martes, 11 de octubre de 2016

Resolution 88 "Afterglow"

Seguimos cun par de recomendacións máis:
Resolution 88 son unha banda de jazz-funk de Londres. O seu traballo de debut ("Resolution 88" do 2014) chegoume hai uns meses gracias ás recomendacións de Jaleo do clube Jazz Re:freshed, e a comezos do mes pasado lanzaron a súa continuación: "Afterglow" da man de Splash Blue, o selo de Jean-Paul Maunick dos Incognito, e iso sempre é unha garantía.
Son 12 cortes, moito mellor estructurados na miña opinión, e con moita máis pegada que o anterior. Continúan con esa mestura de jazz-funk e broken-beat tan ben ensamblado que nunca cansa, e sobre todo ese son caráctierístico do piano Fender Rhodes de Tom O'Grady que sempre nos remite ao "Headhunters" de Herbie Hancock, unha sección rítmica moi contundente, e sobre todo o tremendo traballo de Alex Hitchcock ao saxo, que non poderedes sacar da vosa cabeza durante horas.
O álbum arranca con 'Taking Off' e 'Tuggin' the Pug' que nos remiten a clásicos do disco, pero o secuencia do álbum organízase entorno as descomunais 'Three Four or More', 'Banana Skin Central' e 'Phantom of the Oberheim', en medio as dúas partes de 'Changing Times' que levan a unha pausa perfecta, igual que 'Moonflower', e a despedida coas dúas partes de 'Afterglow'. En medio as dúas pezas máis dinámicas do álbum, 'Homing In' e o funk eléctrico de 'Raios do Sol' que resulta totalmente hipnótico. Se o probades, seguro que o deixades xirando durante horas.


RESOLUTION 88 "Afterglow"
(Splash Blue Records, 2016)



No hay comentarios: