gran público, e sen embargo foi moi mal recibido polos seus incondicionais, polo que se confirmaban as premisas do econo.
Na portada, un debuxo do propio D.Boon con tres executivos dunha compañía discográfica buscando aumentar beneficios coa cita ao pé "I got it! We'll have them write hit songs!". Un miniálbum para a historia.

MINUTEMEN "Project: Mersh EP"
(SST Records, 1985)



viernes, 14 de octubre de 2016

Goat "Requiem"

O venres da semana pasada lanzouse o novo álbum dos suecos Goat.
A día de hoxe aínda seguimos alucinados cos seus anteriores "World Music" do 2012 e "Comune" do 2014, dúas entregas de aquelarres de vudú psychodélico, worldbeat, kraut, abrobeat... que por momentos se desataban con rítmicas contundentes e guitarras moi afiadas. En "Requiem" amplían o rexistro, pero tamén baixan as revolucións, ou as cambian. Semella un álbum máis campestre, máis cerimonioso, máis acústico, e máis sinxelo, en apariencia (basta escoita-la rápida evolución de 'Alarms'), e tamén moito máis alegre, ou positivo, moito menos escuro. Nisto ten moito que ver esa influencia de ocarinas e melodías tomadas directamente dos Andes no inicio ('Djôrôlen / Union of Sun and Moon' e 'I Sing in Silence'), pero tamén seguen as vías anteriores con 'Try My Robe', 'It's Not Me' ou as descomunais 'Goatband' e 'Goatfuzz' que seguen a serie dos traballo anteriores. Igual sobran temas, porque o minutaxe obriga a presentalo nun álbum dobre, pero todo o salientable xa é moito!!
Recomendados unha vez máis!!

GOAT "Requiem"
(Rocket Recordings / Sub Pop, 2016)




jueves, 13 de octubre de 2016

Ulomanía Coop. presenta: THE SPOOKY GRAVIES!!

ULOMANÍA COOP. presenta:
THE SPOOKY GRAVIES en directo.
Tres únicos concertos:
· Sábado 29 de outubro no RIF-ROCK de Cambados 23:45h.
· Luns 31 outubro no ENCONTRO de Barrantes
· Sábado 5 de novembro no KANNION Surf Bar de Montalvo 22:30h.

Nova proposta de ULOMANÍA COOP. para este outono:
Los Wavy Gravies transfórmanse en THE SPOOKY GRAVIES, unha banda de horror-rock cun repertorio especial para a ocasión, cheo de historias terroríficas de monstruos, pantasmas desorientadas, vampiras chupasangue, e moito cinema de serie b.
Ofrecerán tres únicos concertos: o 29 de outubro no Rif-Rock de Cambados, o 31 no Encontro de Barrantes, e o 5 de novembro no Kannion Surf Bar na praia de Montalvo. 
Despois desaparecerán para sempre...
Non vo-lo perdades!!


Bob Dylan, Nobel de literatura 2016



Levamos toda a vida escoitando que Bob Dylan está entre os favoritos de cada ano para recibir o Premio Nobel de Literatura. Cando era máis rapaz facíame moita ilusión que llo diran a un cantante que coñecía, en lugar de nomes impronunciables que nunca escoitara antes. 
Cos anos, debo recoñecer que, rara vez coñezo a obra dos galardoados, e máis dunha ocasión nin sequera escoitara antes o seu nome, pero sempre tento facerme con algunha obra dos galardoados que me recomendan amigos que sí están ao día na literatura.
Cada ano saen expertos, e público en xeral, acusando á Academia Sueca de tongo, habitualmente por favorecer intereses políticos coxunturais, e nos últimos anos semella que se trata de buscar a alguén ao que darlle o Nobel que non sexa Murakami, que estas cousas non van por aclamación popular.
Hoxe concedéronlle o Nobel de Literatura a Bob Dylan. Parece que a estas alturas non contaba entre os favoritos, e seguro que moitos ortodoxos porán pegas aos seus méritos, e pode que con moita razón. Para min a súa revolución foi o do festival de Norfolk no 65, alporizando ao público folkie, e os discos que lle seguiron. Do mesmo xeito, tampouco creo que este galardón sexa tan revolucionario coma se tivera pasado hai 20 anos. Ou ao mellor si. Veremos as reaccións. En calqueira caso, Murakami terá que seguir esperando...
Non sei se a estas alturas significa que os tempos estén a cambiar, pero hoxe a cultura popular está de noraboa. Parabéns Mr. Dylan!!


21 out: Black Grooves!

A próxima entrega de música negra será o próximo venres 21 de outubro.
Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! 
*No poster Art Blakey. 


miércoles, 12 de octubre de 2016

O directo dos NORTHERN LIGHTS (8 outubro)

A comezos de ano, os NORTHERN LIGHTS foron os encargados de inaugura-los concertos do 2016 no Rif-Rock, e o sábado pasado tocóulles o turno de retomalos despois do verán. 

Foi unha noite moi íntima, un concerto só para VIPS!, e aproveitaron para facer un novo repaso polos seus propios temas, que sempre van mudando e medrando, ata versionarse a sí mesmos. E a pesar do pouco tempo que tiveron para preparalo, soaron moito mellor que nunca. Ademáis soaron unhas cantas covers. Desta vez arrasou o 'Go with the flow' dos QOTSA, que tiveron que repetir nos bises para tódo-los que chegaron tarde...

Gracias a Bruno e Mateo por escollernos unha vez máis para os seus shows, case exclusivos. E por suposto, gracias a todos por achegarvos ó Rif-Rock para desfrutar doutra noite con música en directo.

Xa tedes todo subido na nosa canle de youtube, e neste blog repartido nas entradas anteriores (pt1 - pt2 - pt3 - pt4) ou todo seguido en lista de reproducción:

Northern Lights - concerto pt.4


Northern Lights - concerto pt.3


Northern Lights - concerto pt.2


Northern Lights - concerto pt.1


martes, 11 de octubre de 2016

Club des Belugas "Nine"

E outro máis para hoxe:
Club des Belugas é o principal proxecto do alemán Maxim Illion, músico polivalente onde os haxa. Os seus rexistros abarcan o lounge, nujazz, acidjazz, soul, electrónica e moito downtempo cinematográfico, con influencias do swing, da chançon e unha enorme variedade de influencias latinas. Con estes parámetros resulta evidente a aparición dos seus temas en cine e series de TV, polo que seguro que o escoitáchedes máis dunha vez sen sabelo. En directo, o proxecto multiplícase con diversos formatos, en cuarteto, sexteto e orquesta ao completo.
Illion formou Club des Belugas no 2002, e dende entón manteñen un ritmo de publicacións envexable, aínda que teño que recoñecer que eu non me fixen con ningún dos seus traballos ata o 2010, cando me recomendaron o dobre directo, titulado sinxelmaente "Live" que recolle concertos en alemania xunto coas vocalistas Anna Luca e a espectacular Brenda Boykin (todo un descubrimento!).
Dende entón seguinlle a pista, aínda que non é fácil.
O seu novo traballo é "Nine", noveno álbum de estudio, e sen dúbida o seu disco máis ambicioso. Son 30 temas, 13 novos nos que interveñen de novo Anna Luca, Dean Bowman e Brenda Boykin como principais vocalistas, remixes e versións doutros artistas (como Antoine Villoutreix, Bahama Soul Club, Jojo Effect, e sobre todo a tremenda versión do 'I Just Want to Make Love to You' de Etta James coa voz de Boykin), e para pechar o círculo, remixes de varios artistas anteriores sobre pezas de Club des Belugas. 
As partes electrónicas son as que menos me interesan, pero a veriedade do resto do material é unha auténtica marabilla, unha enciclopedia de sonidos arredor do mundo. Unha colección irresistible!!. Recomendado!!.

CLUB DES BELUGAS "Nine"
(Glamjazz Records, 2016)




Resolution 88 "Afterglow"

Seguimos cun par de recomendacións máis:
Resolution 88 son unha banda de jazz-funk de Londres. O seu traballo de debut ("Resolution 88" do 2014) chegoume hai uns meses gracias ás recomendacións de Jaleo do clube Jazz Re:freshed, e a comezos do mes pasado lanzaron a súa continuación: "Afterglow" da man de Splash Blue, o selo de Jean-Paul Maunick dos Incognito, e iso sempre é unha garantía.
Son 12 cortes, moito mellor estructurados na miña opinión, e con moita máis pegada que o anterior. Continúan con esa mestura de jazz-funk e broken-beat tan ben ensamblado que nunca cansa, e sobre todo ese son caráctierístico do piano Fender Rhodes de Tom O'Grady que sempre nos remite ao "Headhunters" de Herbie Hancock, unha sección rítmica moi contundente, e sobre todo o tremendo traballo de Alex Hitchcock ao saxo, que non poderedes sacar da vosa cabeza durante horas.
O álbum arranca con 'Taking Off' e 'Tuggin' the Pug' que nos remiten a clásicos do disco, pero o secuencia do álbum organízase entorno as descomunais 'Three Four or More', 'Banana Skin Central' e 'Phantom of the Oberheim', en medio as dúas partes de 'Changing Times' que levan a unha pausa perfecta, igual que 'Moonflower', e a despedida coas dúas partes de 'Afterglow'. En medio as dúas pezas máis dinámicas do álbum, 'Homing In' e o funk eléctrico de 'Raios do Sol' que resulta totalmente hipnótico. Se o probades, seguro que o deixades xirando durante horas.


RESOLUTION 88 "Afterglow"
(Splash Blue Records, 2016)



"Let me Hang you" William Burroughs & King Khan

E igual que vos recomendamos os dous shows que ofrecerán estes días en Galicia os enorme King Khan e os seus Shrines, imos a recomendarvos tamén os seus últimos lanzamentos. En primeiro lugar o último corte da banda sonora en serie do documental The Invaders (ver singles anteriores), titúlase 'Now I'm so Free', e trátase dunha adaptación dunha peza de B.J.Womack. Polo momento non está editado físicamente, so dispoñible en versión dixital dende o seu bandcamp, donde a podedes descargar de balde.
E ademáis está un novo experimento. Algo moi ambicioso. Un álbum que leva por título "Let me Hang you", e está lanzado como un álbum de William Burroughs aínda que non ó creades!. 
Trátase dun homenaxe aos 20 anos da morte do xigante beat William S. Burroughs, e recolle grabacións do propio autor recitando as pasaxes da novela "Naked Lunch" de 1959, e todo musicado e adaptado por King Khan & The Shrines, xunto co guitarrista Bill Frisell, ademáis de membros dos australianos The Frowning Clouds, e a actriz Laverne Cox (de Orange is the New Black).
O lp lanzóuse en xullo e podedes escoitar tres cortes no seu bandcamp.
Unha auténtica animalada!!

William S. Burroughs "Let me Hang You"
(Khannibalism, 2016)



King Khan & The Shrines: Lalala Lovebirds Tour 2016

Esta semana estan de xira pola península ibérica King Khan e os seus Shrines co seu Lalala Lovebirds Tour 2016, con dúas datas en Galicia: esta mesma noite na Coruña (no Garufa), e mañan en Vigo (na Iguana). 
Se podedes, non vo-los perdades!! Recomendadísimo!!



lunes, 10 de octubre de 2016

domingo, 9 de octubre de 2016

Northern Lights!

Os Northern Lights soaron onte mellor que nunca. Que por algo era un show só para vips... Bruno e Mateo, menudos cracks!! Gracias!!


sábado, 8 de octubre de 2016

esta noite: NORTHERN LIGHTS en directo

Esta noite volvemos coa música en directo:
Teremos de novo aos NORTHERN LIGHTS en concerto. Bruno e Mateo, teclados e guitarra a pelo, con tódo-los seus temas que sempre soan diferente.
Esta noite de sábado dende as 23:45h.
Non vo-lo perdades!


viernes, 7 de octubre de 2016

Outono Códax Festival 2016: Lee Fields

Esta noite arranca a 6ª edición do Outono Códax Festival en Compostela.
E para comezar, nada mellor que o cabeza de cartel: Lee Fields!! 
Se estades por Santiago, non vo-lo perdades!!



jueves, 6 de octubre de 2016

Nick Waterhouse "Never Twice"

Xa tiñamos gañas de material novo de Nick Waterhouse! E o venres pasado lanzouse oficalmente este "Never Twice", o seu terceiro lp. Máis potente, máis completo, e aínda que non o creades, máis divertido ca nunca!.
Dez novos temas de rhythm'n'blues cada vez máis ricos en matices. Arrancan con 'It's Time', e 'I Had some Money (but I spent it)', que continúan a liña dos anteriores, pero melloran moito na pegada. Con 'Straight Love Affaire' e 'Tracy' lévanos directamente ao pasado con melodías que identificaredes con ducias de cousas diferentes en cada un deles, a divertidísima 'The old Place' co seu ritmo de latin fever, e impresionante 'Katchi' na que conta coa colaboración de Leon Bridges. 
Do mellor que escoitei este ano!! Recomendadísimo!!

NICK WATERHOUSE "Never Twice"
(Innovative Leisure, 2016)



The Monochrome Set "Cosmonaut"

Unha das miñas debilidades dende hai moitos anos son The Monochrome Set, unha banda de Londres que case ninguén tomou nunca en serio nos seus case 40 anos existencia. Comezaron a finais dos 70s explorando esas vías de art punk que se mesturaban coa new wave, e pouco a pouco foron derivando cara o pop con maiúsculas... e así a súa ducia de álbumes, outros tantos recopilatorios cheos de material descartado, e unhas vinte referencias entre singles e eps. E aínda así, semella que ninguén lles prestou durante décadas a máis mínima atención. Logo dun longo parón dende mediados dos 90s, Andy Warren e compañía reformaron a banda no 2010, e dende entón levan publicados catro novos álbumes xa cun certo recoñecemento, o máis destacado o "Spaces Everywhere" do ano pasado. O último é este "Cosmonaut", power pop, soft rock con toques sixties na segunda parte do álbum sobre todo en 'Stick Your Hand up If You're Louche' ou 'Félé', e eses xogos de art punk que non son capaces de deixar atrás. 
Unha segunda xuventude ben merecida.

THE MONOCHROME SET "Cosmonaut"
(Tapete Records, 2016)

miércoles, 5 de octubre de 2016

sesión do 17º Aniversario do Rif-Rock!

Aquí tedes a sesión máis agardada de cada ano...
Sesión do 17º Aniversario do Rif-Rock!!
Nesta ocasión fixemos unha única tirada, máis grande que nos anos anteriores, pero non chegou a nada, e nun só fin de semana voou por completo. Para os que quedáchedes sen a vosa copia, aquí a tedes. Metédelle volumen e a desfrutala!!

descarga o recopilatorio do 17º Aniversario do Rif-Rock aquí!!
*[o rar inclúe a sesión de 53 mins a 320 Kbps + galleta do disco e portada co tracklist]



martes, 4 de octubre de 2016

Sesión de Kurco SoundSystem

Outra sesión que compartimos da fin de semana pasada. Aquí tedes algo máis de media hora que recollimos da sesión de Kurco do sábado. Metédelle volumen!

KURCO SoundSystem
(sesión Rif-Rock 1 outubro 2016)



Pantera e Iribarne esgotan 7'' de Radio Oceano

Xa vos avisamos de que a nova referencia de Pantera e Iribarne Producións ía esgotarse moi rápido. E así foi. Pouco máis de un mes despois do lanzamento do 7'' de Radio Océano xa están liquidadas as dúas edicións. Todo un exitazo. Noraboa!!