Unha das miñas debilidades dende hai moitos anos son The Monochrome Set, unha banda de Londres que case ninguén tomou nunca en serio nos seus case 40 anos existencia. Comezaron a finais dos 70s explorando esas vías de art punk que se mesturaban coa new wave, e pouco a pouco foron derivando cara o pop con maiúsculas... e así a súa ducia de álbumes, outros tantos recopilatorios cheos de material descartado, e unhas vinte referencias entre singles e eps. E aínda así, semella que ninguén lles prestou durante décadas a máis mínima atención. Logo dun longo parón dende mediados dos 90s, Andy Warren e compañía reformaron a banda no 2010, e dende entón levan publicados catro novos álbumes xa cun certo recoñecemento, o máis destacado o "Spaces Everywhere" do ano pasado. O último é este "Cosmonaut", power pop, soft rock con toques sixties na segunda parte do álbum sobre todo en 'Stick Your Hand up If You're Louche' ou 'Félé', e eses xogos de art punk que non son capaces de deixar atrás.
Unha segunda xuventude ben merecida.
THE MONOCHROME SET "Cosmonaut"
(Tapete Records, 2016)
No hay comentarios:
Publicar un comentario