O venres da semana pasada lanzouse o novo álbum dos suecos Goat.
A día de hoxe aínda seguimos alucinados cos seus anteriores "World Music" do 2012 e "Comune" do 2014, dúas entregas de aquelarres de vudú psychodélico, worldbeat, kraut, abrobeat... que por momentos se desataban con rítmicas contundentes e guitarras moi afiadas. En "Requiem" amplían o rexistro, pero tamén baixan as revolucións, ou as cambian. Semella un álbum máis campestre, máis cerimonioso, máis acústico, e máis sinxelo, en apariencia (basta escoita-la rápida evolución de 'Alarms'), e tamén moito máis alegre, ou positivo, moito menos escuro. Nisto ten moito que ver esa influencia de ocarinas e melodías tomadas directamente dos Andes no inicio ('Djôrôlen / Union of Sun and Moon' e 'I Sing in Silence'), pero tamén seguen as vías anteriores con 'Try My Robe', 'It's Not Me' ou as descomunais 'Goatband' e 'Goatfuzz' que seguen a serie dos traballo anteriores. Igual sobran temas, porque o minutaxe obriga a presentalo nun álbum dobre, pero todo o salientable xa é moito!!
Recomendados unha vez máis!!
GOAT "Requiem"
(Rocket Recordings / Sub Pop, 2016)
No hay comentarios:
Publicar un comentario